Saltar ao contido

Fibromialxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A fibromialxia é unha doenza crónica caracterizada sola presenza de dor persistente e crónica que pode chegar a ser invalidante, especialmente en localizacións específicas do corpo denominadas tender points ou puntos sensíbeis ou zonas gatillo[1]. A etioloxía da enfermidade é descoñecida aínda que se cre que pode ter unha orixe autoinmune, neurolóxica ou psiquiátrica. É unha doenza complexa que abrangue as esferas social, biolóxica e psicolóxica (enfoque biopsicosocial).

A súa prevalencia en España é do 2,37%, con claro predominio en mulleres de entre 30 e 55 anos[2].

O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, en homenaxe á data de nacemento de Florence Nightingale, enfermeira británica, considerada precursora da enfermería profesional contemporánea [3].

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Os síntomas da fibromialxia son inespecíficos e poden solaparse cos síntomas doutras doenzas. Entre as manifestacións máis frecuentes atópanse:

  • Dor xeneralizada en varios puntos do corpo, coñecidos como zonas gatillo ou puntos sensíbeis (tender points). Existen 18 puntos sensíbeis.
  • Fatiga ou cansazo.
  • Trastornos do sono: insomnio, hipersomnolencia, mal descanso nocturno.
  • Trastornos psíquicos: ansiedade, depresión, irritabilidade.
  • Dor de cabeza (cefalea tensional).
  • Trastornos do ritmo intestinal como estrinximento ou diarrea (síndrome de colon irritable).
  • Hipersensibilidade á dor (hiperalxesia) ou ao tacto (alodinia).
  • Cambras musculares (parestesias).

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

Non existe ningunha proba que permita realizar o diagnóstico de fibromialxia.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Non existe un fármaco ou tratamento específico para tratar a fibromialxia. As terapias que existen están enfocadas a paliar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas con fibromialxia.

Entre as opcións terapéuticas para tratar esta doenza destacan:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]