Saltar ao contido

Ella Fitzgerald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElla Fitzgerald

(1962) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ella Jane Fitzgerald Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1917 Editar o valor en Wikidata
Newport News, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaInglewood Park Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, actriz de cinema, artista discográfico, músico de jazz, líder de banda, compositora, directora de orquestra, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoJazz, Swing, música pop tradicional e Soul Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Decca Records
Verve Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalLouis Armstrong Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRay Brown (1947–1953) Editar o valor en Wikidata
FillosRay Brown, Jr., fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Fitzgerald Editar o valor en Wikidata  e Temperance Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Notable Black American Women
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webellafitzgerald.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0280228 Allocine: 36361 Rottentomatoes: celebrity/ella_fitzgerald Allmovie: p23692 TV.com: people/ella-fitzgerald IBDB: 89862
Facebook: EllaFitzgerald Youtube: UC63nGmKVdVhiZr_bWhJVGGg BNE: XX852316 Spotify: 5V0MlUE1Bft0mbLlND7FJz iTunes: 73568 Last fm: Ella+Fitzgerald Musicbrainz: 54799c0e-eb45-4eea-996d-c4d71a63c499 Songkick: 13559 Discogs: 31615 Allmusic: mn0000184502 WikiTree: Fitzgerald-2553 Find a Grave: 1328 Deezer: 3280 Genius: Ella-fitzgerald Editar o valor en Wikidata
Ella Fitzgerald fotografiada por Carl Van Vechten, 1940.

Ella Jane Fitzgerald, coñecida como Ella Fitzgerald e alcumada Lady Ella e The First Lady of Song (A primeira dama da canción), nada en Newport News (Virxinia) o 25 de abril de 1917 e finada en Beverly Hills (California) o 15 de xuño de 1996, foi unha cantante estadounidense de jazz. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe swing, blues, bossa nova, samba, gospel, calipso, cancións de Nadal, pop etc.

Canda Billie Holiday e Sarah Vaughan, está considerada como a cantante máis importante e influente da historia do jazz (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas, destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no scat, técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o bop. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de Frank Sinatra, coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os songbooks de Duke Ellington, Cole Porter, Johnny Mercer etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.

Gañou 13 Premios Grammy, e foi galardoada coa Medalla Nacional das Artes e a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu en Yonkers, Nova York, nunha situación de pobreza permanente. Seu pai, William Fitzgerald, condutor de tren, abandonou a súa nai Temperance (Tempie) Fitzgerald, lavandeira, cando Ella era moi cativa. As dúas trasladáronse a Yonkers (Nova York), xunto co mozo de Tempie, Joseph Da Silva, co que tería unha filla en 1923, Frances Fitzgerald.

En 1932, a nai de Ella faleceu tras un grave accidente de tráfico. Despois de estar con Da Silva durante un breve tempo, súa tía Virginia fíxose cargo dela. Pouco despois, Da Silva morrería dun ataque cardíaco, polo que Frances tivo que ir tamén vivir con Ella e a súa tía. Este ambiente dramático condicionou o comportamento de Ella, que tivo frecuentes problemas co absentismo escolar e incluso coa policía, o que a levou a ser internada nun reformatorio, de onde tratou de escapar varias veces, así como tamén da súa casa.

Xa de meniña gustáballe bailar e cantar nun club escolar e no coro da Bethany African Methodist Episcopal Church. Aprendeu a tocar o piano, escoitaba atentamente a radio e estudou todas as gravacións que saían de Louis Armstrong e as Boswell Sisters.

En 1932 trasladouse a Nova York para vivir cun tío, e logo na State Training School For Girls de Nova York, unha especie de hospicio. En 1934 abandonouno.

Inicio como cantante

[editar | editar a fonte]

Debutou como cantante aos 16 anos, en 1934, no Harlem Apollo Theater de Nova York, gañando o concurso Amateur Night Shows coa canción Judy, interpretada ao estilo do seu ídolo Connee Boswell. Tras unha breve colaboración coa banda de Tiny Bradshaw, Ella conseguiu entrar na orquestra de Chick Webb, convencida por un dos asistentes ás noites do Apollo, Benny Carter.

Comezou a cantar coa banda de Chick Webb en 1935, no Savoy Ballroom de Harlem. O crítico George T. Simon escribiu na revista Metronome en xaneiro de 1936: «Aquí temos á número un de 1936... Ella Fitzgerald... a xoia de 17 anos que canta no Harlem' Savoy Ballroom coa estupenda orquestra de Chick Webb, coa súa grande aptitude natural para o canto... unha das mellores... non hai razón para pensar que non chegue a ser a mellor dentro dun tempo». En 1937, a metade dos temas da banda contaban xa coa voz de Ella. Gravou unha serie de éxitos con eles, incluíndo If You Can't Sing It, You'll Have to Swing It, pero non foi até a gravación da súa versión da nana A Tisket A Tasket en 1938 cando alcanzou directamente a fama. Durante esta etapa, Fitzgerald era esencialmente unha cantante de pop e swing que daba o mellor de si nas baladas. Tiña unha fermosa voz, pero nin improvisaba nin practicaba aínda o scat. Efectuou numerosas gravacións con Louis Armstrong, Count Basie, Duke Ellington e en solitario.

