Fianchetto
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Fianchetto é unha palabra de orixe italiana que literalmente quere dicir "pequeno flanco". A pronuncia italiana é fianqueto, pero en galego adóitase pronunciar tal como está escrito. Existe a variante fiancheto.
No xadrez, é un termo que indica unha forma especial de desenvolver o alfil. Na imaxe, o negro ten o seu alfil de casas negras en fianchetto. Isto é: moveu o peón da columna de cabalo e o alfil colocouse nese oco. As posibles casas onde se pode realizar esta xogada son b2, g2, b7 ou g7, exercendo así o alfil a súa acción ao longo das dúas diagonais maiores. Se se produce o enroque no flanco onde se atopa o alfil en fianchetto compleméntanse ambas as posicións, dando lugar a unha estrutura na que o alfil e o rei deféndense entre si. Outra posición relacionada é o fianchetto esaxerado, onde unha vez adiantado o peón de cabalo para realizar o fianchetto sitúase o alfil na columna de torre correspondente.
O fianchetto é típico de múltiples aperturas, como a india de rei, a india de dama, a catalá, a variante dragón da siciliana etc.