Fulbert de Chartres
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 960 valor descoñecido, disputado |
Morte | 10 de abril de 1028 (67/68 anos) Chartres, Francia |
Lugar de sepultura | Église Saint-Pierre, Chartres (en) |
Bispo diocesano | |
1007 – 1028 – Thierry of Chartres (en) → Diocese: Diocese Católica Romana de Chartres (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | bispo católico (1006–), escritor, teólogo, sacerdote católico, filósofo |
Alumnos | Adelmann (en) , Berengário de Tours (pt) e Hildegaire (en) |
Consagración | Leotheric (en) |
Día de festividade relixiosa | 10 de abril |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fulbert de Chartres ou St. Fulbert, nado entre 952 e 970 e finado o 10 de abril de 1028, foi bispo de Chartres, amigo e discípulo de Gerbert de Aurillac.
Santo da Igrexa Católica, a súa festividade ten lugar o 10 de abril. É o fundador e a personalidade máis eminente da Escola de Chartres. Sabio de renome, docente en ciencias profanas, teólogo e científico, pasou á historia por ser o mestre de obras da reconstrución da catedral de Chartres, logo do incendio na noite do 7 de setembro de 1020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ignórase o seu lugar de nacemento exacto, así como a data do mesmo, mais estímase que podía ser oriúndo de Picardía, no norte de Francia. O seu nome provén do alemán "volk" - pobo "bert" - brillante, a tradución sería algo así como "brillante do pobo". Ao contrario que os seus predecesores e dos seus sucesores no episcopado de Chartres, todos fillos de familias nobres, Fulbert proviña dunha familia humilde. Foi educado en Reims, onde moi prováblemente recibiu parte da súa formación de parte do arcebispo Gerbert d’Aurillac, futuro papa de nome Silvestre II, coñecido por ser o "Papa do ano mil". Está documentada a súa estadía en Reims ao longo do ano 984. Posteriormente foi enviado a Chartres, onde ensinou durante 20 anos antes de ser nomeado bispo da cidade aos 50 anos (no ano 1007). Alí fundou unha escola de gran sona e notoriedade, a Escola de Chartres, de carácter neoplatónico e neopitagórico, que destacou principalmente en filosofía, matemáticas e astronomía, ademais de teoloxía.
Foi preceptor de Roberto, fillo do rei Hugo Capeto quen máis tarde, xa como rei Roberto II de Francia, coñecido como "o piadoso" o nomearía bispo de Chartres en 1007. Foi un bispo consciente da necesidade de independencia da Igrexa. Foi conselleiro de numerosos príncipes e reis, entre outros de Inglaterra, Hungría e Dinamarca.
Morreu o 10 de abril de 1028. Dende o 10 de abril de 1861, a Igrexa celebra a súa festividade nesta data.
Foi un famoso mestre en teoloxía, mais tamén ensinou gramática, retórica, dialéctica, aritmética e xeometría. Fulbert foi cualificado polos seus contemporáneos como o «venerable Sócrates da Academia de Chartres». Un punto destacado require a súa ensinanza acerca de astronomía e do manexo do astrolabio, aprendido prováblemente en Reims a través do arcebispo Gerbert, quen residira en Xirona e viaxado pola Hispania musulmá, tomando contacto coa astronomía árabe.
Para Fulbert, o home recibira no seu nacemento a marca divina. A súa doutrina neoplatónica daba ao home unha salientable liberdade de decisión ante o seu creador. Facendo unha interpretación do capítulo terceiro do Xénese que provén de San Agustiño, os neoplatónicos consideraban ao home axente totálmente responsable e, polo tanto, libre nas súas decisións, de pecar ou non pecar e con iso condenarse ou non facelo. O pecado é deste xeito presentado como a desobediencia humana á vontade diviña e o extravío do camiño definido por Deus. Fulbert profesou gran devoción á Virxe, que foi sempre o centro da súa espiritualidade.
Debido tanto ao seu cargo e posición como á súa profunda e extensa formación, Fulbert mantivo contacto constante e directo cos homes máis poderosos da súa época. Neste eido, o seu talento fíxose notar tralo lume da súa catedral en 1020. O seu carismo permitiulle obter financiamento non só dos particulares e gremios da cidade, senón tamén dos grandes de Europa, incluídos algúns soberanos como Canuto o Grande, rei saxón de Dinamarca.