Filostorxio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 368 Capadocia, Turquía |
Morte | século V (>425) Antioquía do Orontes, Turquía |
Actividade | |
Campo de traballo | Arianismo e historia do cristianismo |
Ocupación | historiador da igrexa, escritor relixioso, escritor, historiador |
Período de tempo | Antigüidade tardía |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Carterius |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Filostorxio (en grego, Φιλοστόργιος en latín, Philostorgius), nado en Borissos (Capadocia) c. 368 e finado c. 439, foi un historiador bizantino eclesiástico de tendencia ariana[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seguidor do arianismo[2] elaborou unha Historia eclesiástica, inspiradora do Epítome de Focio. Seu pai era un eunomiano que converteu a toda a familia. Aos vinte anos, durante o reinado de Arcadio foi a Constantinopla para completar os seus estudos. Coñeceu a Eunomio en Capadocia, o que lle influíu moito.
Filostorxio é sen dúbida o erudito máis sobresaliente da súa época, como o demostran as numerosas digresións dos seus traballos.
Historia eclesiástica
[editar | editar a fonte]Entre 425 e 433 compilou unha Historia eclesiástica en doce libros, ao principio do cisma ariano. A obra de Filostorxio, hoxe desaparecida, parece que incluía múltiples detalles, especialmente curiosidades xeográficas de Asia e África[3]. Contaba de moitos prodixios, monstros, milagres e outras marabillas. No epítome realizado por Focio, está o detalle particular polo que a visión de Constantino antes da batalla de Ponte Milvio — é dicir, aquela onde lle foi indicado de usar o signo da cruz para vencer a Maxencio — deuse de noite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Enciclopedia-Italiana". Consultado o 13 de decembro de 2013.
- ↑ Ramón Teja. "Cristianismo Marginado 1. Rebeldes, excluidos, marginados. De los orígenes al año 1000". Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ "conoze.com". Consultado o 31 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ario.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Edward Walford. "Epítome de la Historia eclesiástica de Filostorgio, compilación de Focio, Patriarca de Constantinopla.". Consultado o 24 de octubre de 2009.
- "Biografía". conoze.com. Consultado o 14 de xullo de 2010.