Georgi Beregovoi
Aparencia
Georgi Timofeievich Beregovoi, nado en Fedorovka, Poltava, o 15 de abril de 1921 e finado o 30 de xuño de 1995, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 3.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Beregovoi graduouse na Escola Superior da Forza Aérea, voando en 185 misións de combate durante a segunda guerra mundial. Doutorouse en física en 1975. Completou o seu adestramento para ser cosmonauta o 21 de xaneiro de 1965, participando na misión Soiuz 3 e pasando un total de 3,95 días no espazo. Entre 1972 e 1986 foi director do Centro de Adestramento de Cosmonautas e entre 1982 e 1987, do TsPK. Finou o 30 de xuño de 1995 en Moscova.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saltar a: 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Beregovoi, Georgi Timofeyevich" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ Saltar a: 2,0 2,1 NASA, ed. (29 de outubro de 2018). "50 Years Ago, Soviets Return Cosmonauts to Space" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgi Beregovoi |