Escudo de Italia
O actual escudo de Italia, é oficial dende 1948. O deseño inicial foi realizado por Paolo Paschetto, gañador do concurso público celebrado entre 1946 e 1947 para elixir un novo escudo que substituíse ás antigas armas reais, xa que se proclamara a República Italiana dous anos antes.
Este escudo foi aprobado pola Asemblea Constituínte da República Italiana o 31 de xaneiro de 1948 e promulgado polo presidente Enrico De Nicola o 5 de maio daquel ano, mediante o decreto lexislativo número 535.
Componse dunha estrela branca de cinco puntas con bordo vermello, o Stellone d'Italia (Estrela de Italia), un símbolo tradicional de Italia. A estrela atópase sobre unha roda dentada que simboliza o traballo e o progreso. O conxunto está rodeado por unha coroa formada por unha póla de carballo, como representación da forza e dignidade do pobo italiano, e unha de oliveira en alusión á vontade de paz da nación. As dúas pólas están unidas por unha cinta vermella coa frase "REPVBBLICA ITALIANA" ("República Italiana") escrita en letras brancas.[1]
Escudos Históricos
[editar | editar a fonte]Escudo de Armas de Italia | Descrición | Data |
---|---|---|
Escudo do Reino Napoleónico de Italia Consistiu nun escudo cortado e terzado en pau, no que figuraron os escudos dalgúns territorios que quedaron integrados no Reino de Italia, establecido por Napoleón en 1805 |
1805-1814 | |
Escudo do Reino de Italia
Neste escudo figuraron as armas da Casa de Savoia: De goles, unha cruz plena de prata. Na versión máis elaborada, o escudo aparece rodeado polo colar da Orde da Anunciación, estaba timbrado coa coroa heráldica da Monarquía Italiana e levaba acoladas catro bandeiras nacionais.[Cómpre referencia] |
1848-1870 | |
Escudo do Reino de Italia
En 1870, na versión máis elaborada do escudo, introducíronse as figuras de dous leóns rampantes que portaban sendas bandeiras nacionais como soportes do brasón; as bandas das grandes cruces doutras ordes dinásticas, a Orde dos Santos Mauricio e Lázaro, a Orde Militar de Savoia e da Coroa de Italia e da cruz da Orde Civil de Savoia; dous mantos reais, o inferior rematado cun helmo adornado con lambrequíns e a coroa heráldica da Monarquía Italiana e o exterior baixo a Estrela de Italia.[2] |
1870-1890 | |
Escudo do Reino de Italia
En 1890, na versión máis elaborada do escudo, retirouse o manto interior, substituíse a Estrela de Italia pola coroa heráldica da Monarquía Italiana e no seu lugar, sobre o helmo, colocouse a Coroa Férrea. Tamén se realizaron outros cambios de menor importancia.[Cómpre referencia] |
1890-1929 | |
Escudo do Reino de Italia
En 1929, as figuras dos leóns rampantes foron substituídas por dous fasces, o máis coñecido dos símbolos empregados polo fascismo italiano.[Cómpre referencia] |
1929-1944 | |
Escudo da República Social Italiana
A República Social Italiana foi creada por Benito Mussolini no norte de Italia, controlado pola Wehrmacht alemá ó ocupar as forzas aliadas ó sur do país. Contou cun escudo no que figuraban as cores da bandeira nacional e un fasces, situado na súa parte central. Sobre o escudo aparecía representada unha aguia.[3] |
1943-1945 | |
Escudo do Reino de Italia
En 1944, recuperouse a versión adoptada en 1890, retirándose os fasces do escudo e recuperando os leóns rampantes como soportes.[Cómpre referencia] |
1944-1946 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Foggia ed uso dell'emblema dello Stato, Decreto Legislativo 5 maggio 1948, n. 535, pubblicato nella Gazzetta Ufficiale n. 122 del 28 maggio 1948 suppl. ord.
- ↑ "Deliberazione della Consulta Araldica del Regno d’Italia (4 maggio 1870)" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2010. Consultado o 14 de maio de 2010.
- ↑ Foggia della bandiera nazionale e della bandiera di combattimento delle Forze Armate, Decreto Legislativo del Duce della Repubblica Sociale Italiana e Capo del Governo, 28 gennaio 1944 XXII EF, n. 141. (GU 107 del 6 maggio 1944 XXII EF)