Cando Chick Webb faleceu en 1939, a banda continuou a súa xira baixo o nome de, "Ella Fitzgerald and Her Famous Orchestra". Mais uns anos máis tarde, dado o esforzo que supuña dirixir a orquestra e cantar a diario, disolveu a formación.

Carreira en solitario

[editar | editar a fonte]
1960

Comezou a súa carreira en solitario en 1941, cantou con the Ink Spots, Louis Jordan e The Delta Rhythm, e en 1946 empezou a cantar con regularidade nos concertos de Norman Granz Jazz at the Philharmonic (JAP), converténdose Granz no seu representante. Produciuse un gran cambio no estilo de Ella durante este período. Estivo de xira coa banda de Dizzy Gillespie e adoptou o bebop como parte do seu estilo, e empezou a incluír fragmentos de scat nas súas interpretacións. As súas gravacións de "Lady Be Good", "How High the Moon" e "Flying Home" durante 1945-1947 fixéronse moi populares e a súa estatura como unha das primeiras voces do jazz asentouse. Durante un tempo (10 de decembro de 1947 - 28 de agosto de 1953), estivo casada co baixista Ray Brown, con quen adoptou un neno, e usaba o seu trío como acompañante. As series de duetos co pianista Ellis Larkins en 1950 e 1954 levárona a interpretar composicións de George Gershwin, como faría nun dos seus songbooks.

Tras aparecer no filme de 1955 Canción triste de Pete Kelly, Ella asinou co selo Verve de Norman Granz e durante varios anos gravaría os famosos Song Books dos grandes compositores estadounidenses de música popular: Cole Porter, os Gershwins, Rodgers & Hart, Duke Ellington, Harold Arlen, Jerome Kern e Johnny Mercer. Estes, coa excepción dos discos sobre Ellington, non foron as súas interpretacións máis jazzísticas, pois Ella apegábase á melodía e ía acompañada dunha grande orquestra de corda. En 1960 grava o seu concerto en Berlín, que se converte nun dos discos máis importante de Verve.

Fitzgerald gravou para Capitol e Reprise entre 1967 e 1970. Nos seus últimos anos, Fitzgerald volveu con Granz para formar parte da súa nova compañía, Pablo. A súa colaboración comezou cun gran concerto en 1972, o Santa Monica Civic concert, e seguiu toda a década con discos orientados plenamente ao jazz, cantando con Count Basie, Federico Parra, Oscar Peterson e Joe Pass, entre outros.

Xa cega a consecuencia da diabetes que padecía, en 1993 perdía as súas pernas, e un tempo despois falecía en Beverly Hills. Os seus restos atópanse no Cemiterio de Inglewood Park de en Inglewood, unha cidade na periferia dos Ánxeles.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Lullabies of Birdland (1945; Decca)
  • Ella, Lena and Billie (1955; Columbia)
  • Sings the Cole Porter Song Book (1956; Verve)
  • Ella and Louis [Verve] (1956; Verve)
  • Ella and Louis Together [Laserlight] (1956; Laserlight)
  • Sings the Rodgers and Hart Song Book (1956; Verve)
  • Sings the Duke Ellington Song Book (1957; Verve)
  • Ella Fitzgerald at the Opera House [live] (1957; Verve)
  • Sings the Irving Berlin Song Book (1958; Verve)
  • Ella in Rome: The Birthday Concert [live] (1958; Verve)
  • Sings the George and Ira Gershwin Song Book (1959; Verve)
  • Ella Sings Gershwin [MCA] (1959; MCA)
  • Ella in Berlin [live] (1960; Verve)
  • Sings the Harold Arlen Song Book (1960; Verve)
  • The Harold Arlen Songbook, Vol. 2 (1960; Verve)
  • Wishes You a Swinging Christmas (1960; Polydor)
  • Sings the Jerome Kern Song Book (1963; Verve)
  • On the Sunny Side of the Street (1963; Verve)
  • Sings the Johnny Mercer Song Book (1964; Polygram)
  • Ella Fitzgerald [Universal] (1965; Metro)
  • Ella at Duke's Place (1965; Verve)
  • Ella & Duke at the Cote D'azur [live] (1966; Verve)
  • Ella Fitzgerald's Christmas (1967; Capitol)
  • Newport Jazz Festival: Live at Carnegie Hall (1973; Columbia)
  • Ella in London (1974; Pablo/OJ)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]