Saltar ao contido

George Washington

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaXeneral Editar o valor en Wikidata
George Washington

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1732 Editar o valor en Wikidata
condado de Westmoreland (Imperio Británico) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1799 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Mount Vernon, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteacute laryngitis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWashington's Tomb (en) Traducir, New Tomb (1831–) 38°42′24″N 77°05′19″O / 38.7068, -77.0887
Mount Vernon, Old Tomb (1799–1831) 38°42′24″N 77°05′14″O / 38.7066, -77.0872 Editar o valor en Wikidata
General Comandante do Exército dos Estados Unidos (pt) Traducir
13 de xullo de 1798 – 14 de decembro de 1799
← James Wilkinson (pt) TraducirAlexander Hamilton →
Presidente dos Estados Unidos de América
30 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797
← Office established (en) TraducirJohn Adams →
Presidente electo dos Estados Unidos
xaneiro de 1789 – 30 de abril de 1789
← sen valor – John Adams →
Delegate to the United States Constitutional Convention (en) Traducir
25 de maio de 1787 – 17 de setembro de 1787
Circunscrición electoral: Virxinia
Presidente
19 de xuño de 1783 – 14 de decembro de 1799 – Alexander Hamilton →
General Comandante do Exército dos Estados Unidos (pt) Traducir
15 de xuño de 1775 – 23 de decembro de 1788
Member of the Virginia House of Burgesses (en) Traducir
1758 – 1776
Member of the Virginia House of Delegates (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFiladelfia
Nova York
condado de Westmoreland (pt) Traducir
Mount Vernon Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos e masonaría Editar o valor en Wikidata
Altura1.880 mm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, estadista, revolucionario, escritor, enxeñeiro, cartógrafo, geómetra (pt) Traducir, labrego, oficial do exército Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1752 Editar o valor en Wikidata - marzo de 1797 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Federalista (pt) Traducir (1798–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarExército Continental (pt) Traducir e Exército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarGeneral dos Exércitos dos Estados Unidos (pt) Traducir (1976–)
lieutenant general (en) Traducir (1798–1976)
major general (en) Traducir (1775–1798)
Coronel Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Independencia dos Estados Unidos de América
Campanha de Filadélfia (pt) Traducir
Guerra Franco-Indígena (pt) Traducir
Campanha de Boston (pt) Traducir
Battle of Fort Necessity (en) Traducir
Campanha de Nova Iorque e Nova Jérsei (pt) Traducir
Guerra Indígena do Noroeste (pt) Traducir
Braddock Expedition (en) Traducir
Battle of the Monongahela (en) Traducir
Battle of Jumonville Glen (en) Traducir
Yorktown campaign (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaWashington family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMartha Washington (1759–1799), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Washington Parke Custis, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
PaisAugustine Washington Editar o valor en Wikidata  e Mary Ball Washington Editar o valor en Wikidata
IrmánsBetty Washington Lewis
Samuel Washington
John Augustine Washington
Charles Washington
Mildred Washington
Butler Washington
Lawrence Washington
Augustine Washington Jr.
Jane Washington Editar o valor en Wikidata
ParentesMartha Parke Custis, fillastra
John Parke Custis, fillastro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вашингтон Джордж)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Allocine: 37001 Allmovie: p369907
BNE: XX1157500 Musicbrainz: b0eb9de7-74d7-4177-9ac0-4f54cf462c76 WikiTree: Washington-11 Find a Grave: 6781 Editar o valor en Wikidata
Este artigo trata sobre o primeiro Presidente dos Estados Unidos, para o artigo sobre o inventor véxase George Washington (inventor).
Washington cruza o Delaware.

George Washington /AFI|ˌdʒɔɹdʒ ˈwɑʃiŋtən/, nado en Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia (América británica) o 22 de febreiro de 1732 e finado en Mount Vernon, Virxinia (Estados Unidos) en 1799[1][2][3], foi o primeiro presidente dos Estados Unidos entre 1789 e 1797[4][5][6] e Comandante en Xefe do Exército Continental revolucionario na Guerra da Independencia dos Estados Unidos (1775-1783). Nos Estados Unidos está considerado como o Pai da Patria,[5][6] e mais como un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos xunto con John Adams, Benjamin Franklin, Alexander Hamilton, John Jay, Thomas Jefferson e James Madison.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude

[editar | editar a fonte]

Naceu en Pope's Creek, preto da actual Colonial Beach no Condado de Westmoreland (Virxinia), no seo dunha familia procedente de Sulgrave (Inglaterra), emigrando o seu bisavó, John Washington, a Virxinia en 1657. Foi o primeiro fillo de Augustine Washington e a súa segunda esposa, Mary Ball Washington. Seu pai tivera catro fillos coa súa primeira muller, Jane Butler, dous morreron, sobrevivindo Lawrence (1718) e Augustine (1720).

Augustine Washington tiña unha plantación traballada por escravos, aínda que despois diversificouse coa extracción de ferro, sendo os Washington durante a xuventude de George membros moderadamente prósperos da aristocracia de Virxinia. Aos seis anos George foi trasladado a Ferry Farm, no condado de Stafford, sendo educado na súa casa polo seu pai e irmán máis vello. O seu pai, Augustine Washingtong, morreu cando George tiña once anos de idade, a partir de entón foi Lawrence Washington, o seu medio irmán, quen asumiu o papel paterno, axudado polo seu propio padrasto, William Fairfax, membro da poderosa familia Fairfax, quen tamén tivo un papel importante na educación de George Washington.

Washington tivo pouca educación formal, no seu lugar foi formado coma agrimensor, adquirindo coñecementos sobre a contorna da súa colonia natal en Virxinia. Ao mesmo tempo a pertenza do seu irmán máis vello á familia Fairfax deulle o patrocinio de Thomas Fairfax, sexto Lord Fairfax de Cameron e propietario de Northern Neck, unha plantación cunha extensión de cinco millóns de acres, e o seu primo William Fairfax, membro do Consello do Gobernador.

A finais de xullo de 1749, trala creación da nova cidade de Alexandria ao longo do río Potomac, e á idade de 17 anos, foi nomeado primeiro agrimensor do recentemente creado Condado de Culpeper, no interior da colonia. Este traballo ben remunerado permitiulle mercar terras no val de Shenandoah, a primeira de moitas adquisicións futuras. Emprendeu entón a súa carreira coma terratenente, sendo definido no seu momento coma unha persoa que tiña vinte escravos ou máis. En 1748 foi convidado para axudar ao peritaxe das terras de Lord Fairfax ao oeste da Cordilleira Azul e a través do seu medio irmán Lawrence tamén traballou para a Compañía de Ohio, que tiña coma fin explotar as terras do oeste.

En 1751, George e Lawrence Washington viaxaron a Barbados, coa esperanza de que o clima beneficiara ao maior dos irmáns, que padecía tuberculose, porén non só este non mellorou senón que George contaxiouse da varíola, deixándolle na cara múltiples cicatrices, así volveron a Mount Vernon, onde Lawrence morreu en 1752. Esta foi a única vez que George Washington viaxou fora do que hoxe son os Estados Unidos.

Despois da morte de Lawrence, George fíxose cargo da parte da súa herdanza e asumiu algunhas das funcións deste coma axudante da colonia. A finais dese mesmo ano o recentemente nomeado gobernador de Virxinia, Robert Dinwiddie, dividiu o mando da milicia estatal en catro rexións e George solicitou un dos mandos, co rango de Maior. Ese mesmo ano foi nomeado axudante xeral da milicia de Virxinia, encargado da formación da milicia no barrio que se lle asignara. Aos 21 anos, en Fredericksburg, Washington converteuse en Maestre da Francmasonería, organización fraternal que mantería unha longa e poderosa influencia.

En decembro de 1753 o gobernador Dinwiddie encargoulle levar un ultimato británico aos canadenses franceses na fronteira de Ohio. Washington avaliou a forza militar francesa e entregou a mensaxe en Fort Le Boeuf en Waterford, Pensilvania. A mensaxe, na que se instaba aos franco-canadenses a abandonar o seu avance en Ohio, non foi atendida, porén o informe de George sobre o asunto foi moi comentado a ambos lados do Atlántico.

Guerra Franco-Indíxena

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra Franco-Indíxena.
Washington como coronel do Rexemento de Virxinia en 1772 por Charles Willson Peale.

