Fernando Soriano
Soriano | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fernando Soriano Marco | ||
Nacemento | 24 de setembro de 1979 | ||
Lugar de nacemento | Zaragoza | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Zaragoza | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–2001 | Zaragoza B | 144 | (32) |
2001–2005 | Zaragoza | 81 | (6) |
2001–2002 | → Recreativo de Huelva | 39 | (4) |
2005–2010 | Almería | 149 | (19) |
2010–2011 | Osasuna | 30 | (2) |
2011–2016 | Almería | 163 | (23) |
Total | 606 | (86) | |
Selección nacional | |||
1995–1996 | España sub-16 | 6 | (1) |
1997 | España sub-17 | 5 | (0) |
1998 | España sub-18 | 1 | (0) |
1999 | España sub-20 | 2 | (0) |
Adestrador | |||
2016–2017 | Almería | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fernando Soriano Marco, nado en Zaragoza o 24 de setembro de 1979, é un exfutbolista español, actual director deportivo do Deportivo da Coruña. Xogaba como centrocampista e disputou máis de 600 partidos oficiais ao longo dos seus 18 anos de carreira. Gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España co Zaragoza, e conseguiu castro ascensos á Primeira División, co propio Zaragoza, co Recreativo de Huelva e dúas veces co Almería. Neste último militou durante dez tempadas, sendo o terceiro xogador con máis partidos na historia do club (328).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Real Zaragoza, debutando co seu filial, o Deportivo Aragón, na tempada 1997/98.[1] Militou durante catro campañas co segundo equipo zaragocista na Segunda División B, saíndo cedido na tempada 2001/02 ao Recreativo de Huelva, co que conseguiu o ascenso á Primeira División.[1] De regreso en Aragón, na tempada 2002/03 debutou co primeiro equipo do Zaragoza, logrado de novo un ascenso a Primeira.[2]
Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2003/04, contra o Deportivo da Coruña na Romareda,[3] e ese mesmo ano gañou a Copa do Rei, título ao que contribuíu con tres goles durante a competición.[1] Na seguinte tempada conquistou tamén a Supercopa de España. Entre 2005 e 2010 xogou no Almería e conseguiu o seu terceiro ascenso á Primeira División.[4]
Tras xogar na tempada 2010/11 en Osasuna,[5] regresou ao Almería, equipo no que militou cinco anos máis.[4] Na tempada 2012/13 foi o segundo máximo goleador do equipo, só por detrás de Charles, contribuíndo con 12 goles a un novo ascenso do equipo a Primeira. Durante as súas 10 tempadas como centrocampista do Almería converteuse no xogador con máis partidos na historia do club, con 328 encontros, marcando ademais 46 goles. Pouco despois foi superado polos seus compañeiros Ortiz e Corona, sendo na actualidade o terceiro futbolista que máis veces vestiu a camiseta do equipo almeriense.[6]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]En maio de 2016, sendo aínda xogador do Almería, o club destituíu ao adestrador Néstor Gorosito e ofreceulle o posto a Soriano para as últimas catro xornadas. O capitán do equipo aceptou o reto de tentar salvar o equipo, a tres puntos da permanencia, e rescindiu o seu contrato como xogador para pasar a dirixir o equipo almeriense.[7] Obtivo dúas vitorias e dous empates, suficientes para conseguir o obxectivo da permanencia en Segunda.[8]
Continuou como adestrador do Almería na seguinte tempada ata que foi destituído na xornada 27, co equipo último e despois de encadear nove partidos sen gañar. Foi substituído no cargo por Luis Miguel Ramis.[9]
Como director deportivo
[editar | editar a fonte]En decembro de 2018 converteuse no novo director deportivo do Ibiza, na Segunda División B, e dous anos e medio despois, conseguiu o ascenso á Segunda División. Na tempada 2021/21 foi o encargado de confeccionar o cadro de xogadores do equipo para a categoría de prata, pero deixou o club o 7 de abril de 2022, por desacordos co presidente Amadeo Salvo.[10]
O 16 de xuño de 2023 foi anunciado como novo director deportivo do Deportivo da Coruña.[11]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Zaragoza
- Copa do Rei (1): 2003/04.
- Supercopa de España (1): 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El zaragozano Fernando Soriano, nuevo director deportivo del Dépor" (en castelán). 16 de xuño de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ Pedro Luis, Ferrer (17 de abril de 2020). "El séptimo ascenso del Real Zaragoza (II)". As (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "Real Zaragoza 0 - 1 Deportivo da Coruña 2003". ESPN. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 "Soriano llegó de sargento en 2005 y ascendía a general en la 2007-08" (en castelán). 6 de xullo de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "El centrocampista Fernando Soriano se convierte en el primer fichaje de Osasuna" (en castelán). 21 de maio de 2010. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "Listado de jugadores del Almería". BDFutbol (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "Gorosito es destituido en la UD Almería y Fernando Soriano se postula como su sustituto" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "Soriano seguirá como técnico del Almería el curso 2016-17". As (en castelán). 8 de xuño de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "El descomunal reto de Ramis". Marca (en castelán). 15 de marzo de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ "Fernando Soriano deja de ser el director deportivo del Ibiza". Marca (en castelán). 7 de abril de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ Paesa, Diego Vicente (16 de xuño de 2023). "El Dépor ficha al exzaragocista Fernando Soriano como director deportivo". Aragondigital.es (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Zaragoza
- Nados en 1979
- Futbolistas de Aragón
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Zaragoza B
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do CA Osasuna
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da UD Almería
- Directores deportivos de fútbol de España