Saltar ao contido

Gaivota de cabeza negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota de cabeza negra
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Ichthyaetus
Especie: I. melanocephalus
Nome binomial
'Ichthyaetus melanocephalus'
(Temminck, 1820, costa do Mar Adriático)
Sinonimia

Larus melanocephalus

Ichthyaetus melanocephalus

A gaivota de cabeza negra[2] é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie moi semellante á gaivota chorona tanto en tamaño coma en morfoloxía. Unha das diferenzas máis salientables son as ás completamente brancas da cabecinegra, en contraste coas puntas negras das as da chorona. Ademais a cabecinegra presenta un peteiro claramente avermellado tanto en adultos coma en xuvenís. No caso dos adultos da chorona o peteiro é escuro, case negro. Cada individuo tarda tres anos en acadar a idade adulta. Aniñan en colonias.

Distribución

[editar | editar a fonte]

No inverno presente en todas as costas europeas, tanto atlánticas coma no mediterráneo, agás o Mar Báltico. No resto do ano ocupa puntos illados no interior de Europa Occidental e Central.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Butchart, S.; Symes, A. (2015). "Larus melanocephalus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694443A85050054. Consultado o 28 April 2016. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.