En 1754, Dinwiddie nomeou a Washington tenente coronel e ordenoulle que realizase unha expedición a Fort Duquesne para expulsar aos canadenses franceses.[7] Cos seus aliados indios americanos dirixidos por Tanacharison, Washington e as súas tropas emboscaron a un grupo expedicionario franco-canadense duns 30 homes, liderado por Joseph Coulon de Jumonville, na que se coñeceu como Batalla de Jumonville Glen.[8] Unha forza franco-canadense e india mellor posicionada derrubou a Washington e as súas tropas na fortaleza, na que se chamou batalla de Great Meadows, dando lugar á rendición militar de Washington. Os termos da rendición incluían unha declaración na que Washington recoñecía asasinar a Jumonville despois da emboscada. Washington non sabía ler en francés, e, sen darse conta do que recoñecía, asinou co seu nome.[9] Liberado polos franceses, Washington volveu a Virxinia, onde foi eximido de culpa pola derrota, pero renunciou ao seu cargo porque non lle gustaba a nova disposición da Milicia de Virxinia.[9]

En 1755, Washington foi axudante do xeneral británico Edward Braddock na Expedición Braddock.[7] Esta expedición baseábase nun grande esforzo por retomar o país de Ohio. Braddock morreu na batalla do río Monongahela e a expedición terminou en desastre, Washington distinguiuse como o Heroe da Monongahela.[10] O papel de Washington durante a batalla foi obxecto de debate. O biógrafo Joseph Ellis afirma que Washington montou dun lado a outro do campo de batalla, unindo aos restos das forzas británicas e virxinianas a un repregamento táctico.[11] Por mor desta acción, a Washington déuselle o mando dunha fronteira difícil das montañas de Virxinia, e foi recompensado ao ser ascendido a coronel e nomeado comandante de todas as forzas de Virxinia.[7]

En 1758, Washington participou como Xeral de Brigada na expedición Forbes que levou á evacuación dos franceses de Fort Duquesne, e o establecemento británico de Pittsburgh.[7] Despois, Washington renunciou ao servizo militar activo e pasou os seguintes dezaseis anos como terratenente e político de Virxinia.[12]

Milicia fronte a exército regular

[editar | editar a fonte]

Como oficial da milicia colonial, aínda que de alto rango, Washington era moi consciente da diferenza entre os oficiais da milicia e do Exército británico regular. O seu irmán máis vello Lawrence tivera a sorte de recibir un mando no exército británico, como capitán de infantaría, no verán de 1740, cando o exército británico expuxo un novo rexemento (o 61º Rexemento a pé, coñecido como "Rexemento Americano de Gooch") nas colonias, para prestar servizo nas Indias Occidentais durante a guerra do Asento.[13][14] A cada colonia permitíuselle designar ós seus propios oficiais de compañía, capitáns e tenentes, e o coronel William Blakeney distribuíunos asinando as ordes a diversos gobernadores.[15] Quince anos despois, cando o xeneral Braddock chegou a Virxinia en 1755 con dous rexementos de regulares (o 44 º e 48º de a pé), Washington tratou de obter un mando, pero non estaban dispoñibles para a súa compra.[16] No canto de servir como tenente coronel da milicia, onde superou de categoría a moitos oficiais novos dos regulares, Washington optou por servir a título privado como axudante de campo do xeneral. Como axudante, podía mandar soldados regulares británicos.[17] Trala derrota de Braddock, o Parlamento británico decidiu en novembro de 1755 crear un novo "Real Rexemento de América de a Pé", máis tarde chamado Real Corpo de Tiradores do Rei. A diferenza do anterior "Rexemento de América" de 1740-1742, todos os oficiais foron contratados en Inglaterra e en Europa a principios de 1756.

Mount Vernon

[editar | editar a fonte]
Martha Washington de nova, baseado nun retrato de 1757 por John Wollaston.
Mount Vernon, plantación de Washington.

O 6 de xaneiro de 1759, Washington casou coa viúva Martha Dandridge Custis. As cartas que sobreviviron suxiren que el puido estar namorado á vez de Sally Fairfax, a esposa dun amigo. Algúns historiadores cren que George e Martha eran parentes afastados.

Con todo, George e Martha tiveron un bo matrimonio, e xuntos criaron aos seus dous fillos do seu matrimonio anterior, John Parke Custis e Martha Parke Custis, cariñosamente chamados "Jackie" e "Patsy" pola familia. Máis tarde, os Washington acolleron a dous dos netos da señora de Washington, Eleanor Parke Custis e George Washington Parke Custis. George e Martha nunca tiveron fillos xuntos, xa que George tivo varíola á idade de 19 anos[18] (posiblemente seguida por tuberculose) e puido facelo estéril. A parella de recentemente casados trasladouse a Mount Vernon, preto de Alexandría, onde Washington dedicouse á vida de terratenente e político.

O matrimonio de Washington con Martha, unha viúva rica, aumentou considerablemente o seu patrimonio inmobiliario e a súa posición social. Adquiriu un terzo dos 18 000 acres (73 km²) dos bens de Custis no seu matrimonio, e manexou o resto en favor dos fillos de Martha. Con frecuencia comprou máis terras no seu propio nome. Ademais, concedéuselle terra no que hoxe é Virxinia Occidental como unha recompensa polo seu servizo na guerra franco-india. En 1775, Washington duplicara o tamaño de Mount Vernon a 6500 hectáreas (65 km²), e aumentara a poboación de escravos en máis de 100 persoas. Como un heroe militar e respectado gran terratenente, que ocupou cargos locais, foi elixido para a lexislatura da Virxinia colonial, a Cámara dos Cidadáns (House of Burgesses), a partir de 1758.[19]

Washington viviu un estilo de vida aristocrático, coa caza do raposo como a súa actividade de lecer favorita.[20] Como a maioría dos terratenentes de Virxinia, importou luxo e outros bens de Inglaterra e pagou por eles coa exportación da súa colleita de tabaco. Fixo gastos extravagantes e a imprevisibilidade do mercado do tabaco fixo que moitos terratenentes de Virxinia perdesen diñeiro (Thomas Jefferson, por exemplo, ía morrer moi endebedado).

Washington empezou a saír da débeda mediante a diversificación. En 1766, cambiara o principal cultivo comercial de Mount Vernon do tabaco ao trigo, un cultivo que podería venderse en América, e as operacións de diversificado incluíron a moenda da fariña, a pesca, a cría de cabalos e teares. A morte de Patsy Custis en 1773 de epilepsia permitiu a Washington pagar aos seus acredores británicos, xa que a metade da súa herdanza pasou a el.[19]

Durante estes anos, Washington concentrouse nas actividades do seu negocio e mantívose un tanto á marxe da política. A pesar de que manifestou a súa oposición á lei do Timbre de 1765, o primeiro imposto directo sobre as colonias, non tomou un papel protagonista na resistencia colonial até despois de que as protestas polas leis de Townshend (promulgadas en 1767) se xeneralizaron. En maio de 1769, Washington presentou unha proposta redactada polo seu amigo George Mason, de Virxinia, na que se pedía boicotear os produtos británicos ata que se derrogasen as leis. O Parlamento derrogou as Leis de Townshend en 1770, e, para Washington polo menos, a crise pasara. Con todo, Washington considerou a aprobación das Leis Intolerables en 1774 como "unha invasión dos nosos dereitos e privilexios". En xullo de 1774, presidiu a reunión na que se adoptaron as Resolucións de Fairfax, nas que esixía, entre outras cousas, a convocatoria dun Congreso Continental. En agosto, Washington asistiu á Primeira Convención de Virxinia, onde foi seleccionado como delegado ao Primeiro Congreso Continental.[21]

A Revolución estadounidense

[editar | editar a fonte]
Washington recibe o mando como Comandante en Xefe por John Trumbull.
George Washington, por Charles Willson Peale, 1776.
Washington cruzando o Delaware por Emanuel Leutze, 1851, Museo Metropolitano de Arte.

