Saltar ao contido

Evolucionismo teísta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O evolucionismo teísta, ou evolución teísta, é unha idea filosófica que busca conciliar a idea de Deus e a teoría da evolución.

Noutras palabras, é unha forma de creacionismo proevolución que cre na existencia dun creador e un propósito; e que, a diferenza do deseño intelixente, si cre na descrición científica da creación, postulando que nela Deus crea ao permitir o proceso natural de evolución biolóxica expresada na síntese evolutiva moderna. O evolucionismo teísta só difire do creacionismo evolutivo na súa teoloxía.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O evolucionismo teísta acepta a case totalidade ou incluso toda a ciencia moderna actual, e non postula que exista unha base científica para a existencia de Deus, pero si invoca a Deus para algúns feitos que se consideran fóra do ámbito das ciencias naturais, como serían a creación da alma humana e outros conceptos metafísicos. A partir deste postulado, as diferentes visións da evolución teísta varían nas crenzas sobre como e canto Deus intervén no proceso.

A propia teoría da evolución foi orixinalmente proposta por un teólogo cristián, Agostiño de Hipona (353-430), para quen Deus tería creado o universo con leis, creando sementes que se desenvolverían en especies ao longo dos tempos.

Cando Charles Darwin (anglicano agnóstico) e Alfred Wallace (teísta, espiritualista) publican en 1858 a teoría da evolución das especies por selección natural, xurdiron controversias nos medios científicos e relixiosos clamando a incompatibilidade entre a concepción abrahámica da creación coa evolución. Nesta época evanxelistas como Henry Drummond e o botánico Asa Gray defenderon a compatibilidade teolóxica e científica entre a creación e a evolución, principalmente porque a teoría de Darwin proclamaba unha orixe común do ser humano, mentres que algúns científicos como Samuel George Morton e Louis Agassiz defendían a polixénese de diferentes especies humanas (baseados no racismo, co fin de xustificar a escravitude e o colonialismo).

No século XX a presenza de crentes en Deus na investigación biolóxica foi notábel: o famoso teólogo e paleontólogo Pierre Teilhard de Chardin (1881–1955) foi un exemplo de teísta evolucionista. A síntese moderna do evolucionismo (combinando xenética molecular e selección natural) foi desenvolvida por evolucionistas que crían en Deus: Ronald Fisher (1890–1962) e Theodosius Dobzhansky (1900–1975). Recentemente, Francis Collins, director do proxecto Xenoma, publicou unha defensa do teísmo evolucionista onde propón o concepto de Bíos polo Logos, ou simplemente BioLogos (bíos, do grego βίος "vida", e lógos λόγος "palabra", "tratado"). Podemos resumilo nos seguintes puntos:

  • 1. O universo xurdiu hai aproximadamente 14 mil millóns de anos (pola imposición de leis por Deus);
  • 2. A pesar das improbabilidades incomensurábeis, as propiedades do universo parece que foron axustadas para a creación da vida;
  • 3. Aínda que o mecanismo exacto da orixe da vida na Terra sexa descoñecido, unha vez que a vida xurdiu, os procesos de evolución e de selección natural permitiron o desenvolvemento da diversidade biolóxica e da complexidade durante espazos de tempo moi amplos;
  • 4. Despois de que a evolución seguiu o seu rumbo, non foi necesaria ningunha intervención sobrenatural (aínda que algúns cren que a evolución é sutilmente acompañada e orientada por Deus, como a idea de Deus-presente-no-Universo de Spinoza);
  • 5. Os humanos forman parte deste proceso, compartindo un devanceiro común cos grandes simios;
  • 6. Por outra parte, os humanos son exclusivos en características que desafían a explicación evolucionista da lei moral (o coñecemento do certo e do errado) e a busca por Deus, que caracterizan a todas as culturas humanas" [1]

Así, en termos xerais, o ecolucionismo teísta e o creacionismo evolutivo si aceptan que os seres vivos se diferenciaron a través dun proceso de evolución natural "sen a intervención directa de Deus", ao consideraren a Deus o creador da orixe das leis da natureza, pero "sin crer que Deus actúe directamente" no desenvolvemento dos procesos naturais que proveñen delas, e que son descritos polas ciencias naturais. A partir diso, o evolucionismo teísta considera que a idea de que o neodarwinismo implica necesariamente o ateísmo e o materialismo, é realmente só unha idea errónea.

O evolucionismo teísta non trata de interferir no desenvolvemento das ciencias naturais, a diferenza do creacionismo antievolución. Debido a iso, a postura manifestada nel á aceptada sen maiores problemas entre os científicos crentes en Deus (a diferenza do que sucede co deseño intelixente). Así, ademais do rexeitamento propio dos grupos relixiosos máis fundamentalistas e partidarios do creacionismo antievolución, o evolucionismo teísta só se enfronta ás críticas non relixiosas provenientes de grupos intelectuais ateos e escépticos, onde se poden mencionar a científicos como Richard Dawkins a ao filósofo americano Daniel Dennett, que pensan que o evolucionismo teísta á tan só un "intento desesperado" final por xustificar a existencia do teísmo. Para iso, recorren á explicación dos memes.

A partir dos anos 1960 xurdiu o movemento creacionismo da Terra Nova que di, entre outras cousas, que a idade da Terra sería máis recente do que é xeoloxicamente aceptado, que os dinosauros conviviran cos mamíferos, e que o xurdimento do universo e da vida son asunto para a cosmoloxía, a física e a bioquímica, e non están intrinsecamente relacionados coa teoría da evolución das especies, pero poden ser traballados de forma xeral pola filosofía.

O evolucionismo teísta é distinto da doutrina do deseño inteliente e científicos teístas evolucionistas como Kenneth R. Miller, John Haught, Mixchael Dowd, e Francis Collins critican o deseño intelixente e o creacionismo da Terra Nova como non científicos.

  1. COLLINS, Francis S. A linguagem de Deus: um cientista apresenta evidências de que Ele existe. - trad. Giorgio Capelli - São Paulo : Editora Gente, 2007, p.206.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Miller, Kenneth R.; (1999) Finding Darwin's God: A Scientist's Search for Common Ground Between God and Evolution ISBN 0-06-093049-7 (en inglés)
  • Teilhard de Chardin, Pierre, The Phenomenon of Man (HarperCollin, San Francisco, 1959, 1980) (en inglés)

Bibliografía adicional

[editar | editar a fonte]