Giuseppe Tornatore
(1990) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1956 (68 anos) Bagheria, Italia |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, montador, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1985 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Giuseppe Tornatore, nado o 27 de maio de 1956 en Bagheria, Sicilia, é un director, guionista e produtor de cine italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con tan só dezaseis anos foi capaz de poñer en escena textos de Luigi Pirandello e Eduardo De Filippo, máis tarde achegouse ao cine rodando documentais de gran valor artístico.
O éxito con máis sona da súa filmografía foi o filme Cinema Paradiso, a súa «ópera prima» en 35 mm coa que gañou un Óscar e un Globo de Ouro.
Porén Tornatore decepcionou co filme Están todos ben, aínda que foron mellor as cousas en 1994 con Pura formalidade. En 1998 dirixe A lenda do pianista no océano, filme que pasou sen moita repercusión para a crítica. O seu filme La Sconociuta deu que falar á crítica de todo o mundo. O último filme Baaria que participou na Mostra de Venecia en 2009, evoca unha historia fortemente autobiográfica asentada na súa Sicilia natal, chea de preciosismo fotográfico que evoca escenas de naturalismo italiano de matiz político, porén, a crítica cinematográfica internacional botouna novamente por terra. A apatía sobre a fita agudizouse ao coñecerse o orzamento da mesma pola familia de Silvio Berlusconi, propietaria de Medusa Film. Porén Tornatore é unha referencia obrigada do cine italiano. Na súa longa andaina, leva acumulado premios coma o do Festival de Salerno, un Óscar e un Globo de Ouro.
No 2006 realizou o documental Giuseppe Tornatore: un soño feito en Sicília
Obra
[editar | editar a fonte]Como director
[editar | editar a fonte]- 1986 - Il camorrista
- 1988 - Nuovo cinema Paradiso
- 1990 - Stanno tutti bene
- 1991 - La domenica specialmente
- 1993 - The King of Ads
- 1994 - Una pura formalità
- 1995 - Lo schermo a tre punte
- 1995 - O home das estrelas
- 1996 - Ritratti d'autore
- 1998 - La leggenda del pianista sull'oceano
- 2000 - Malèna
- 2006 - La sconosciuta
- 2009 - Baarìa
- 2010 - L'ultimo gattopardo: Ritratto di Goffredo Lombardo
- 2013 - La migliore offerta
Como actor
[editar | editar a fonte]- 2011 - Leopoldo Trieste, un intruso nella fabbrica dei sogni
Como guionista
[editar | editar a fonte]- 1984 - Cento giorni a Palermo, Giuseppe Ferrara.
- 1986 - Il camorrista
- 1988 - Nuovo cinema Paradiso
- 1990 - Stanno tutti bene
- 1994 - Una pura formalità
- 1995 - Il grande Fausto, Alberto Sironi.
- 1995 - Lo schermo a tre punte
- 1995 - O home das estrelas
- 1998 - La leggenda del pianista sull'oceano
- 2000 - Malèna
- 2006 - La sconosciuta
- 2009 - Baarìa
- 2009 - Everybody's Fine, Kirk Jones.
- 2010 - L'ultimo gattopardo: Ritratto di Goffredo Lombardo
- 2013 - La migliore offerta
Como produtor
[editar | editar a fonte]Compositor BSO
[editar | editar a fonte]- 1994 - Una pura formalità
Editor
[editar | editar a fonte]- 1994 - Una pura formalità
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giuseppe Tornatore |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Giuseppe Tornatore na IMDb (en inglés).