Saltar ao contido

Elisa Loncón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElisa Loncón

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elisa del Carmen Loncon Antileo Editar o valor en Wikidata
23 de xaneiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Traiguén, Chile (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022
President of the Chilean Constitutional Convention (en) Traducir
4 de xullo de 2021 – 5 de xaneiro de 2022
← sen valor – María Elisa Quinteros → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo mapuche Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Regina
International Institute of Social Studies (en) Traducir
Universidade de Leiden - humanidades
Universidade Autónoma Metropolitana - lingüística
Pontificia Universidade Católica de Chile - ciencia da literatura Editar o valor en Wikidata
Tese académicaQ124800059 Traducir Editar o valor en Wikidata (2017 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseWillem Adelaar e Paula Miranda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora, lingüista, ensaísta, tradutora, profesor de idiomas, escritora, activista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSecretariat of Public Education (en) Traducir
Universidade de Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Membro de
Admapu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de maio de 2023International endorsement letter. Barcelona leads the way (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: elisaloncona Twitter: ElisaLoncon Instagram: elisa.loncon Youtube: UCsrVJ7ny0brGn6uBAWBRQHQ Dialnet: 911664 Editar o valor en Wikidata

Elisa del Carmen Loncón Antileo, nada o 23 de xaneiro de 1963 na comunidade de Lefweluan de Traiguén, na rexión de Araucanía, é unha lingüista e política mapuche, activista dos dereitos indíxenas. En 2021, Loncón foi elixida como unha das representantes do pobo mapuche para a Convención Constitucional. Logo da creación do órgano constituínte, Loncón foi elixida Presidenta da Convención Constitucional o 4 de xullo de 2021.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Loncón naceu en Lefweluan, unha comunidade mapuche preto de Traiguén, na rexión de Araucanía.[1] Medrou na pobreza, lembrando que a súa familia sofría inseguridade alimentaria a longo prazo. Nunha entrevista do ano 2017, Loncón declarou que o centro cerimonial mapuche local de Lefweluan foi destruído en favor dun vertedoiro e viu como os seus irmáns desenvolvían infeccións cutáneas mentres xogaban no lixo.[2]

Un dos seus bisavós loitou contra a invasión chilena de Araucanía (1861–1883) e foi aliado de José Santos Quilapán.[3] A súa familia participou na recuperación da propiedade da terra antes e durante a reforma agraria chilena (1962–1973). Por mor da súa participación na recuperación da terra, o avó materno de Elisa Loncón, Ricardo Antileo, foi encarcerado pola ditadura militar de Augusto Pinochet.

Loncón estudou inglés na Universidade de La Frontera en Temuco.[4] Ten estudos de posgrao no Instituto Internacional de Estudos Sociais da Haia e na UAM Iztapalapa de Cidade de México. É doutora pola Universidade de Leiden e doutora en literatura pola Pontificia Universidade Católica de Chile.

Loncón é profesora a tempo completo na Universidade de Santiago, centrada na investigación sobre o ensino da lingua mapuche e a súa persistencia no contexto contemporáneo.[4] Escribiu diversos libros e publicacións, principalmente sobre innovación e expansión dos recursos léxicos da lingua mapuche.[5]

Activismo político

[editar | editar a fonte]

Formou parte da organización cultural Ad Mapu e do Aukiñ Wallmapu Ngulam (AWNg ou Consello de Todas as Terras).[6] Como parte do AWNg, participou no deseño da bandeira mapuche, a Wenufoye.[7] O traballo de Loncón foi nomeado polas Nacións Unidas nun comunicado de prensa de 2017 que instaba ao goberno chileno a deixar de empregar a lei antiterrorista contra activistas mapuches.[8] Tamén fundou a Rede polos Dereitos Educativos e Lingüísticos dos Pobos Orixinarios de Chile mediante que a inclusión das linguas indíxenas no sistema de ensino de Chile cando se debatía a Lei Xeral de Educación de 2007.[9] Ademais, redactou o proxecto de Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Orixinarios que pretendía oficializar estas linguas.[10]

En 2021, foi candidata á Convención Constitucional chilena, en representación da poboación mapuche das rexións de Coquimbo, Valparaíso, Santiago, O'Higgins e Maule. Durante a campaña ademais da defensa dos dereitos do colectivo mapuche, manifestou a súa vontade de que a futura carta magna recoñece a Chile como un Estado plurinacional.[11] Foi electa, converténdose nun dos membros da Convención. O 4 de xullo de 2021, despois da inauguración da Convención, foi elixida presidenta. Logrou 96 votos na segunda volta, principalmente das coalicións de esquerda e centro esquerda ("Apruebo Dignidad", "La lista del pueblo" e parte da "Lista del Apruebo").[1]

Pouco despois de ser elixida presidenta da Convención Constitucional, Loncón declarou o seu obxectivo de debater os temos de liberación dos chamados presos da revolta e dos presos políticos do conflito mapuche.[12][13] Logo de seis meses, segundo o regulamento da Convención, o seu exercicio como presidenta chegou á fin, continuando como membro dende o 4 de xaneiro de 2022. Na súa mensaxe de despedida, Loncón apelou ao diálogo e criticou o que considerou escasa vontade de colaboración do goberno de Sebastián Piñera ao inicio das sesións da Convención.[14]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Elisa Loncón, representante del pueblo mapuche, se transforma en presidenta de la Convención Constitucional". Diario y Radio U Chile (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  2. "Elisa Loncon: “Nuestras profesoras a veces nos pegaban por ser indias” « Diario y Radio U Chile" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. "Quién es Elisa Loncon, la profesora mapuche elegida presidenta de la Convención Constituyente de Chile" (en castelán). 4 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Departament of Education - University of Santiago (ed.). "Elisa Loncon Antileo". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  5. "Elisa Loncon". Aula Intercultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  6. Loncón, Elisa. "Presentación". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  7. Palabra Pública (ed.). "Elisa Loncón: “Se habla tanto del racismo en Estados Unidos, pero no se habla del de Chile” – Palabra Pública" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  8. Noticias ONU, ed. (2017-10-06). "Expertos de la ONU piden a Chile no utilizar la Ley Antiterrorista contra los mapuche" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  9. Loncón, Elisa (xullo de 2010). "Derechos educativos y lingüísticos de los pueblos indígenas de Chile". ISEES (7): 79–94. ISSN 0718-5707. 
  10. "Elisa Loncon y la descolonización de la lengua". Pontificia Universidad Católica de Chile (en castelán). Consultado o 2022-01-04. 
  11. "Derechos lingüísticos de los pueblos indígenas y Nueva Constitución". El Mostrador (en castelán). 2020-10-19. Consultado o 2022-01-04. 
  12. Plaza, Francisca (12 de decembro de 2020). "Director de Human Rights Watch: “No hay presos políticos en Chile”". Radio Agricultura (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-03-19. 
  13. "Convención Constitucional discutirá petición de amnistía "para los prisioneros de la revuelta y del Wallmapu"" (en castelán). 4 de xullo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  14. Martínez, Catalina; P, Miguel Avilés e Carlos Reyes (2022-01-04). "El balance de Loncon y Bassa al terminar su periodo a cargo de la Convención: “Nos quedan seis meses, sigamos escuchándonos, dialogando y profundizando en la democracia”". La Tercera. Consultado o 2022-01-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]