Elsa Artadi
Elsa Artadi i Vila, nada en Barcelona o 19 de agosto de 1976 é unha economista e política catalá, voceira de Junts per Catalunya no Parlamento de Cataluña[1] e conselleira de Presidencia do goberno da Generalitat dende maio de 2018.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio concertado Stel·la de Barcelona.[3] Licenciada e mestrada en economía pola Universidade Pompeu Fabra, Artadi recibiu o seu doutoramento na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación La Caixa.[4][5] De 2006 a 2011 foi profesora de Economía na Universidade Bocconi de Milán. De 2006 a 2011 foi profesora de Economía da Università Bocconi en Milán. Foi profesora visitante da UPF e da Barcelona Graduate School of Economics.[6]
Durante esta época tamén foi profesora na Fudan University de Shanghai[7] e membro do comité científico do Banco Mundial en Casablanca (Marrocos), consultora do Banco Mundial en Washington, D.C. e membro do comité científico da European Economic Association.[6] Durante este período colaborou en diversos informes co economista e profesor da Universidade de Columbia Xavier Sala i Martín, e foi a tradutora ó castelán da súa obra Apunts de creixement econòmic.[8]
Entrou na Generalitat no ano 2011 como asesora no Departamento de Economía do conselleiro Andreu Mas-Colell.[9] En 2012, participou na proposta de pacto fiscal de CiU e participou en diversos actos de campaña con vista ó 25 de novembro. En 2013, foi nomeada directora xeral de Tributs i Joc, onde creou a Grossa de Cap d'Any.[10][11] Este feito deulle protagonismo nos medios.[6]
En 2015, foi nomeada secretaria de Facenda do Departamento de Economía,[4][12] e en xaneiro de 2016 foi nomeada directora xeral de Coordinación Interdepartamental da Generalitat de Cataluña.[10]
No verán de 2016 afilouse ó PDeCAT[5] e en 2017 coordinou e presidiu o relatorio ideolóxico do PDeCAT,[6] formou parte do primeiro equipo directivo do partido, xestionando estudos e programas,[13] pero dimitiu por mor do réxime de incompatibilidades. Posteriormente daríase de baixa do partido.[8] Malia a aplicación do 155 en 2017, Artadi non foi cesada do cargo.[11][14] Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña do mesmo ano foi escollida deputada na lista de Junts per Catalunya,[15][16] candidatura da cal foi a directora de campaña e onde ía de número 10 na lista por Barcelona.[17]
Na XII lexislatura, é voceira parlamentaria do grupo de Junts per Catalunya. É unha das facianas máis visibles da súa coalición.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Artadi rechaza que Puigdemont pueda ser nombrado como "presidente simbólico"". El Mundo (en castelán).
- ↑ DOGC, ed. (31 de maio de 2018). "DECRET 3/2018, de 29 de maig, pel qual es nomenen el vicepresident del Govern i els consellers i conselleres dels departaments de la Generalitat de Catalunya." (en catalán). Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "19 cosas que no sabías de Elsa Artadi". El Huffington Post (en castelán). 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Vilaweb, ed. (3 de novembro de 2015). "El Govern nomena Elsa Artadi i Vila nova secretària d'Hisenda del Departament d'Economia i Coneixement". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Elsa Artadi, del campus de Harvard al Palau de la Generalitat". La Vanguardia.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Jiménez, David. "Elsa Artadi, de la Grossa a estratega de Puigdemont". Diari de Girona.
- ↑ VilaWeb.cat (ed.). "El currículum d’Elsa Artadi, la millor resposta al menyspreu d’Albiol". Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 Font Ribas, Marc (4 de febreiro de 2018). "Qui són i d'on vénen els diputats del nucli dur de Puigdemont". Sentit Crític.
- ↑ "La gurú económica de Presidència". La Vanguardia.
- ↑ 10,0 10,1 "Nuevo president, nuevo 'pinyol'". ElNacional.cat.
- ↑ 11,0 11,1 Sallés, Quico (14 de xaneiro de 2016). La Vanguardia, ed. "Elsa Artadi, la mujer clave de Presidència". Consultado o 18 de novembro de 2017.
- ↑ "Refuerzos negociadores, misiles y 'Oh happy day' en el Parlament". ElNacional.cat.
- ↑ "Qui és qui a la primera direcció del Partit Demòcrata Català". El Temps.
- ↑ "DECRET 31/2016, de 19 de gener, pel qual es nomena la senyora Elsa Artadi i Vila directora general de Coordinació Interdepartamental.". Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2017.
- ↑ "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que liderarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017. Consultado o 13 de novembro de 2017.
- ↑ El Nacional, ed. (20 de novembro de 2017). "Elsa Artadi dirigirà l'equip de campanya de Puigdemont i Eduard Pujol serà portaveu". Consultado o 20 de novembro de 2017.
- ↑ "Elsa Artadi es consolida com a relleu de Puigdemont". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elsa Artadi |