Despois da derrota en Lexington e a vitoria en Concord en abril de 1775, Washington apareceu no Congreso Continental en uniforme militar, sinalando que estaba preparado para a loita armada. Washington tiña o prestixio, experiencia, carisma e porte de calquera gran xefe militar e era coñecido pola súa reputación como un forte patriota, e as colonias do Sur, en especial Virxinia, apoiárono. Aínda que non buscaba explicitamente o cargo de comandante e mesmo afirmou que non estaba capacitado para iso, non houbo unha seria competencia para o posto. Washington aceptou o mando, declarando «con gran sinceridade, non creo estar ao nivel dun Comandante, estou honrado». O Congreso creou o Exército Continental o 14 de xuño de 1775. Proposto por John Adams de Massachusetts (que logo sería o seu vicepresidente) crendo que ao liderar un sureño un exército formado principalmente por norteños, axudaría a unir ás colonias. Washington foi nomeado maior xeral e solicitou que non se lle pagase excepto o rembolso dos seus gastos.[7]

Campañas até o cruzamento do río Delaware

[editar | editar a fonte]

Washington asumiu o mando do Exército Continental en Cambridge, Massachusetts, en xullo de 1775,[7] durante o asedio de Boston. Ao darse conta da escaseza desesperada de pólvora do seu exército, Washington pediu novas subministracións. As tropas estadounidenses asaltaron arsenais ingleses, entre eles algún no Caribe, e tentouse a fabricación dalgunhas municións. Obtiveron unha subministración apenas suficiente (ao redor de 2,5 millóns de euros) a finais de 1776, na súa maioría de Francia.[22] Washington reorganizou o exército durante o longo asedio, e obrigou aos británicos a retirarse poñendo artillaría en Dorchester Heights, un forte con vistas á cidade. Os británicos evacuaron Boston e Washington trasladou o seu exército a Nova York.

Aínda que fose negativo para os patriotas no Congreso Continental, os diarios británicos eloxiaron habitualmente o carácter persoal de Washington e as súas calidades como xefe militar. Estes artigos eran valentes, xa que Washington era un xeral inimigo que comandaba un exército nunha causa que moitos británicos crían que sería a ruína do Imperio.[23] A negativa de Washington a participar en política reforzou a súa reputación como un home plenamente comprometido coa misión militar e por encima da refrega entre faccións.

En agosto de 1776, o xeneral británico William Howe lanzou unha masiva campaña naval e terrestre destinada a ocupar plenamente Nova York e así ofrecer unha solución negociada. O Exército Continental de Washington librou combate por primeira vez como un exército dos Estados Unidos (recentemente fora proclamada a Declaración de Independencia), na batalla de Long Island, a maior batalla de toda a guerra. Algúns historiadores ven a retirada do seu exército durante a noite posterior a través do East River, sen que se perdese unha soa vida ou material, como unha das máis grandes fazañas militares de Washington.[24] Esta e varias vitorias británicas obrigaron a Washington a loitar fóra de Nova York e ao longo de Nova Jersey, o que deixou o futuro do Exército Continental en dúbida. Na noite do 25 de decembro de 1776, Washington organizou un contraataque, destacando as forzas americanas ao longo do río Delaware para capturar a preto de 1000 mercenarios de Hesse na batalla de Trenton, Nova Jersey. Washington seguiu a súa vitoria en Trenton con outra na batalla de Princeton a principios de xaneiro. Estas inesperadas vitorias despois dunha longa serie de derrotas levantaron a moral dos revolucionarios. Con todo, estes éxitos por si sós non eran abondo para asegurar a vitoria final. Moitos soldados non se alistaron novamente ou desertaron durante o cru inverno. Washington reorganizou o exército co aumento de premios por quedar e os castigos pola deserción, o que elevou o número de tropas e a eficacia en batallas posteriores.[25]

Vitoria dos patriotas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Campaña de Filadelfia.

As forzas británicas derrotaron ás tropas de Washington na batalla de Brandywine o 11 de setembro de 1777. Howe superou a Washington e dirixiuse a Filadelfia sen oposición o 26 de setembro. O exército de Washington atacou sen éxito a guarnición británica na batalla de Germantown a principios de outubro. Mentres tanto, o xeneral John Burgoyne, fóra do alcance da axuda de Howe, foi atrapado e obrigado a entregar todo o seu exército na batalla de Saratoga, Nova York. Francia respondeu á derrota de Burgoyne entrando na guerra, en aberta alianza cos Estados Unidos, convertendo a loita revolucionaria nunha guerra a nivel mundial. A perda de Filadelfia por parte de Washington levou a algúns membros do Congreso a discutir a destitución de Washington do mando. Este intento fracasou despois de que os partidarios de Washington se reunisen ao redor del.[26]

Washington acampou o exército en Valley Forge, en decembro de 1777, permanecendo alí os seguintes seis meses. Durante o inverno, 2500 homes, dunha forza de 10 000, morreron por mor da enfermidade e o frío. A seguinte primavera, con todo, o exército xurdido de Valley Forge estaba en bo estado, grazas en parte a un programa de formación a grande escala supervisado polo Barón von Steuben, un veterano do estado maior prusiano. Os británicos foron evacuados de Filadelfia a Nova York en 1778, pero Washington atacounos na batalla de Monmouth. Posteriormente, os realistas seguiron en dirección a Nova York. Washington trasladou o seu exército fóra de Nova York.

Washington como Comandante en Xefe, por Rembrandt Peale.

No verán de 1779 e baixo a dirección de Washington, o xeneral John Sullivan levou a cabo unha campaña decisiva de terra queimada, que destruíu totalmente polo menos corenta pobos iroqueses no centro e norte do estado de Nova York, en represalia pola relación entre os iroqueses e os ataques contra os asentamentos de América antes da guerra. Washington deu o golpe final aos ingleses en 1781, despois dunha vitoria naval francesa, que permitiu que as forzas estadounidenses e francesas puidesen atrapar ao exército británico en Virxinia. A rendición en Yorktown o 17 de outubro de 1781, marcou o final da maioría dos combates.

Aínda que coñecido polos seus éxitos na guerra e pola vida que seguiu, Washington sufriu moitas derrotas antes de conseguir a vitoria.

Despois da guerra

[editar | editar a fonte]

En marzo de 1783, Washington usou a súa influencia para dispersar a un grupo de oficiais do Exército que ameazaran con enfrontarse ao Congreso con respecto aos seus salarios atrasados. Polo Tratado de París (asinado ese mes de setembro), o Reino de Gran Bretaña recoñeceu aos Estados Unidos de América como unha república independente. Washington disolveu o seu exército e o 2 de novembro deu un elocuente discurso de despedida aos seus soldados.[27]

O 25 de novembro, os británicos foron evacuados de Nova York e o novo gobernador tomou posesión. En Fraunces Tavern o 4 de decembro, Washington deu aos seus oficiais formalmente a despedida e o 23 de decembro de 1783, renunciou ao seu mando como Comandante en Xefe, emulando ao xeneral romano Cincinato. El foi un exemplo do ideal republicano de liderado cidadán que rexeita o poder. Durante este período, non existía o cargo de Presidente dos Estados Unidos baixo os Artigos de Confederación, precursores da Constitución.

A xubilación de Washington en Mount Vernon foi de curta duración. Fixo unha viaxe de exploración á fronteira occidental en 1784,[7] e foi persuadido a asistir á Convención Constitucional en Filadelfia no verán de 1787, sendo elixido por unanimidade presidente da Convención. Participou pouco nos debates (aínda que votou a favor ou en contra dos diversos artigos), pero o seu alto prestixio mantivo a colexialidade e aos delegados nos seus traballos. Os delegados deseñaron a presidencia con Washington en mente, e permitíronlle definir o cargo unha vez electo. Despois da Convención, o seu apoio ao texto convenceu a moitos, incluíndo á asemblea de Virxinia, a votar pola ratificación, o que posibilitou que a nova Constitución fose ratificada polos 13 estados.

Presidencia dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]
Xuramento do cargo no Federal Hall, Nova York. Pintura de Ramón de Elorriaga.
George Washington (John Trumbull, 1780), tamén representa a William Lee, escravo e servente persoal de Washington, que durante moitos anos pasou máis tempo con Washington que ningún outro home.

O Colexio Electoral elixiu unanimemente a Washington nas eleccións de 1789, e outra vez nas eleccións de 1792, co que segue sendo o único presidente que recibiu o 100% dos votos electorais.[28] Na súa toma de posesión, John Adams foi elixido vicepresidente, ao obter 34 votos. Washington fixo o xuramento do cargo como primeiro presidente baixo a Constitución dos Estados Unidos de América o 30 de abril de 1789, no Federal Hall de Nova York.[29]

O primeiro Congreso dos Estados Unidos votou a favor de pagar a Washington un soldo de 25 000 USD ao ano, unha gran suma en 1789. Washington, que xa era rico, reduciuse o soldo, xa que valoraba a súa imaxe como un servidor público desinteresado. A instancias do Congreso, con todo, finalmente aceptou o pago, para evitar crear un precedente polo cal a presidencia sería percibida como un cargo independente limitado soamente a persoas adiñeiradas que puidesen servir sen soldo. Washington atendeu coidadosamente á pompa e a cerimonia do cargo, asegurándose de que os títulos e os símbolos republicanos non emulasen nunca as cortes reais europeas. A tal fin, preferiu o título «Señor Presidente» a tratamentos suxeridos máis maxestosos.

Washington demostrou ser un hábil administrador. Un excelente delegador de funcións e un xuíz de talento e carácter, que mantivo reunións periódicas para debater cuestións do gabinete antes de tomar unha decisión final. No manexo das tarefas de rutina, foi "sistemático, ordenado, enérxico, preocupado pola opinión dos demais, pero decisivo, decidido nos obxectivos xerais e con coherencia nas accións particulares con eles".[30]

Washington serviu un segundo mandato como presidente de mala gana. Negouse a postular para un terceiro, establecendo así a política habitual dun máximo de dous mandatos para un presidente, que máis tarde se converteu en lei pola 22ª Emenda á Constitución.[31]

Política interior

[editar | editar a fonte]
A Casa Presidencial de Filadelfia, onde residiu Washington durante todo o seu mandato.

No momento de asumir o cargo, en abril de 1789, Washington enfrontábase a «un mar de dificultades»: herdara da Confederación unha Secretaría de Asuntos Exteriores dirixida por John Jay e composta de dous empregados máis; un Comité do Tesouro sen fondos; un Secretariado de Guerra que, baixo a dirección de Henry Knox, debía ocuparse dun exército de apenas 672 homes e sen Mariña algunha; e, por último, unha débeda federal enorme e unha ausencia case total de ingresos. A primeira tarefa do novo goberno debía ser, pois, crear do nada unha certa administración que fixese realidade a república federal proxectada na Constitución, a máis diso recadar os fondos necesarios para a súa viabilidade.[32]

Washington non foi membro oficial de ningún partido político e el esperaba que non se formase ningún, por temor aos conflitos e o estancamento que se derivaría. Os seus asesores máis próximos formaron dúas faccións, sentando as bases para o futuro sistema de partidos. O seu secretario do Tesouro, Alexander Hamilton, deseñara un audaz plan para establecer o crédito nacional e construír unha nación economicamente poderosa, e formou a base do Partido Federalista. O seu secretario de Estado, Thomas Jefferson, fundador dos demócrata-republicanos, opúxose enerxicamente ao programa de Hamilton, pero Washington estivo a favor de Hamilton sobre Jefferson.

A Lei de Residencia de 1790, que Washington asinou, autorizou ao Presidente a seleccionar a localización específica da sede permanente do goberno, que se atopa ao longo do río Potomac. A lei autorizou ao Presidente a designar tres comisionados para estudar e adquirir bens para este asentamento. Washington supervisou persoalmente este esforzo ao longo do seu mandato. En 1791, os comisionados nomearon a sede permanente de goberno como "A cidade de Washington no territorio de Columbia" en honra a Washington. En 1800, o territorio de Columbia converteuse no Distrito de Columbia cando o goberno federal se trasladou ao lugar, de acordo ás disposicións da lei de residencia.[33][34]

En 1791, o Congreso impuxo un imposto especial sobre as bebidas alcohólicas, o que provocou protestas nos distritos fronteirizos, especialmente Pensilvania. En 1794, despois de que Washington ordenase aos manifestantes a comparecer ante o tribunal do distrito dos Estados Unidos, as protestas convertéronse en disturbios a grande escala coñecidos como a Rebelión do Whisky. O exército federal era demasiado pequeno como para ser utilizado, polo que Washington invocou a Lei da policía de 1792 para convocar ás milicias de Pensilvania, Virxinia e outros estados. Os gobernadores enviaron ás tropas e Washington tomou o mando, marchando aos distritos rebeldes.[35] Non houbo loita, pero a acción enérxica de Washington demostrou que o novo goberno podía protexerse en calquera eventualidade. Tamén foi unha das dúas veces que un Presidente, persoalmente, utilizou o seu mando militar en campaña. Estes eventos marcaron a primeira vez baixo a nova Constitución que o goberno federal utilizaba a forza militar para exercer a súa autoridade sobre os estados e os cidadáns.

Política exterior

[editar | editar a fonte]
George Washington, por Gilbert Stuart en 1796.

Marrocos foi o primeiro país en recoñecer aos Estados Unidos en 1777, e Washington escribiulle ao sultán Mohammed III en recoñecemento ao tratado de paz e amizade asinado en Marrakech en 1787.[36] A pesar de que España axudara aos patriotas na guerra, non recoñeceu aos Estados Unidos rapidamente, por medo a que o movemento se estendese ás súas colonias suramericanas. Con todo, en 1785, Carlos III de España nomeou o primeiro embaixador nos Estados Unidos, o financeiro vasco Diego de Gardoqui.

En 1793, o goberno revolucionario da Primeira República Francesa enviou ao diplomático Charles Edmond Genet aos Estados Unidos .Genêt emitiu patentes de corso e represalia aos buques estadounidenses para que puidesen capturar os buques mercantes británicos. Tratou de utilizar o sentimento revolucionario popular en favor da participación estadounidense na guerra de Francia contra Gran Bretaña mediante a creación dunha rede de Sociedades Demócrata-Republicanas nas principais cidades. Washington rexeitou esta interferencia nos asuntos internos, esixiu a retirada do embaixador Genet ao goberno francés, e denunciou ás súas sociedades. O presidente Washington enviou aos franceses na súa colonia de Haití unha cantidade significativa de armas de guerra e 400.000 dólares en diñeiro nun esforzo por sufocar unha rebelión de escravos.[37]

Hamilton e Washington deseñaron o Tratado Jay para normalizar as relacións comerciais con Gran Bretaña, para retirarse dos fortes do oeste e resolver as débedas financeiras remanentes da Revolución. John Jay negociou e asinou o tratado o 19 de novembro de 1794. O apoio jeffersoniano a Francia fixo que atacase fortemente o tratado. Washington e Hamilton, con todo, mobilizaron á opinión pública e gañaron a ratificación no Senado, facendo fincapé no apoio de Washington. Os británicos acordaron apartarse dos seus fortes ao redor dos Grandes Lagos, posteriormente, a fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá tivo que ser reaxustada, numerosas débedas anteriores á revolución foron liquidadas e os británicos abriron as súas colonias das Indias do oeste ao comercio estadounidense. O máis importante é que o tratado atrasou a guerra con Gran Bretaña e no seu lugar trouxo unha década de próspero comercio con ese país. O tratado enfureceu aos franceses e converteuse nun tema central en moitos debates políticos.

Discurso de despedida

[editar | editar a fonte]
Discurso de Despedida de Washington.

O Discurso de Despedida de Washington (publicado como unha carta pública en 1796) foi unha das declaracións máis influentes dos valores políticos dos Estados Unidos.[38] Redactado principalmente polo mesmo Washington, coa axuda de Hamilton que lle deu consellos sobre a necesidade e importancia da unión nacional, o valor da Constitución e o Estado de Dereito, os males dos partidos políticos e as virtudes propias dun pobo republicano. Aínda que se negou a outras versións suxeridas,[39] que incluían a declaración de que a moralidade require unha «relixión divinamente autorizada», chamando á moral «unha fonte necesaria para un goberno popular». Tamén dixo: «Calquera que sexa, poderase conceder á influencia da educación refinada de mentes de estrutura peculiar, a razón e a experiencia impídennos esperar que a moralidade nacional poida prevalecer en exclusión do principio relixioso».[40]

O Discurso de Washington advertiu contra a influencia estranxeira nos asuntos internos e a inxerencia norteamericana nos asuntos europeos. Advertiu contra o partidismo amargo na política interna e pediu aos homes a ir máis aló de partidismos e servir ao ben común. Advertiu contra as «alianzas permanentes con calquera parte do mundo exterior»,[41] e dixo que os Estados Unidos debía concentrarse principalmente nos intereses norteamericanos. Aconsellou a amizade e comercio con todas as nacións, pero advertiu contra a participación nas guerras europeas e entrar a longo prazo no «enredo» das alianzas. O Discurso rapidamente estableceu os valores de América respecto da relixión e os asuntos exteriores.

Retirada da vida política e morte

[editar | editar a fonte]
Washington por Gilbert Stuart en 1797.

Despois de retirarse da presidencia en marzo de 1797, Washington regresou a Mount Vernon cun profundo sentimento de alivio. Dedicou moito tempo á agricultura.

