Grupo Santander
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Grupo Santander | |
---|---|
Tipo | empresa de capital aberto e bank holding company |
Data de fundación | 15 de maio de 1857 |
Presidente/a | Ana Patricia Botín (2014-) |
Director/a | Héctor Grisi |
Director/a | Ana Patricia Botín |
Nº de empregados | 194.000 (2015) |
Organización subsidiaria | Abbey National, Banco Santander e Santander Consumer Bank (Alemanha) |
Sede | Santander |
País | España |
Na rede | |
https://www.santander.com/en/home | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo Santander é un grupo bancario español organizado en torno ao Banco Santander e que inclúe unha rede de entidades financeiras con presenza en todo o mundo, aínda que principalmente en Europa e Latinoamérica.
O grupo conta[cando?] con 129.000 empregados, 66 millóns de clientes, 10.200 sucursais e 2,4 millóns de accionistas en todo o mundo. A banca comerciante polo miúdo, que achega o 82% do beneficio do banco, é a súa principal área de negocio.
En 2010, segundo a revista Forbes,[1] o Grupo Santander era a 4ª maior entidade financeira do mundo, é o maior banco da Zona euro, a empresa máis grande de España e a 6ª a nivel mundial.
A súa sede operativa, onde traballan máis de 6000 empregados, está en Boadilla del Monte, Madrid, na Cidade Financeira do Santander.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forbes Global Rank 2010
- ↑ "A Cidade Financeira do Banco Santander 'convence' os empregados". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2011.