Saltar ao contido

Eli Lilly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEli Lilly

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1838 Editar o valor en Wikidata
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1898 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Indianapolis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCrown Hill Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónDePauw University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFarmacéutico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, farmacéutico, militar, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEvelyn Bartlett (–1927) Editar o valor en Wikidata
FillosJosiah K. Lilly, Sr. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Lilly-3366 Find a Grave: 1903 Editar o valor en Wikidata

Eli Lilly, nado en Baltimore o 8 de xullo de 1838 e finado en Indianápolis o 6 de xuño de 1898 foi un militar, químico, farmacéutico, industrial e empresario estadounidense. É coñecido por ser o fundador da corporación farmacéutica Eli Lilly and Company.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alistouse no Exército da Unión durante a Guerra de Secesión e recrutou un grupo de homes para formar unha batería de artillaría. Posteriormente foi ascendido a coronel e déuselle o mando dunha unidade de cabalería. Preto do final da guerra foi capturado e permaneceu prisioneiro ata que esta rematou. Máis tarde intentou controlar unha plantación en Misisipi, pero fracasou e retomou a súa profesión de farmacéutico despois da morte da súa esposa. Volveu casar e traballou en varias farmacias antes da apertura do seu propio negocio en 1876, con proxectos para fabricar menciñas e comercializalas por xunto.

A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo conseguiu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de produtos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas cun saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeiras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e poñendo en funionamento numerosas medidas para garantir a calidade.

Filantropía

[editar | editar a fonte]

Lilly utilizou a súa riqueza para comprometerse en numerosas causas filantrópicas. En 1890 cedeu a dirección da empresa ao seu fillo para poder adicarse ás súas actividades de caridade e de progreso cívico como actividade principal. Axudou a fundar a organización que se convertería na Cámara de Comercio de Indianápolis, foi o patrocinador principal da sucursal de Indiana da Charity Organization Society e financiou persoalmente a creación do hospital para nenos da cidade, que despois foi ampliado polo estado para converterse no James Whitcomb Riley Hospital for Children. Seguiu participando activamente con moitas organizacións ata a súa morte a causa do cancro en 1898.

Foi defensor da regulación federal da industria farmacéutica e moitas das reformas que suxeriu foron promulgadas como lei en 1906, causando a creación da Food and Drug Administration (FDA). Tamén estivo entre os pioneiros do concepto de prescripción e axudou a crear o que se convertería en práctica común de dar menciñas adictivas ou perigosas só a quen primeiro consultara a un médico. A empresa que fundou converteuse dende entón nunha das corporacións farmacéuticas máis grandes e máis influentes no mundo, así como a corporación máis grande de Indiana. Co patrimonio que xerou, o seu fillo e netos crearon a fundación Lilly Endowment para continuar coa súa herdanza filantrópica. A fundación é considerada un dos benefactores máis grandes do mundo, en termos de activos e doazóns.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]