O 4 de xullo de 1798, Washington foi comisionado polo presidente John Adams a tenente xeneral e comandante en xefe dos exércitos que se expuxeron en perspectiva dunha guerra con Francia. Serviu como o Oficial Superior do Exército dos Estados Unidos entre o 13 de xullo de 1798 e o 14 de decembro de 1799. Participou na planificación dun exército provisional para atender calquera emerxencia que puidese xurdir, pero non saíu de campaña.[7][42]

O 12 de decembro de 1799, Washington pasou varias horas inspeccionando as súas leiras a cabalo, na neve e baixo a saraiba e a choiva xeada até tarde. Sentou a cear esa noite sen cambiar as súas roupas molladas. Á mañá seguinte, espertou cun forte arrefriado, febre e amigdalite, unha infección na gorxa, que se converteu nunha larinxite aguda e pneumonía. Washington morreu a noite do 14 de decembro de 1799 na súa casa aos 67 anos de idade, mentres o asistían o Dr. James Craik, un dos seus máis próximos amigos, o Dr. Gustav Richard Brown, o Dr. Eliseo C. Dick e Tobias Lear V, o seu secretario persoal. Lear despois recolleu unha nota no seu diario, na que escribiu que as últimas palabras de Washington foron «Está ben».[43] Médicos modernos cren que Washington morreu en gran parte debido ao seu tratamento, que incluíu calomelanos e sangrías, resultando nunha combinación de choque hipovolémico debido á perda de cinco pintas de sangue, así como a asfixia e deshidratación.[44]

En todo o mundo houbo loito pola morte de Washington. Napoleón I ordenou dez días de loito en toda Francia. Nos Estados Unidos, miles levaron roupas de loito durante meses.[42] Para protexer a súa privacidade, Martha Washington queimou a correspondencia entre o seu marido e ela despois da súa morte. Só tres cartas entre a parella sobreviviron.

O 18 de decembro de 1799, o funeral celebrouse en Mount Vernon, e Washington foi enterrado nunha tumba na leira.[45]

Tumba de George Washington en Mount Vernon.

O Congreso aprobou unha resolución conxunta para construír un monumento de mármore no Capitolio dos Estados Unidos para que albergase a súa tumba, co apoio de Martha. En decembro de 1800, a cámara dos Estados Unidos aprobou unha lei de créditos por 200.000 dólares estadounidenses para construír o mausoleo, que ía ser unha pirámide que tiña unha base de 100 pés (30m²). A oposición ao plan dos estados do sur fixo que se rexeitara a medida porque pensaban que era mellor que o seu corpo permanecese en Mount Vernon.[46]

En 1831, con motivo do centenario do seu nacemento, un sepulcro novo foi construído para recibir os seus restos. Ese ano, fíxose un intento por roubar o corpo de Washington, pero resultou infrutuoso.[47] A pesar diso, un comité conxunto do Congreso a principios de 1832 debateu o traslado do corpo de Washington de Mount Vernon a unha cripta no Capitolio, construída por Charles Bullfinch na década de 1820. Unha vez máis, a oposición do sur demostrou ser moi intensa, amosando unha fenda cada vez maior entre o Norte e o Sur. O congresista Wiley Thompson de Xeorxia expresou o temor dos sureños, cando dixo:

Eliminar os restos do noso venerado Washington da súa asociación cos restos da súa esposa e os seus antepasados, de Mount Vernon e do seu estado natal, e depositalos nesta capital, e logo deixar que unha ruptura da Unión se produza, e contemplar os restos de Washington nunha terra estraña á súa terra natal.
Boorstin, p. 350.

Isto rematou con calquera conversa de movemento dos seus restos, e foi trasladado á nova tumba que se construíu alí o 7 de outubro de 1837, presentada por John Struthers de Filadelfia.[48] Despois da cerimonia, a porta da bóveda interior pechouse e a chave foi lanzada ao río Potomac.[49]

George Washington no anverso dun dólar presidencial de 2006.
A estatua de Washington en Federal Hall. Memorial no baixo Manhattan, Nova York, lugar da primeira toma de posesión como presidente de Washington.

O representante Henry Lee III, un compañeiro da Guerra de Independencia e pai do xeneral Robert E. Lee da guerra civil, deu o famoso eloxio fúnebre de Washington da seguinte maneira:

Primeiro na guerra, primeiro na paz e o primeiro nos corazóns dos seus compatriotas, foi insuperable nas escenas humildes e perdurables da vida privada. Piadoso, xusto, humano, sosegado, sincero, uniforme, digno e sobresaínte. O seu exemplo foi tan edificante para todos ao seu ao redor, como igual foron os efectos de devandito duradeiro exemplo... todo correcto, o vicio estremecíase na súa presenza e a virtude sempre sentiu fomentada da súa man. A pureza do seu carácter privado deu fulgor ás súas virtudes públicas... Tal era o home polo que a nosa nación está de loito.[50]

As palabras de Lee estableceron o principio polo cal a reputación de Washington foi amplamente impresa na memoria de América. Washington estableceu moitos precedentes para o goberno nacional e a presidencia en particular.

Xa en 1778, Washington foi aclamado como o «Pai da Patria».[51]

Durante o ano do Bicentenario dos Estados Unidos, George Washington foi nomeado a título póstumo ao grao de Xeral dos Exércitos dos Estados Unidos pola Resolución Conxunta do Congreso de Lei Pública 94-479 aprobada o 19 de xaneiro de 1976, con data de cita efectiva de 4 de xullo de 1976.[7] Con iso, restaurouse a posición de Washington como o oficial militar de máis alto rango na historia dos EE. UU.

Estatua ecuestre (1860, Clark Mills) en Washington Circle, Washington, D.C..

Hoxe en día, a cara de Washington e a súa imaxe a miúdo utilízanse como símbolos nacionais dos Estados Unidos, xunto con iconas como a bandeira e o escudo. El aparece na moeda actual, incluído o billete dun dólar e a moeda de cuarto de dólar, e nos selos postais dos Estados Unidos. Xunto coa súa aparición na primeira expedición de selos postais pola Oficina Postal dos Estados Unidos en 1847,[52] Washington estivo representado nos selos postais dos Estados Unidos máis que todos os demais estadounidenses notables xuntos, como Abraham Lincoln e Benjamin Franklin.[52][53] Washington, xunto con Theodore Roosevelt, Thomas Jefferson e Abraham Lincoln, está representado en pedra no monumento do Monte Rushmore. O Monumento a Washington, un dos lugares máis coñecidos de América, foi construído na súa honra. O George Washington Masonic National Memorial en Alexandría, Virxinia, foi construído entre 1922-1932 con contribucións voluntarias dos 52 órganos locais de goberno dos masóns nos Estados Unidos.[54][55]

Moitas cousas nomeáronse en honra de Washington. O nome de Washington converteuse no da capital do país, Washington D. C., unha das dúas capitais de todo o mundo que leva o nome dun presidente dos Estados Unidos (a outra é Monrovia, Liberia). O estado de Washington é o único estado que leva o nome dun americano (Maryland, Virxinia, Carolina do Norte, Carolina do Sur e Xeorxia toman o seu nome en honra dos monarcas británicos, Luisiana dun rei francés e Pensilvania e Delaware de súbditos británicos). A Universidade George Washington e a Universidade Washington en San Luís en Missouri foron nomeadas na súa honra, do mesmo xeito que a Universidade Washington e Lee (ás veces chamada «Washington Academy»), que foi rebautizada polas doazóns de Washington en 1796. Innumerables cidades e pobos de América contan cunha rúa de Washington entre o seu rueiro.

No Gran Selo dos Estados Confederados de América, George Washington ocupa unha prominente posición, dacabalo, na mesma posición que unha estatua súa en Richmond, Virxinia. Actualmente a Mariña dos Estados Unidos ten en servizo un portaavións con capacidade nuclear chamado USS George Washington.

Londres acolle unha estatua de pé de Washington, unha das 22 réplicas idénticas de bronce existentes. Sobre a base da estatua de mármore orixinal de Jean Antoine Houdon na Rotonda do Capitolio do Estado en Richmond, Virxinia, o duplicado déuselle aos británicos en 1921 pola Commonwealth de Virginia. Atópase en fronte da National Gallery en Trafalgar Square.[56]

Vida privada

[editar | editar a fonte]
Washington nunha escena familiar (Betsy Ross), Jean Leon Gerome Ferris, 1777.
Familia de George Washington, por Edward Savage, 1796.

