Ferdowsi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
(2011) | |
Nome orixinal | (fa) فِردُوسی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) حَکیم اَبوالقاسِم فِردُوسی طوسی 940 Tus (Império Samânida) |
Morte | c. 1020 (79/80 anos) Tus (Império Gaznévida) |
Lugar de sepultura | Tus |
Relixión | Xiísmo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Abu ʾl-Qasim Ferdowsi Tusi máis coñecido só como Ferdowsi, nado en Paj c. 940 e finado en Tus en 1020, foi un poeta persa, autor de Shahnameh, o poema épico máis longo creado por un único autor, e a épica nacional do Grande Irán. Ferdowsi celébrase como o autor máis influente da literatura persa e un dos principais da historia da literatura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferdowsi naceu no seo dunha familia de propietarios de terra (dehqans) nunha aldea preto da cidade de Tus na rexión de Khorasan do Imperio Samánida, na actual provincia Razavi Khorasan do nordeste de Irán.[1] Pouco é o que se sabe da vida do poeta, coñécese que tiña unha muller e un fillo que lle morreu con 37 anos e que recordou nunha elexia inserida en Shahnameh[2].
Non se sabe se escribiu algunha obra anterior, comezou a traballar en Shahnameh arredor do ano 977 coa intención de continuar o traballo do poeta Daqiqi asasinado por un escravo. Como Daqiqi, Ferdowsi empregou como unha das fontes o Shahnameh de Abu-Mansuri, en prosa e preislámico. Recibiu xeneroso patrocinio do samánida Mansur e completou unha primeira versión en 994. Cando o turcos gaznávidas derrubaron os samánidas en 999, Ferdowsi continuou a traballar no poema, reescribindo seccións enteiras para eloxiar o novo sultán Mahmud. Ferdowsi finalmente rematou a súa obra épica o 8 de marzo de 1010. Practicamente nada se sabe con algunha certeza da última década da súa vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davis, Dick (2006). Introdución a Shahnameh: the Persian book of kings. Ferdowsi, Abolqasem. Viking, p. xviii
- ↑ Djalal Khaleghi-Motlagh (26 de xaneiro de 2012). "Ferdowsi". Encyclopædia Iranica. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |