Saltar ao contido

Eparquía católica rutena de Mukacheve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEparquía católica rutena de Mukacheve
Imaxe

Localización
Mapa
 48°37′24″N 22°18′08″L / 48.623195, 22.30215
CapitalUzhhorod (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.251.000 (2019) Editar o valor en Wikidata (97,73 hab./km²)
Lingua usadalingua ucraína Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12.800 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación19 de setembro de 1771 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónTeodor Romzha Editar o valor en Wikidata
CatedralGreek Catholic Cathedral, Uzhhorod (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webmgce.uz.ua Editar o valor en Wikidata
O pazo eparquial Uzhhorod.

A eparquía de Mukacheve (en latín: Eparchia Munkacsiensis) é unha diocese da Igrexa católica bizantina rutena inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña 380.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 281 000 habitantes. Está actualmente dirixida polo bispo Milan Šašik.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica bizantina rutena en Ucraína. Os fieis rutenos viven na súa maioría na Rutenia subcarpática, na parte occidental do país.

A sé eparquial é a cidade de Uzhhorod, onde está a catedral da Exaltación da Santa Cruz. Mukacheve é a antiga sé eparquial. O territorio está organizado en 402 parroquias.

A eparquía foi erixida o 19 de setembro de 1771 coa bula Eximia regalium do papa Clemente XIV. Anteriormente, os fieis de rito bizantino estaban suxeitos á diocese de Eger. Inicialmente, a eparquía era sufragánea da arquidiocese de Esztergom.

O 9 de agosto de 1817 a sé eparquial foi transferida a Uzhhorod coa bula Romanos decet Pontifices do papa Pío VII.

O 23 de marzo de 1818 cedeu parte do seu territorio para erixir a eparquía de Prešov, hoxe arquieparquía metropolitana da Igrexa Católica Bizantina Eslovaca.

O 8 de xuño de 1912 cedeu a parroquia de lingua húngara para erixir a eparquía de Hajdúdorog.

O 5 de xuño de 1930 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a eparquía de Maramureş.

O 2 de setembro de 1937, coa bula Ad ecclesiastici de Pío XI, pasou a ser unha diocese inmediatamente suxeita á Santa Sé.

O 1 de novembro de 1947 o bispo Teodor Romzha foi asasinado polo NKVD. Venerado como mártir, foi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001.

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]