Cando era novo, Washington tiña o pelo vermello.[57][58] Era difícil que pasase desapercibido, medía preto de seis pés e dúas polgadas, case 1 metro e 90 centímetros (hai moitos estimacións do seu peso), máis alto que a maioría dos seus contemporáneos. Un mito popular é que levaba unha perruca, xa que estaba de moda entre os seus contemporáneos. Washington non usaba perruca, senón que levaba o pelo empoado,[59] como se representa en varios retratos, entre eles o coñecido retrato inacabado de Gilbert Stuart.[60]

Washington tivo problemas cos seus dentes durante toda a súa vida. Perdeu un dente adulto a primeira vez cando tiña vinte e dous anos e só lle quedaba un no momento en que se converteu en Presidente.[61] John Adams afirma que os perdeu porque os utilizou para romper noces do Brasil, pero os historiadores modernos suxiren que o óxido de mercurio (II), que lle deron para tratar enfermidades como a varíola e a malaria, probablemente contribuíu á perda. Tiña varios xogos de dentes postizos feitos, catro deles por un dentista chamado John Greenwood.[61] Contrariamente á crenza popular, ningún dos conxuntos estaban feitos de madeira. O conxunto que se fixo cando asumiu a presidencia foi tallado en marfil de elefante e de hipopótamo, que se colocou xunto con resortes de ouro.[62] O marfil de hipopótamo foi utilizado para a placa, na que dentes humanos reais e restos de cabalo e burro se insiren. Os problemas dentais deron a Washington unha dor constante, para a que tomou láudano.[63] Esta angustia pode ser evidente en moitos dos retratos pintados mentres el aínda estaba en funcións, entre elas a que aínda se utiliza no billete estadounidense dun dólar.

Un dos mitos máis duradeiros sobre George Washington tivo que ver coa talla dunhas árbores de cerdeira do seu pai e, cando se lle preguntou sobre iso, utilizou a famosa frase «Non podo mentir, fíxeno coa miña machada pequena». Non hai evidencia de que isto ocorrese.[64] É probable que sexa un mito, pero aínda é importante dentro da cultura estadounidense, e a frase «I cannot tell a lie» («Non podo mentir») é xa un cliché, un símbolo de Washington e a honradez coa que actuaron os que fundaron Estados Unidos de América. É, xunto con outras, parte dun libro de relatos míticos escrita por Mason Weems que fixo de Washington unha figura lendaria en tempos de guerra máis aló dos seus logros reais.

Xunto coa familia biolóxica de Marta, George Washington tiña unha estreita relación co seu sobriño e herdeiro Bushrod Washington, fillo do irmán máis novo de George, John Augustine Washington. Bushrod converteuse en Xuíz Asociado da Corte Suprema dos Estados Unidos despois da morte de George.

Washington e a escravitude

[editar | editar a fonte]
En 1795-1797, Gilbert Stuart retratou ao cociñeiro do Presidente, quen aparece vestido cunha vestimenta propia do seu oficio. Responde ao canon de retrato oficial ao uso.[65]

O comercio de escravos continuou durante toda a vida de George Washington. Á morte do seu pai en 1743, el tiña 11 anos de idade e herdou 10 escravos. No momento do seu matrimonio con Martha en 1759, el tiña polos menos 36 de propiedade privada (a viúva achegou da herdanza do seu primeiro marido polo menos 85 «escravos de dote» a Mount Vernon). Coa gran riqueza da súa esposa comprou terras, triplicando o tamaño da plantación e os escravos adicionais para cultivalas. En 1774, pagou impostos sobre 135 escravos (isto non inclúe o dote). O último rexistro dunha compra de escravos súa foi en 1772, aínda que máis tarde recibiu algúns escravos en pago de débedas.[66] Washington tamén utilizaba serventes brancos.[67][68]

Antes da Revolución estadounidense, Washington non expresou ningunha reserva moral á escravitude, pero en 1786, escribiulle a Robert Morris dicindo: «Non hai un home vivo que queira máis sinceramente que eu, ver un plan adoptado para a abolición da escravitude».[69] En 1778, escribiu ao seu capataz en Mount Vernon que desexaba «conseguir que se marchasen os negros». O mantemento dunha gran e ascendente poboación de escravos en Mount Vernon non era economicamente rendible. Washington non podía vender legalmente os escravos de dote, con todo, e debido a que estes escravos se cruzaron cos seus escravos, non podía vender os seus escravos sen separar a familias enteiras.[70]

Como presidente, Washington levou sete escravos á cidade de Nova York en 1789 para traballar na primeira residencia presidencial: Oney Judge, Moll, Giles, París, Austin, Christopher Sheels e William Lee. A raíz do traslado da capital nacional a Filadelfia en 1790, trouxo nove escravos para traballar na Casa Presidencial: Oney Judge, Moll, Giles, París, Austin, Christopher Sheels, Hércules, Richmond e Joe Richardson.[71] Oney Judge e Hércules escaparon á liberdade de Filadelfia e frustráronse intentos de fuga desde Mount Vernon de Richmond e Christopher Sheels.

Pensilvania comezara a abolición da escravitude en 1780, e estaba prohibido para os non residentes a tenencia de escravos no estado por máis de seis meses. Se se mantiña máis aló dese período, aplicábase a Lei de abolición gradual[71] que daba aos escravos o poder para liberarse. Washington argumentou (en privado) que a súa presenza en Pensilvania era soamente unha consecuencia de que Filadelfia era a sede temporal do goberno federal, e que a lei estatal non debía aplicarse a el. Por consello do seu Fiscal xeral, Edmund Randolph, decidiu que se movesen de forma sistemática os escravos da Casa do Presidente dentro e fóra do estado para evitar que se establecese unha residencia continua de seis meses. Esta rotación en si mesma foi unha violación da lei de Pensilvania, pero as accións do Presidente non foron denunciadas.

Washington con escravos en Mount Vernon.

Washington foi o único Pai Fundador destacado escravista que emancipou aos seus escravos. As súas accións foron influenciadas pola súa estreita relación co marqués de La Fayette. Con todo, non liberou os seus escravos en vida, senón que incluíu unha disposición coa súa vontade de liberar os seus escravos á morte da súa esposa. No momento da súa morte, había 317 escravos en Mount Vernon (123 propiedade de Washington, 154 «escravos de dote» e 40 alugados a unha veciña).[72]

Martha Washington legou o escravo persoal que posuía —Elisha— ao seu neto George Washington Parke Custis. Trala súa morte en 1802, os seus netos herdaron os escravos de dote.

Díxose que Washington non falou publicamente en contra da escravitude, porque non desexaba crear unha división na nova república cun tema que era sensible e polémico.[73] Mesmo se Washington se opuxera á Lei de Escravos Fuxitivos de 1793, o seu veto, probablemente sería invalidado. (A votación do Senado non foi transcrita, pero a Cámara aprobouna de forma case unánime, 47 a 8).[74]

O 4 de marzo de 1850, xurdiu a posibilidade da secesión do Sur pola cuestión da escravitude, co tempo diferido polo Compromiso de 1850. O prominente líder do Sur John C. Calhoun invocou a memoria de Washington en apoio da causa sureña dicindo: «O ilustre sureño cuxos restos mortais repousan na beira occidental do Potomac era un de nós, propietario de escravos e dunha plantación».[75]

Relixión

[editar | editar a fonte]
Washington saíndo de misa en 1789 por Jennie Augusta Brownscomb.

Washington foi bautizado na Igrexa de Inglaterra cando tiña menos de dous meses de idade.[76][77] En 1765, cando a Igrexa de Inglaterra seguía sendo a relixión do estado,[78] formou parte da sancristía (consello de laicos) na súa igrexa local. Ao longo da súa vida, falou do valor da xustiza e de buscar e ofrecer grazas polas «bendicións do Ceo».

Dos seus propios escritos, dedúcese que en termos prácticos era un deísta que tiña unha profunda crenza e fe na «Providencia» ou unha máis alta «vontade divina» que controlaba os acontecementos humanos. Como no calvinismo, o curso da historia segue un patrón ordenado e non unha mera casualidade. En 1789 afirmou que o autor do Universo se interpuxera activamente en favor da Revolución Americana. Con todo, segundo un historiador, Paul F. Boller Jr, Washington nunca fixo o intento de personalizar os seus propios puntos de vista relixiosos ou expresar calquera apelación á parte estética de pasaxes bíblicas. A formulación de Boller di que «as alusións de Washington á relixión están case totalmente ausentes do fondo das súas opinións.»[79]

Nunha carta a George Mason en 1785, Washington escribiu que el non estaba entre os alarmados por un proxecto de lei «facendo que a xente pague en axuda da relixión que profesa», pero considerou que era «pouco político» aprobar esa medida e desexaba que nunca se tivera proposto, crendo que sería perturbar a tranquilidade pública.[80]

A súa filla adoptiva, Eleanor «Nelly» Custis Lewis, declarou: «Ouvín [á nai de Nelly, Eleanor Calvert Custis, que residiu en Mount Vernon dous anos] dicir que o xeneral Washington sempre recibiu o sacramento coa miña avoa [Martha Washington] antes da revolución».[81] Washington con frecuencia acompañaba á súa esposa aos servizos da igrexa cristiá, con todo, non hai ningún rexistro que probe que tomase a comuñón. El podería deixar regularmente os servizos antes do sacramento da comuñón como os demais non comungantes (como era costume nese momento), ata que, despois de ser amoestado por un párroco, deixou de asistir todos os domingos á comuñón.[82][83] Antes da comuñón, os crentes eran amoestados a facer un balance da súa vida espiritual e non participar na cerimonia a menos que se atopasen na vontade de Deus.[81][84] Os historiadores e biógrafos continúan debatendo o grao no que se pode contar como cristián e o grao en que era un deísta.

Washington representado como un maestre masón.

Foi un dos primeiros en falar da tolerancia relixiosa e a liberdade de relixión. En 1775, ordenou que as súas tropas non amosaran sentimentos anti-católicos pola queima en efixie do papa na Noite de Guy Fawkes. Cando contrataba obreiros para Mount Vernon, escribiulle ao seu axente: «Se son bos traballadores, poden ser de Asia, África ou Europa, poden ser musulmáns, xudeus, cristiáns ou de calquera seita, ou poden ser ateos».[84][85] En 1790, escribiu unha resposta a unha carta da Sinagoga Touro, na que dixo que mentres as persoas permanecesen como bos cidadáns, non tiñan que temer a persecución por ter diferentes crenzas ou relixións. Isto foi un alivio para a comunidade xudía dos Estados Unidos, xa que os xudeus foran expulsados ou discriminados en moitos países europeos.

(...) O Goberno dos Estados Unidos (...) non dá á intolerancia ningunha aprobación, non axudará á persecución. (...) Que os fillos da estirpe de Abraham que habitan nesta terra, sigan merecendo e gozando da boa vontade dos demais habitantes, mentres que cada un se senta en condicións de seguridade baixo a súa parra e figueira, non haberá quen lle faga medo. Que o Pai de toda misericordia disperse coa luz as tebras sobre os nosos camiños, e faga que todos nós nas nosas diversas vocacións sexamos útiles aquí, e no seu propio tempo e forma eternamente felices.

A Carta de Dereitos dos Estados Unidos estaba en proceso de ratificación nese momento.

Francmasonería

[editar | editar a fonte]

O 4 de novembro de 1752, George Washington iniciouse na masonería na loxa de Fredericksburg.[86] O 29 de abril de 1788, foi nomeado Venerable Mestre da Loxa de Alexandría 22,[87] e mantivo ese cargo cando foi elixido Presidente dos Estados Unidos. Na súa toma de posesión, o Gran Mestre da Gran Loxa de Nova York administra o seu xuramento do cargo. O 18 de setembro de 1793, puxo a primeira pedra do Capitolio dos Estados Unidos usando a indumentaria masónica de Gran Mestre.

