Fun and Fancy Free
Fun and Fancy Free | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fun and Fancy Free |
Director |
|
Produtor | Walt Disney |
Guión |
|
Baseado en | "Little Bear Bongo" de Sinclair Lewis Xan o das fabas máxicas |
Intérpretes | |
Música | |
Montaxe | Jack Bachom |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 27 de setembro de 1947 |
Duración | 73 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Infantil, Comedia |
Recadación | $2 400 000 (USA)[1] |
Na rede | |
http://movies.disney.com/fun-fancy-free | |
Fun and Fancy Free é un filme de animación producido por Walt Disney e estreado o 27 de setembro de 1947 por RKO Radio Pictures. Foi o noveno dos filmes de animación de Disney e o cuarto dos filmes recompilatorios que o estudio produciu na década de 1940 para aforrar cartos durante a segunda guerra mundial. Estes filmes axudaron a financiar obras posteriores como Cinderella, Alice in Wonderland ou Peter Pan.
O filme contén dúas historias, a primeira das cales, Bongo, é presentada por Jiminy Cricket e narrada por Dinah Shore. Está baseada na historia curta "Little Bear Bongo" de Sinclair Lewis, Bongo e conta a historia dun oso de circo que soña cola liberdade. Bongo escapa do circo e namórase dunha osa salvaxe chamada Lulubelle, e descobre que debe probar o seu amor para conseguir o de Lulubelle. A segunda historia, Mickey and the Beanstalk, é presentada por Edgar Bergen e é unha adaptación da historia Xan o das fabas máxicas protagonizada por Mickey, Donald e Goofy que interpretan tres labregos que descobren o castelo do xigante Willie empregando unhas fabas máxicas. Deben combater co xigante para restaurar a paz no seu val. Mickey and the Beanstalk foi a derradeira vez que Walt Disney puxo voz a Mickey Mouse, xa que estaba demasiado ocupado noutros proxectos. Disney substituíuno polo artista de efectos de son James MacDonald.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Edgar Bergen como el mesmo, Charlie McCarthy e Mortimer Snerd
- Luana Patten como ela mesma
- Dinah Shore como cantante, narradora de Bongo
- Cliff Edwards como Jiminy Cricket
- Walt Disney como Mickey Mouse
- Clarence Nash como Donald Duck
- Pinto Colvig como Goofy
- Billy Gilbert como Willie the Giant
- Anita Gordon como arpa
- The King's Men como corvos
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fun and Fancy Free na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)