Espata
En botánica, a espata é unha bráctea ampla ou un par de brácteas que envolven a inflorescencia ou o eixe florífero.[1][2]
Eimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo deriva do latín spatha, e este do grego antigo σπαθή spathḗ, "hipsofilo da palmeira".[3][2]
Tipos
[editar | editar a fonte]A inflorescencia está envolvida por unha espata, a miúdo moi grande e vistosa, coloreada de vivs cores ou, ás veces, completamente branca. A espata pode ser monofila ou difila, é dicir, pode estar constituída por unha ou por dúas brácteas.[2]
A espata aparece nalgunhas monocotiledóneas con inflorescencia de tipo espádice, como nas familias das aráceas e as arecáceas (palmeiras).
Nas palmeiras a espata es a miúdo de consistencia bastante dura. Nas aráceas a espata adoita presentar unha aparencia petaloidea, facendo que toda a inflorescencia teña a aparencia dunha soa flor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ espata no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Font Quer 1982, p. 405.
- ↑ Os hipsofilos son, nas sucesións foliares dos caules, as "follas supersiores", situadas entes os monofilose os antofilos ou folls flarais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1982): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3355-804-8.