Saltar ao contido

Glicinia chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A glicinia chinesa ou wisteria chinesa[Cómpre referencia] (Wisteria sinensis), é unha especie botánica de planta leñosa, leguminosa, caducifolia, perenne, rubideira do xénero Wisteria, endémica da China nas provincias de Guangxi, Guizhou, Hebei, Henan, Hubei, Shaanxi e mais Yunnan. Mentres esta planta é rubideira, pódeselle dar unha forma arbórea.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Acada os 20–30 m de longo sobre árbores soporte, por pólas ziratorias e abrazadoras no sentido do reloxo.

A follaxe é mesta, integrada por follas verde brillantes, pinnadas, que acadan até 25 cm de longo, con 9-13 folíolos oblongos de 2–6 cm de longo.

Flores de glicinia chinesa

As flores son brancas, violetas, ou azuis, dispostas en acios pendurados de 15–20 cm de longo en primavera, usualmente acadando o seu pico a mediados de maio. As flores en cada acio abren simultaneamente antes da expansión da follaxe, presentando unha fragrancia semellante á uva; malia teren acios máis curtos ca Wisteria floribunda (Glicinia xaponesa).

Son legumes achatadas, pardas, aveludadas, de 5–10 cm de longo, e sementes discoides de 1 cm de diámetro; madura no verán, e creban ceibando as sementes; as vaíñas baleiras fican na planta durante o inverno. A produción de sementes é baixa, e moito crecemento rexenerativo é por reprodución asexual (clonado). As sementes e vaíñas da glicinia xaponesa son moi velenosas se se insiren.

Observaciones

[editar | editar a fonte]
Glicinia e virxe no parque de Castrelos, en Vigo.

.

A zona de rusticidade de USDA é de 5-9, e gosta de solos húmidos. Considerada tolerante á sombra, pero só florece exposta ao sol de cheo ou parcialmente. Pode vivir máis de 100 anos.

Todas as partes da planta conteñen o glicósido chamado wisterina o cal é tóxico e se se insire pode provocar bocalladas, vómitos, dores de estómago e diarrea en adultos e a morte por envelenamento en rapaces producindo unha gastroenterite media a severa.

Foi levada da China a Europa e a Norteamérica en 1816, e se asegurou un lugar de popularidade nas rubideiras pola súa floración. Mais tamén pode ser unha especie invasora nalgunhas áreas do leste dos Estados Unidos onde o clima é semellante ao China.

  • Glycine sinensis Sims
  • Kraunhia floribunda sensu auct., p.p.
  • Millettia chinensis Benth.
  • Rehsonia sinensis (Sims) Stritch
  • Wistaria sinensis (Sims)DC.
  • Wisteria chinensis DC.
  • Wisteria floribunda sensu auct., p.p.
  • Wisteria praecox Hand.-Mazz.
  • [1]