Saltar ao contido

Espectro visible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O espectro electromagnético, resaltando a luz visíbel.

O Espectro visible (ou espectro óptico) é a porción do espectro electromagnético cuxa radiación pode captarse pola vista humana. Identifícase esta radiación como sendo a luz visible, ou simplemente luz. Esta faixa do espectro sitúase entre a radiación infravermella e a ultravioleta. Para cada frecuencia da luz visible asóciase unha cor.

O espectro visual varía moito dunha especie animal para a outra. Os cans e os gatos, por exemplo, non ven cores, vendo todo en negro e branco[Cómpre referencia]. Nós, os humanos vemos nunha faixa que vai do vermello ao violeta, pasando polo verde, o amarelo e o azul; outras especies como as cobras ven no infravermello, e as abellas no ultravioleta, cores para as cales somos cegos. Mesmo entre os humanos pode haber grandes variacións de percepción. Por isto, os límites do espectro óptico non están ben definidos dende un punto de vista biolóxico. Dende o punto de vista físico, en cambio, vén limitado pola lonxitude de onda da cor.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.