Saltar ao contido

Francisco António de Almeida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco António de Almeida

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementofebreiro de 1703 Editar o valor en Wikidata
Crato, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1754 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Sacavém, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBrief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, (p.8), Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1574762 Musicbrainz: d62706b8-47b9-43a9-8fab-390819fea843 Discogs: 2870400 IMSLP: Category:Almeida,_Francisco_António_de Editar o valor en Wikidata

Francisco António de Almeida nado en 1702 e finado en ca. 1755 foi un compositor e organista portugués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debido ás súas orixes nobres, recibiu de D. João V unha bolsa para estudar en Italia.

Entre 1722 e 1726 estudou en Roma, onde publicou dúas oratorias, Il pentimento di David e La Giuditta. No día 9 de xullo de 1724 participou nunha academia organizada por Pier Leone Ghezzi, que na ocasión lle deseñou unha caricatura, describíndoo na lenda como un «mozo mais excelente compositor de concertos e de música sacra, que canta con extremo gusto». Regresou a Portugal en 1726, onde se tornou organista da Capela Real e Patriarcal de Lisboa.

Foi profesor de piano da Infanta Maria Bárbara de Portugal. En 1728, realizou a primeira das súas serenatas, Il Trionfo della virtù en Lisboa no palacio do Cardeal João da Mota e Silva. A súa ópera cómica La pazienza di Socrate realizouna no palacio real en 1733. Foi a primeira ópera italiana en Portugal. Para as celebracións carnavalescas fixo estrear La Finta Pazza no palacio real de Ribeira en 1735.

Morreu probabelmente en Lisboa durante o terremoto de 1755.

  • Il pentimento di Davidde (componimento sacro), 1722
  • La Giuditta (oratorio), 1726 (as primeiras actuacións modernas foron en 1990 e foi descrito como unha obra-prima)
  • Il trionfo della virtù (composición poética), 1728
  • Il trionfo d'amore (pastoral), 1729
  • Gl'incanti d'Alcina (drama para música cantada), 1730
  • La Spinalba, ovvero Il vecchio matto (drama cómico), 1739
  • L’Ippolito (serenata), 1752

Bibliografía

[editar | editar a fonte]