Gálea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O casco imperial romano ou gálea (do latín clásico galĕa) é un tipo de casco militar romano, provisto de protectores das meixelas, empregado polas lexións romanas da época do Imperio. Substituíu o casco de Montefortino e o casco Coolus.
Era de coiro, no cal se diferenciaba do cassis (que era de metal); con todo os escritores, inda os militares, non sempre observan esta distinción. Sábese que no exército de Servio Tulio levaban gálea os cidadáns das tres primeiras clases, os cales ían armados á grega. Propercio (XIV, 10, 20) presenta a Rómulo levando unha galea lupina (casco de pel de lobo) e, en efecto, os vélites romanos levaban unha pel deste animal enriba do casco e os augures, por unha reminiscencia dun antigo costume, levaban na cabeza unha pel de animal.
A arte plástica puxo a certas figuras o casco metálico en forma de refugallo dun animal, como se ve no Hércules do frontón de Exina.
Galearius
[editar | editar a fonte]O galearius era, segundo algúns, o servo encargado de levar a gálea durante as marchas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gálea |