Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1946
A 1ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse do 20 de setembro ao 5 de outubro do ano 1946. Vinte e dous países presentaron os seus filmes na "Primeira Edición do Festival", que se celebrou no antigo Casino de Cannes. Só un ano despois do remate da segunda guerra mundial, a maioría dos filmes versaron sobre a guerra.[1] Houbo varios problemas técnicos, como a cuberta de lona que se desprendeu nunha tormenta o día anterior á publicación dos gañadores, os carretes de "Notorious" de Hitchcock amosáronse en orde inversa e o filme The Three Musketeers de George Sydney proxectouse do revés.[2]
Durante o festival, o xurado estivo composto por un representante por cada país, sendo o historiador e home de estado Georges Huisman o Presidente do Xurado. Con máis énfase na creatividade que na competitividade, dezaoito nacións presentaron os seus filmes. Once deles compartiron o primeiro Grand Prix do Festival Internacional.[3][4][5]
Georges Huisman, home de estado e historiador, creador do festival, foi o presidente das tres primeiras edicións. O premio máximo entregado levaba o nome de Grand Prix du Festival, ata o ano 1955 que cambiou a Palme d'or.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ fresques.ina.fr (ed.). "1938-1951: The birth of the Festival". Consultado o 28 de maio de 2017.
- ↑ intercontinental-carlton-cannes.com (ed.). "1st Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ history.com (ed.). "First Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ cinema-francais.fr (ed.). "1ère Festival International du Film - Cannes" (en francés). Consultado o 5 de xuño de 2017.
- ↑ cannes-fest.com/ (ed.). "1946 - Cannes, ville ouverte (Cannes, open city)" (en francés). Consultado o 27 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina en IMDb da edición 1946 do Festival de CannesArquivado 09 de decembro de 2012 en Archive.is
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |