Saltar ao contido

Florida Gators

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florida Gators
División División I da NCAA
Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Southeastern Conference
Alcume Gators
Mascota Albert E. Gator
Estadio de fútbol americano Ben Hill Griffin Stadium
(93.548 espectadores)
Pavillón de baloncesto Stephen C. O'Connell Center
(12.000 espectadores)
Estadio de béisbol Alfred A. McKethan Stadium
(5.000 espectadores)
Ben Hill Griffin Stadium
O'Connell Center
O'Connell Center

Florida Gators é o equipo deportivo da Universidade de Florida en Gainesville, Florida. Os equipos dos Gators participan nas competicións organizadas pola NCAA, e forman parte da Southeastern Conference.

Afección dos Gators.

Os Gators son famosos polos seus equipos de fútbol americano, que gañou o título nacional en 1996 e 2006; e de baloncesto, que o fixo en dúas ocasións consecutivas, 2006 e 2007. O programa de baloncesto foi mediocre ata mediados dos anos 90, e no ano 2000, liderados por Mike Miller, chegaron á Final Four.

O equipo feminino de fútbol tamén gañou un título, en 1998.

Baloncestistas do nivel de Mike Miller, Jason Williams, Udonis Haslem, David Lee e Joakim Noah foron alumnos da Universidade de Florida, ademais do nadador español Martín López-Zubero.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Os Gators participan nas seguintes modalidades deportivas:

Baloncesto

[editar | editar a fonte]

Os Gators, cuxas orixes remóntanse a 1915, posúen o récord de 2 campionatos da NCAA gañados. O equipo da UF adestrado por Billy Donovan gañou 2 títulos en 3 tempadas.

Un total de 25 xogadores dos Gators chegaron á NBA.

Fútbol americano

[editar | editar a fonte]

O equipo creouse en 1906. É, sen dúbida, o deporte que máis éxitos deu á UF, con 3 títulos da NCAA e 8 títulos de conferencia. Ademais, tres dos seus xogadores conseguiron o prestixioso Trofeo Heisman. Disputaron 35 bowls.

Creado en 1912, ademais de 5 aparicións nas World Series universitarias. 7 xogadores desta universidade xogan actualmente na MLB.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]