Federación do Xura
Aparencia
A Federación do Xura foi a máis importante e antiautoritaria sección anarquista da Primeira Internacional, baseada principalmente nos reloxeiros das montañas do Xura en Suíza. A Federación do Xura, xunto a outras seccións anarquistas, foi expulsada da Primeira Internacional despois do Congreso da Haia (1872).
Os anarquistas na Federación do Xura, como James Guillaume, desempeñarían un papel clave na conversión anarquista de Piotr Kropotkin. En Memorias dun revolucionario, Kropotkin escribe:
As igualitarias relacións que atopei nas Montañas do Xura, a liberdade de actuar e pensamento a cal eu vin desenvolverse nos traballadores, e a súa ilimitada devoción pola causa, apelaron fortemente no meu sentir; e cando eu funme das montañas, despois de permanecer unha semana cos reloxeiros, as miñas visións do socialismo foron establecidas. Eu era un ácrata...