Gho
Aparencia
O gho ou g'ô (en dzongkha: བགོ; ɡ̊hoː˨)[1] é o traxe tradicional e nacional dos homes de Bután. Introducido no século XVII por Ngawang Namgyal, primeiro Zhabdrung Rinpoche, para darlle ó pobo ngalop unha identidade distintiva, é un traxe longo até o xeonllo atado por un cinto de tela coñecido como kera (en dzongkha: སྐེད་རགས་).[2][3][4] En ocasións especiais, é vestido cun kabney.
O goberno de Bután require que tódolos homes leven o gho se traballan nunha oficina do goberno ou nun colexio. Os homes tamén teñen que levar o gho en ocasións formais. Na súa forma moderna, a lei data de 1989, pero o código de vestimenta driglam namzha é moito máis antigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Driem, George van (1998). Dzongkha = Rdoṅ-kha. Leiden: Research School, CNWS. p. 74. ISBN 978-9057890024.
- ↑ Levinson, David; Christensen, Karen (2002). Encyclopedia of Modern Asia: China-India relations to Hyogo. Encyclopedia of Modern Asia 2. Charles Scribner's Sons. pp. 104–105. ISBN 0-684-31243-3. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ Brown, Lindsay; Armington, Stan (2007). Bhutan. Country Guides (3 ed.). Lonely Planet. pp. 49–52, 80. ISBN 1-74059-529-7. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ Bartholomew, Mark (1985). Thunder Dragon Textiles from Bhutan: the Bartholomew Collection. Shikōsha. p. 38. Consultado o 16 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Bután |