Eulalia Agrelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eulalia Agrelo Costas 26 de xaneiro de 1974 (50 anos) Asados, España |
Formación profesional | Doutorada en Filoloxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Ensaio |
María Eulalia Agrelo Costas, nada en Asados (Rianxo) o 26 de xaneiro de 1974, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 1998 e 2000 traballou no proxecto Informes de Literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig, colaborando tamén neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de Dicionarios de Literatura, dirixido por Anxo Tarrío, e o de Narrativa Recuperada, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, foi membro do Grupo de Investigación Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora (LIXMI). Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009), na Universidade de Santiago de Compostela e no ensino medio.[1]
Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz é a súa tese de doutoramento dirixida por Blanca-Ana Roig.[2]
É profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Departamento de Didácticas Especiais.[3] Nesta Facultade tamén é Vicedecana de Relacións Institucionais. En 2021 foi nomeada resposábel de cultura do Campus.[4]
Colaborou no Anuario de investigación en literatura infantil y juvenil, Elos: revista de literatura infantil e xuvenil, Boletín Galego de Literatura e Revista Galega do Ensino.
Obras
[editar | editar a fonte]Edición (selección)
[editar | editar a fonte]- Obra narrativa en galego, de Aurelio Ribalta, 2000, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Francisco Rodríguez Gey : palabras desde la emigración (2014). Concello de Rianxo.[5]
- Guerras mundiais na literatura infantil e xuvenil galega: roles femininos (2017). Coord. por María Eulalia Agrelo Costas. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-16954-51-3.
Obras colectivas (selección)
[editar | editar a fonte]- A aventura de oír, contar e ler, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
- Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2002, 2004, Galix/Xunta de Galicia.
- A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega, 2004, Xerais.
- Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, 2007, Centro Ramón Piñeiro.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: Wikipedia:Libro de estilo#Uso da cursiva e as aspas. Os títulos de libros van en cursiva, os títulos de artigos e capítulos entre aspas. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Capítulos de libro (selección)
- (2012). El compromiso de maestros y maestras en la constitución del sistema literario infantil y juvenil gallego. En R. Ramos & A. Fernández (eds.), Literatura Infantil y Diversidad Cultural. Vigo/Minho: ANILIJ/Universidade do Minho, pp. 15-38. ISBN 978-972-8952-21-1.
- (2012). Un berro silencioso contra a barbarie: Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz. En B. A. Roig, I. Soto & M. Neira (coords.), A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, pp. 155-168. ISBN 978-84-9914-429-0.
- (2013). Unha experiencia lectora que convida ao coñecemento e á reflexión. En M. M. Carlos & I. Mociño (coords.), Literatura para a Infância e Juventude e Educação Literária. Porto: Deriva, pp. 181-195. ISBN 978-972-9250-96-5.
- (2013). A migratory experience: memory and future in Lúa do Senegal, by Agustín Fernández Paz. En F. Aliaga (ed.), Cultura y migraciones. Enfoques multidisciplinarios y Migración. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 61-76. ISBN 978-84-15876-29-8.
- (2014). Dúas metáforas contra a invisibilidade: O meu nome é Skywalker e Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. En S. Álvarez, Mª del C. Ferreira & M. Neira (eds.), De la Literatura Infantil a la Promoción de la Lectura. Vigo: CEU Ediciones, pp. 7-18. ISBN 978-84-15949-28-2.
- (2014). Agustín Fernández Paz – A Tribute to the Memory of the Broken Dreams. En B. A. Roig & V. Ruzicka (eds.), The Representations of the Spanish Civil War in European Children’s Literatura (1975-2008). Frankfurt am Main: Peter Lang Edition, pp. 35-52. ISBN 978-3-631-62245-2
- (2014). La familia en la Literatura Infantil y Juvenil/A família na Literatura Infantil e Juvenil. En A. M. Ramos & C. Ferreira (eds.), Formación lectora. Obras imprescindíbeis. Porto: Tropelias&Companhia, pp. 237-244. ISBN 978-989-8582-36-2.
- (2017). Agustín Fernández Paz: educación literaria y conflictos sociales. En C. Franco-Vázquez & B. A. Roig (coord.), Educación literaria y artística: conflictos sociales y bélicos. Barcelona: Editorial Graó, pp. 11-34. ISBN 978-84-9980-798-0.
- (2018). Literatura, lectura, competencias e formación docente: ao redor da educación literaria no ensino primario. En M. Fernández-Vázquez (coord.), De letras e de imaxes nas aulas de primaria. A Coruña: Hércules de Ediciones, pp. 13-32. ISBN 978-84-949176-3-9.
- (2020). The Topic of Death in Galician Literature for Children and Young Adults. En V. Kenfel & J. House (eds.). Death in Children´s Literature and Cinema, and its Translation. Berlín: Peter Lang, pp. 101-138. ISBN 978-3-631-81437-6.
- (2020). Humor e terror nas múltiples lecturas dun libro pop-up. En S. Reis (org.), Clássicos da Literatura Infantojuvenil em Forma(to) de Livro-objeto. Braga: Universidade do Minho, pp. 147-162. ISBN 9789898974204.
- (2020). Nosoutras: pioneiras da literatura infantil e xuvenil galega. En E. Agrelo & C. Ferreira (coord.), Educar en femenino. María Victoria Moreno e nosoutras. A Coruña: Hércules de Ediciones, pp. 15-39. ISBN 978-84-122537-6-4.
- Agrelo, E. & I. Mociño (2020). Vellas voces en novas materialidades: libro-obxecto e celebracións populares galegas. En C. Sousa (ed.), Literatura infantil juvenil: Libro-objeto e patrimonio(s). Porto: Universidade de Évora, pp. 57-77. ISBN 978-989-8582-93-5.
- (2021). A cidade na literatura infantil e xuvenil galega. En M. X. Nogueira & E. Agrelo (eds.), Cidadanía e identidades: expresións políticas, económicas e culturais no século XXI. Cadernos CIPPCE sobre emerxencia cultural. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 21-36. ISBN 978-84-18445-41-5.
Artigos en revistas (selección)
- (2016). Experiencia lectora nun centro penal. Eduga. Revista Galega do Ensino, 72, 1-4.
- (2016). A recuperación da memoria persoal e dun tempo: Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. Boletín Galego de Literatura, 48, 15-28. http://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3329
- (2017). Valores na obra infantil de Agustín Fernández Paz. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 4, 109-127.
- (2018). Novas prácticas culturais en Portugal. Trinta por uma linha e Tropelias & Companhia. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 5, 21-30. http://dx.doi.org/10.15304/elos.5.4122.
- (2018). Achegamento á literatura infantil galega dende unha perspectiva ecocrítica. Boletín Galego de Literatura, 56, 17-33. http://dx.doi.org/10.15304/bgl.54.5941
- (2020). Feminismo y ecología en la narrativa infantil y juvenil gallega escrita por mujeres. eHumanista/IVITRA, 17, 143-160. https://doi.org/10.35869/ailij.v0i17.1422
- (2021). La poesía: educadora de emociones. Tejuelo. Didáctica de la lengua y la literatura, 33, 215-246. https://doi.org/10.17398/1988-8430.33.215
- (2022). ¿Cómo promover el activismo socioambiental? Una propuesta educativa basada en aprendizaje transformador y alfabetización mediática. HUMAN REVIEW. International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades. Monográfico Nuevos lenguajes para la ciencia, la enseñanza y la vida, 2-12, https://doi.org/10.37467/revhuman.v11.3981
- (2023). “¿Qué recomiendo leer y por qué?” Preferencias lectoras del profesorado de Educación Infantil y Primaria en formación. Investigaciones Sobre Lectura, 18(1), 27-57. https://doi.org/10.24310/isl.v18i1.15736 (2023). La dramatización: aprendizajes por competencias a través del diálogo interartístico. Pulso. Revista De educación, 46, 59-74. https://doi.org/10.58265/pulso.5638
- (2023). Literatura infantil: un camino educativo hacia la comprensión de la muerte. Didáctica. Lengua y Literatura, 35, 231-240. https://10.5209/DILL.83868[Ligazón morta]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eulalia Agrelo Costas". www.aelg.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ Costas, María Eulalia Agrelo (2015). "Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "María Eulalia Agrelo Costas Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "A profesora Eulalia Agrelo, nova responsable de cultura do campus Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-02-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eulalia Agrelo |