Filtro Chamberland
O filtro Chamberland, tamén coñecido como filtro Chamberland-Pasteur, é un filtro de auga feito en porcelana por Charles Chamberland en 1884.[1] Baixo un principio similar atópase o coñecido como filtro Berkefeld.
Deseño
[editar | editar a fonte]O filtro consiste nun tubo de porcelana sen esmaltar que contén un anel de porcelana esmaltada no que se encaixa o tubo de entrada. O núcleo da porcelana consta dun tubo metálico con buratos polos que sae e se recolle a auga. O influxo presurízase para que a filtración se produza exercendo esta forza.
Tipos
[editar | editar a fonte]Hai 13 tipos en xeral: L1 a L13. Os filtros L1 teñen poros máis grosos mentres que os do modelo L13 son máis delgados.
Utilidade
[editar | editar a fonte]É tan efectivo como calquera outro filtro de cerámica ou de porcelana. Resulta ser un bo filtro de auga para as bacterias, empregándose fundamentalmente a modo de filtro para inxentes cantidades de auga.[2][3] O filtro funciona con máis celeridade cando a auga administrada se atopa baixo presión. Ao igual que lles sucede a outros filtros similares, o modelo Chamberland non pode filtrar partículas de reducido tamaño tales como virus ou micoplasma. É empregado na eliminación de organismos en cultivos fluídos, co propósito de obter toxinas bacterianas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Horzinek MC (1997). "The birth of virology". Antonie van Leeuwenhoek 71 (1/2): 15–20. PMID 9049014. doi:10.1023/A:1000197505492.
- ↑ Textbook of Microbiology by Prof. C P Baveja, ISBN 81-7855-266-3
- ↑ Textbook of Microbiology by Ananthanarayan and Panikar, ISBN 81-250-2808-0