Gabriele Seyfert
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1948 (75 anos) Chemnitz, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | patinadora artística sobre xeo, tradutora |
Partido político | Partido Socialista Unificado de Alemaña |
Alumnos | Anett Pötzsch |
Nacionalidade deportiva | República Democrática Alemá |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo |
Disciplina deportiva | ladies' singles (en) |
Participou en | |
febreiro de 1968 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1968 - Individual feminino (pt) (2ª) (medalla de prata olímpica) |
1964 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1964 - Individual feminino (pt) (19ª) |
Familia | |
Cónxuxe | Eberhard Rüger (1972–1975) |
Nai | Jutta Müller |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Gabriele ("Gaby") Seyfert, nada o 23 de novembro de 1948 en Chemnitz, é unha patinadora artística alemá retirada. Gañou o campionato mundial dúas veces (1969 e 1970) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1968.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seyfert pertencía ao club SC Karl-Marx-Stadt e representaba á RDA e a súa nai Jutta Müller era a súa adestradora. Foi durante longo tempo rival de Peggy Fleming, pero non foi quen de derrotala.
En 1966 votárona como a mellor atleta do ano da Alemaña Oriental logo de levar dúas medallas de prata, nos campionatos europeos e nos mundiais e en 1968 converteuse na primeira muller en obter un triplo bucle limpo. Retirouse en 1970 e aínda que recibiu ofertas de Holiday on Ice para competir profesionalmente as autoridades da Alemaña do Leste non llo permitiron. A comezos da década de 1970 traballou durante un curto período como adestradora con Anett Pötzsch[1] e logo estudou linguas na universidade, traballando como intérprete profesional. Entre 1985 e 1991 dirixiu o balé sobre xeo no Friedrichstadtpalast en Berlín Oriental, patinando ocasionalmente.
Resultos
[editar | editar a fonte]Evento | 1961 | 1962 | 1963 | 1964 | 1965 | 1966 | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogos Olímpicos | 19 | 2º | ||||||||
Mundiais | 21 | 5º | 2º | 2º | 2º | 1º | 1º | |||
Europeos | 21 | 12º | 10º | 5º | 2º | 1º | 2º | 1º | 1º | |
Campionatos de Alemaña Oriental | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klaus-Reinhold Kany (2011-06-05). Anett Pötzsch: Germany’s First Golden Girl Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Ifsmagazine.com. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- Nados en 1948
- Medallistas olímpicos en patinaxe artística
- Medallistas olímpicos de prata pola República Democrática Alemá
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968
- Patinadores artísticos olímpicos do Equipo Alemán Unificado
- Patinadores artísticos olímpicos de Alemaña Oriental