Escudo de Grecia
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Coat_of_arms_of_Greece.svg/200px-Coat_of_arms_of_Greece.svg.png)
O escudo de Grecia está composto por un único campo de azur cunha cruz grega de prata co que se quixo representar á Igrexa Ortodoxa Grega en 1828. É a mesma composición existente na bandeira vixente até 1978 e que actualmente figura nun recadro situado na esquina superior da Bandeira de Grecia xunto ao mastro.
O devandito escudo aparece rodeado por dúas ramas de loureiro. A súa versión actual foi aprobada o 7 de xuño de 1975 cando se eliminaron a coroa real e outros elementos asociados coa antiga monarquía grega e os seus vencellos dinásticos.
Escudos históricos[editar | editar a fonte]
-
Escudo de armas do Reino de Grecia durante a dinastía Wittelsbach (1833-1862).
-
Escudo de armas do Reino de Grecia durante a dinastía Glücksburg (1862-1974)