El Caracol
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Distrito de Cayo, Belize | |||
| ||||
El Caracol ou Caracol é o nome dado a un sitio arqueolóxico maia de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en Belize. Atópase a uns 40 km ó sur de Xunantunich e San Ignacio Cayo, a unha altitude de 460 m, preto dos montes Maia.[1] O antigo nome maia deste lugar puido ser Oxhuitza.
El Caracol foi ocupada dende 1200 a. C., mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia,[2] con máis de 40 monumentos datados entre 485 e 889 que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.
A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km²,[3] cunha poboación máxima estimada entre os 120 000 e os 180 000 habitantes.[4] Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de Tikal en 562.
O sitio foi descuberto en 1938. Traballos máis extensos foron levados a cabo pola Universidade da Pensilvania en 1951 e 1953. Dende 1985, decorre un proxecto de escavacións arqueolóxicas e restauración das estruturas antigas de El Caracol, baixo a dirección de arqueólogos da Universidade de Florida Central.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arlen Chase and Diane Chase, 1987 Investigations at the Classic Maya City of Caracol, Belize: 1985-1987. Pre-Columbian Art Research Institute, San Francisco.
- ↑ Diane Chase and Arlen Chase 1995 Changing Perspectives on Caracol, Belize: Long-Term Archaeological Research and the Northeast Sector Settlement Program. Paper prepared for the 1st International Symposium of Maya Archaeology, San Ignacio, Cayo, Belize. May 29 - June 2, 1995
- ↑ Arlen Chase and Diane Chase 2009 Interpreting the Maya “Collapse”: Continued Investigation of Residential Complexes in and near Caracol’s Epicenter: 2009 Field Report of the Caracol Archaeological Project. http://caracol.org/reports/2009.php Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine., consultado o 20 de novembro de 2011
- ↑ "History: Site Overview". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 7 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Caracol |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Awe, Jaime; Cassandra Bill; Mark Campbell; David Cheetham (1990). "Early Middle Formative Occupation in the Central Maya Lowlands: Recent Evidence from Cahal Pech, Belize" (PDF). Papers from the Institute of Archaeology (Londres: University College London, Institute of Archaeology) 1: 1–5. ISSN 0965-9315. OCLC 231692266. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- Beetz, Carl P.; Linton Satterthwaite (1981). The Monuments and Inscriptions of Caracol, Belize. University Museum monographs, no. 45. Philadelphia: University Museum, University of Pennsylvania. ISBN 0-934718-41-5. OCLC 60071978.