Saltar ao contido

FLOPS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En computación FLOPS, é o acrónimo de Floating point Operations Per Second (operacións de punto flotante por segundo). Úsase como medida do rendimiento dunha computadora, especialmente en cálculos científicos que requiren un grande uso de operacións de punto flotante. FLOPS, ó ser unha sigla, non debe nomearse en singular como FLOP, xa que a S final alude a second (segundo) e non ó plural.

As computadoras exhiben un amplo rango de rendementos en punto flotante, polo que a miúdo se usan unidades maiores que o FLOPS. Os prefixos estándar do SI (Sistema Internacional de Unidades) poden ser usados para este propósito, dando como resultado megaFLOPS (MFLOPS, 106 FLOPS), xigaFLOPS (GFLOPS, 109 FLOPS), teraFLOPS (TFLOPS, 1012 FLOPS) e petaFLOPS (PFLOPS, 1015 FLOPS).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.