Gaivota de Audouin
Gaivota de Audouin | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ichthyaetus audouinii (Payraudeau, 1826, Sardeña e Córsega) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus audouinii |
A gaivota de Audouin[2] (Ichthyaetus audouinii) é unha ave pertencente á familia Laridae.
Características
[editar | editar a fonte]É unha gaivota de tamaño medio cunha lonxitude que chega ata os 52 cm e unha envergadura máxima de 128 cm. O corpo é branco exceptuando as ás agrisadas e a cola negra con pintas brancas. O peteiro é vermello escuro cunha liña negra vertical. As patas son grises con certos matices verdes.
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha gaivota que vive estritamente no litoral, frecuentemente en colonias. Non é unha especie moi frecuente, concentrándose os seus efectivos nas illas do Mediterráneo e puntos concretos da costa. Salientar a importante poboación do Delta do Ebro. Tamén é importante a poboación da Comunidade Valenciana, que acolle case 7.000 parellas[3]. Estas repártense fundamentalmente polo porto de Castelló, Lagoas de Torrevieja, porto de Valencia e Illas Columbretes[3]. En Galicia trátase dunha especie excepcional, sendo as observacións históricas estritamente limitadas ó verán e a individuos illados[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Symes, A. (2015). "Larus audouinii". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694313A83914506. Consultado o 26 April 2016.
- ↑ "Gaviota de Audouin - Larus audouinii" (PDF). Fauna de vertebrados: Aves. Inventario Español de Especies Terrestres (Informe) (en castelán) (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Varios (2015). "El puerto de Castellón alberga la mayor colonia mundial de gaviota de Audouin". Quercus (353).
- ↑ XIII Anuario das Aves de Galicia 2005, editado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía no 2011
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |