Estación de investigación Concordia
Aparencia
A estación de investigación Concordia é unha base científica franco-italiana situada na Antártida.
Características
[editar | editar a fonte]Nesta base estúdanse fenómenos relacionados coa Antártida, pero tamén co clima ou mesmo co espazo (como MELiSSA[1] ou experiencias sobre illamento[2] da ESA). No inverno o persoal descende a tan só 16 persoas, mais no verán antártico pode aloxar máis de oitenta investigadores.[2]
Está situada na meseta antártica, a 3233 m de altura sobre o nivel do mar.[3] Acada temperaturas de -80 °C no inverno austral, pasando meses sen ver o Sol, en condicións de illamento. Consta de dúas torres, unha, como habitáculo, e outra, para maquinaria e salas de traballo.
Establecida no 2005, é a única base europea no interior do continente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Water on land and in the air". Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o 2019-10-29.
- ↑ 2,0 2,1 "ESA - Antarctic mist". www.esa.int. Consultado o 2019-10-29.
- ↑ "The long goodbye". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-02.