  1. Engber, Daniel (2006). "What's Benjamin Franklin's Birthday?" (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015. 
  2. O nacemento e morte de Washington danse utilizando o Calendario gregoriano. Con todo, naceu cando nas colonias británicas se utilizaba o Calendario Xuliano, e nos rexistros contemporáneos figura o 11 de febreiro de 1731. O novo calendario foi aprobado en 1750, e implantado o 1 de xaneiro do 1752, alterando o método de datación ao calendario oficial británico Calendario gregoriano.
  3. "Image of page from family Bible" (en inglés). Papers of George Washington. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2013. Consultado o 230 de decembro do 2015. 
  4. Nos Artigos de Confederación, o Congreso chamou ao seu presidente "Presidente dos Estados Unidos reunidos en Congreso". El non tiña poderes executivos, pero a similitude dos títulos confundiu á xente a pensar que houbo outros presidentes antes de Washington. Merrill Jensen, The Articles of Confederation (1959), 178-9.
  5. 5,0 5,1 "George Washington" (en inglés). Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 30 de decembro do 2015. 
  6. 6,0 6,1 "Rediscovering George Washington" (en inglés). Public Broadcasting Service. Consultado o 30 de decembro do 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 Bell, William Gardner (1983). Commanding Generals and Chiefs of Staff: 1775-2005; Portraits & Biographical Sketches of the United States Army's Senior Officer (en inglés). Center of Military History – United States Army. pp. 52 & 66. ISBN 0160723760. CMH Pub 70–14. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 4 de marzo de 2009. 
  8. Anderson, Fred. Crucible of War (Vintage Books, 2001), p. 6.
  9. 9,0 9,1 Lengel, p. 48.
  10. Shy John, Numerous and Armed: Reflections on the Military Struggle for American Independence (1990) p. 39; Douglas Edward Leach. Roots of Conflict: British Armed Forces and Colonial Americans, 1677–1763 (1986) p. 106; e John Ferling. Setting the World Ablaze: Washington, Adams, Jefferson, and the American Revolution (2002) p. 65
  11. Joseph J. Ellis|Ellis, Joseph J. His Excellency: George Washington. (2004) ISBN 1-4000-4031-0.
  12. Sobre as críticas á excesiva ambición de Washington e as súas derrotas, véxase Bernhard Knollenberg, George Washington: The Virginia Period, 1732-1775 (1964) e Thomas A. Lewis, For King and Country: The Maturing of George Washington, 1748-1760 (1992).
  13. O mando do capitán Lawrence Washington, asinado polo rei Xurxo II, e concedido polo gobernador de Virxinia, William Gooch o 10 de xullo de 1740, sobrevive nos arquivos de Mount Vernon, documento W-734
  14. Chartrand & Rickman, Colonial American Troops, 1610–1774 Arquivado 16 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (Vol.1) (Osprey Publishing: 2002) p. 45.
  15. Leach, Douglas. Roots of Conflict: British Armed Forces and Colonial Americans, 1677–1763 (University of North Carolina Press:1986) p. 50. ISBN 0-8078-4258-3
  16. Bruce, Anthony. The Purchase System in the British Army, 1660-1871 (London:1980, Royal Historical Society) ISBN 0901050571
  17. Rasmussen & Tilton. George Washington: The Man Behind the Myths. (University Press of Virginia: 1999) p. 57. ISBN 0-8139-1900-2
  18. Garance Franke-Ruta, "George Washington's Bioterrorism Strategy" http://www.washingtonmonthly.com/features/2001/0112.franke-ruta.html Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  19. 19,0 19,1 "Acreage, slaves, and social standing", Joseph Ellis, His Excellency, George Washington, pp. 41-42, 48.
  20. "Pawprints de la historia Parte 3 - George Washington y sus perros; Nombres de perros de George Washington; George Washington; George Washington". abcarticulos.info (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  21. Washington, citado por Ferling, p. 99.
  22. Stephenson, Orlando W.: "The Supply of Gunpowder in 1776", American Historical Review, Vol. 30, No. 2 (Xaneiro 1925), pp. 271–281, JSTOR.
  23. Bickham, Troy O. "Sympathizing with Sedition? George Washington, the British Press, and British Attitudes During the American War of Independence", William and Mary Quarterly 2002 59(1): 101–122. ISSN 0043-5597 Fulltext online in History Cooperative Arquivado 31 de maio de 2009 en Wayback Machine.
  24. McCullough, David (2005). 1776. Simon & Schuster. ISBN 978-0743226714. 
  25. George Washington Biography Arquivado 24 de outubro de 2008 en Wayback Machine., American-Presidents.com. Consultado o 29 de xullo de 2009.
  26. Fleming, T: Washington's Secret War: the Hidden History of Valley Forge, Smithsonian Books, 2005.
  27. George Washington Papers 1741–1799: Series 3b Varick Transcripts Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine., American Memory, Library of Congress, consultado o 22 de maio de 2006.
  28. Baixo o sistema vixente nese momento, cada elector debía elixir dous votos, o gañador era o presidente e o segundo era o vicepresidente. Todos os electores nas eleccións de 1789 e 1792 elixiron nun dos seus votos a Washington, polo que se pode dicir que el foi elixido presidente por unanimidade.
  29. Morison, Samuel Eliot (1972). "Washington's First Administration: 1789-1793". The Oxford History of the American People, Vol. 2. Meridian. ISBN 0451622545. 
  30. White, Leonard D.: The Federalists: A Study in Administrative History (1948).
  31. Despois de que Franklin Delano Roosevelt fose elixido por catro mandatos, o límite de dous mandatos foi integrado formalmente na Constitución Federal pola vixésima segunda emenda.
  32. Bosch 2005, p. 58.
  33. Crew, Harvey W., Webb, William Bensing, Wooldridge, John, Centennial History of the City of Washington, D.C., United Brethren Publishing House, Dayton, Ohio, 1892, Capítulo IV. "Permanent Capital Site Selected", p. 87. en Google Books. Consultado o 7 de maio de 2009.
  34. Text of Residence Act en ""American Memory" in official website of the U.S. Library of Congress. Consultado o 15 de abril de 2009.
  35. Hoover, Michael. "The Whiskey Rebellion". United States Alcohol and Tobacco Tax and Trade Bureau. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 19 de outubro de 2007. 
  36. Hufbauer, Gary Clyde y Claire Brunel Capitalizing on the Morocco-US Free Trade Agreement: a road map for success, p. 1.
  37. Hunt (1988), Haiti's Influence on Antebellum America: Slumbering Volcano in the Caribbean, pp. 30–31.
  38. Matthew Spalding, «The Command of its own Fortunes: Reconsidering Washington's Farewell Address», en William D. Pederson, Mark J. Rozell, Ethan M. Fishman, eds. George Washington (2001) cap. 2; Virginia Arbery, "Washington's Farewell Address and the Form of the American Regime" en Gary L. Gregg II y Matthew Spalding, eds. George Washington and the American Political Tradition. 1999 pp. 199-216.
  39. "Library of Congress – see Farewell Address section". Loc.gov. 27 de outubro de 2003. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  40. «Religion and the Federal Government.» Religion and the Founding of the American Republic. Library of Congress Exhibition. Consultado o 17 de maio de 2007.
  41. «Washington's Farewell Address, 1796.»
  42. 42,0 42,1 The World Book Encyclopedia. W*X*Y*Z (1969 ed.). Field Enterprises Educational Corporation. 1969 [1917]. p. 84a. LOC 69-10030. 
  43. "Ultimas Palabras Antes De Morir - George Washington - Wattpad". www.wattpad.com. Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  44. Vadakan, M.D., Vibul V. (2005). "A Physician Looks At The Death of Washington". Early America Review. Archiving Early America. Consultado o 17 de febreiro de 2008. 
  45. "The Funeral". The Papers of George Washington. University of Virginia. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  46. Boorstin, Daniel (1965). The Americans: The National Experience. Vintage Books. pp. 349-350. 
  47. Johnston, Elizabeth Bryant (1889). Visitors' Guide to Mount Vernon. Gibson Brothers, Printers. pp. 14–15. 
  48. Washington, George; Jefferson, Thomas; Peters, Richard (1847). Knight, Franklin, ed. Letters on Agriculture. Washington: Franklin Knight. pp. 177–180. Consultado o 11 de febreiro de 2010. 
  49. The New York Times, ed. (12 de marzo de 1881). "Mount Vernon Visited; The Home of Washington as it Exists Today": 2. O corpo foi colocado neste sartego o 7 de outubro de 1837, cando a porta da bóveda interior foi pechada e a chave tirada ao Potomac. 
  50. Eloxio fúnebre de Henry Lee III a George Washington, 26 de decembro de 1799. Safire, William (2004). Lend Me Your Ears: Great Speeches in History (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. pp. 185–186. ISBN 0-393-05931-6. 
  51. Gañou fama en todo o mundo como exemplo da excelencia dun dos fundadores nacionais máis benévolos. Gordon Wood conclúe que o acto máis grande na súa vida foi a súa renuncia como comandante dos exércitos, un acto que sorprendeu á Europa aristocrática. Gordon Wood, The Radicalism of the American Revolution (1992), pp 105-6; Edmund Morgan, The Genius of George Washington (1980), pp 12-13; Sarah J. Purcell, Sealed With Blood: War, Sacrifice, and Memory in Revolutionary America (2002) p. 97; Don Higginbotham, George Washington (2004); Ellis, 2004.
  52. 52,0 52,1 Scotts Specialized Catalogue of United States Stamps
  53. "George and Martha Washington: Portraits from the Presidential Years". www.npg.si.edu. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  54. Charles Callahan (1998). Washington: The Man and the Mason. Kessinger Publishing. pp. 329–342. ISBN 0766102459. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  55. John Weber (2009). An Illustrated Guide to the Lost Symbol. Simon and Schuster. p. 137. ISBN 1416523669. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  56. Statue of George Washington. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  57. Homans, Charles (6 de octubro de 2004). "Taking a New Look at George Washington". The Papers of George Washington: Washington in the News. Alderman Library, University of Virginia. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007. 
  58. Ross, John F (Outubro de 2005). Unmasking George Washington. Smithsonian Magazine. 
  59. "George Washington's Mount Vernon: Answers". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2006. Consultado o 30 de xuño de 2006. 
  60. Gilbert Stuart. "Smithsonian National Picture Gallery: George Washington (the Athenaeum portrait)". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2006. 
  61. 61,0 61,1 Lloyd, John; Mitchinson, John (2007). The Book of Geral Ignorance. Harmony. p. 97. ISBN 9780307394910. 
  62. Barbara Glover. "George Washington - A Dental Victim". Consultado o 30 de xuño de 2006. 
  63. "George Washington Portrait: A National Treasure". Smithsonian National Portrait Gallery. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  64. Nicholas F. Gier, University of Idaho, Moscow, Idaho (1980 e 2005). "Religious Liberalism and the Founding Fathers". Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  65. Colección Carmen Thyssen-Bornemisza.
  66. Fritz Hirschfeld, George Washington and Slavery: A Documentary Portrayal, Universidade de Missouri, 1997, pp. 11-12
  67. «The forgotten history of Britain's white slaves.». Telegraph.co.uk. 3 de maio de 2007.
  68. «George Washington: Farmer.», por Paul Leland Haworth.
  69. Carta do 12 de abril de 1786, en W. B. Allen, ed., George Washington: A Collection (Indianápolis: Library Classics, 1989), 319.
  70. Wiencek, pp. 135-36, 178-88. Hirschfeld, p. 16. Wiencek, ch 6. Wiencek, p. 230; Ellis, pp. 164-7; Hirschfeld, pp. 27-29.
  71. 71,0 71,1 "Biographical sketches of the 9". Ushistory.org. 4 de xullo de 1995. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  72. "1799 Mount Vernon Slave Census". Gwpapers.virginia.edu. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  73. Twohig, "That Species of Property", pp. 127-28.
  74. "Slavery by the Numbers". Ushistory.org. 4 de xullo de 1995. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  75. Discurso publicado en The Penguin Book of Historical Speeches, Ed. Brian MacArthur, Londres, 1995, p. 255.
  76. "George Washington Birthplace - National Monument - Family Bible entry". National Park Service Online Books. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  77. "The Papers of George Washington - Image of Bible Record for Washington Family". University of Virginia. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  78. Colonial Williamsburg website ten varios artigos sobre a relixión na Virxinia colonial
  79. Boller (1963), George Washington & Religion, pp. 92-109.
  80. "George Washington a George Mason, 3 de outubro de 1785, LS". Library of Congress: American Memory. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2006. Consultado o 5 de setembro de 2006. 
  81. 81,0 81,1 "Proof that Washington was a Christian?". ushistorg.org. Consultado o 17 de febreiro de 2010.  inclúe carta de 1833 de Eleanor Parke Custis Lewis a Jared Sparks.
  82. Sprague, Rev. Wm. B. (1859). Annals of the American Pulpit. Vol. v. Robert Carter & Brothers. p. 394. 
  83. Neill, Rev. E.D. (2 de xaneiro de 1885). "Artigo reimpreso de Episcopal Recorder" (PDF). The New York Times. p. 3. 
  84. 84,0 84,1 Steiner, Franklin. "The Religious Beliefs of Our Presidents". Internet Infidels. 
  85. Boller, Paul F (1963). George Washington & Religion. p. 118. ISBN 0870740210.  carta a Tench Tilghman pedíndolle un carpinteiro e un albanel para Mount Vernon, 24 de marzo de 1784
  86. "Washington as a Freemason". Phoenixmasonry.org. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  87. "George Washington as a Mason. 1932. Undoubtedly one of most beautiful painting of Washington wearing regalia. Pinturas Masónicas. Masones Famosos. Francmasón Colección". www.francmasoncoleccion.es. Consultado o 30 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
ninguén
(Guerra de Independencia Americana)
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
1789 - 1797
Sucesor:
John Adams