Fiat 4 HP
Fiat 4 HP | |
Outros nomes | Fiat 3½ HP |
Fabricante | Fiat |
País | Italia |
Deseño | Aristide Faccioli[1] |
Montaxe | Corso Dante, Turín, Italia |
Período | 1899-1900 |
Dimensións | |
Lonxitude | 2300 mm |
Anchura | 1420 mm |
Altura | 1450 mm |
Distancia eixes | 1470 mm |
Peso | 680 kg |
Características técnicas | |
Motor | 2 en liña 679 c.c.[2] |
Modelos relacionados | |
Sucesor | Fiat 6 HP |
O Fiat 4 HP, ou 3 ½ HP, foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.
Características
[editar | editar a fonte]O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.
Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[3] O 3 ½ tiña unha carrozaría de Marcello Alessio de Turín.[4] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[4][5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fiat 3 ½ HP.
-
Fiat 3 ½ HP.
-
Fiat 3 ½ HP (motor).
-
Fiat 3 ½ HP (logo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIAT mod. 4 HP". museoauto.it. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 2012-12-26.
- ↑ "Technical specifications of 1899 Fiat 3.5 CV". carfolio.com. Consultado o 2008-02-26.
- ↑ "1899 Ceirano Welleyes". motorspeed.wordpress.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 2008-02-26.
- ↑ 4,0 4,1 "La Fiat 3 ½ HP". archimagazine.com. Consultado o 2008-03-25. (en italiano)
- ↑ "Fiat 3½hp". nationalmotormuseum.org.uk. Consultado o 2010-12-02.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiat 4 HP |