Saltar ao contido

Frederico I de Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrederico I de Saxonia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1370 Editar o valor en Wikidata
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1428 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Altenburg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMeissen Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prince-Elector of Saxony (en) Traducir
6 de xaneiro de 1423 – 4 de xaneiro de 1428
← Albert III, Duke of Saxe-Wittenberg (en) TraducirFrederico II de Saxonia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wettin Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina de Brunsvique-Luneburgo (1402, 1402 (Gregoriano)–1428) Editar o valor en Wikidata
FillosFrederico II de Saxonia, Sigismund of Saxony, Anna of Saxony, Landgravine of Hesse, Catarina de Saxonia, Henry of Saxony, William III Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico III de Wettin Editar o valor en Wikidata  e Katharina von Henneberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilliam II, Margrave of Meissen
George of Meissen Editar o valor en Wikidata
ParentesMargarida da Áustria, nora Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wettin-1 Find a Grave: 36074944 Editar o valor en Wikidata

Frederico I de Saxonia e IV de Meissen, o Pendenceiro (en alemán: Friedrich der Streitbare, nado en Altenburg o 11 de abril de 1370, e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1428, foi margrave da Marca de Meissen-Lusacia entre 1381 e 1423 como Frederico IV, e conde palatino de Saxonia e príncipe elector de Saxonia entre 1423 e 1428.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Frederico era fillo de Frederico III de Turinxia, o Severo, da casa de Wettin e de Catarina de Henneberg.

Sucedeu ao seu pai aos once anos, xunto aos sus irmáns Guillerme II de Meissen o Rico e Xurxo de Meissen, e ao seu primo Frederico IV de Meissen o Pacífico, fillo de Baltasar de Turinxia. Todos eles estiveron baixo a tutela do seu tío Guillerme I de Meissen o Torto.

Desde mozo distinguiuse como guerreiro, de onde procede o seu alcume, e participou na expedición dos Cabaleiros Teutónicos contra os lituanos e o rei Venceslau IV de Bohemia.

Tamén foi un gobernante culto e, en 1409, fundou a Universidade de Leipzig, en beneficio dos estudantes alemáns que abandonaran a Universidade de Praga despois dos acontecementos relacionados co Cisma de Occidente.

Uniuse ao bando do Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Sexismundo durante as guerras husitas.

Polos seus servizos foi recompensado o 6 de xaneiro de 1423, co Ducado de Saxonia-Wittenberg e o condado Palatino de Saxonia, tras a morte do último ascanio, Alberte IV de Saxonia.

Con estas adquisicións, os territorios dos Wettin creceron en gran medida, e os seus Estados comezaron a seren dos máis poderosos dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. Frederico IV empezou a nomearse el mesmo Frederico I Duque e Elector.

Coa morte de seu irmán Guillerme II o Rico, Frederico converteuse no gobernante de todos os territorios da casa de Wettin, exceptuando o Landgraviato de Turinxia. Foi o primeiro Wettin enterrado na Capela Ducal da Catedral de Meissen, en 1428.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Ferderico contraeu matrimonio con Catarina de Brunswick-Lüneburg o 7 de febreiro de 1402, coa que tivo sete fillos:[1]


Predecesor:
Alberte IV
Elector de Saxonia
1423 - 1428
Sucesor:
Frederico II
  1. Biographie, Deutsche. "Friedrich I. - Deutsche Biographie". www.deutsche-biographie.de (en alemán). Consultado o 23 de xuño de 2022.