Saltar ao contido

Eduardo Frei Montalva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Frei Montalva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1982 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio xeral de Santiago Editar o valor en Wikidata
Presidente do Senado de Chile
23 de maio de 1973 – 21 de setembro de 1973
← Américo Acuña Rosas (en) TraducirGabriel Valdés Subercaseaux (en) Traducir →
Presidente de Chile
3 de novembro de 1964 – 3 de novembro de 1970
← Jorge Alessandri RodríguezSalvador Allende →
Senador de Chile
Ministro de Obras Públicas
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Católica de Chile
Instituto de Humanidades "Luis Campino" (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoConservative Party (en) Traducir (–1938)
Partido Demócrata Cristiano
Falange Nacional (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Frei Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Ruiz-Tagle Editar o valor en Wikidata
FillosCarmen Frei, Eduardo Frei Ruiz-Tagle Editar o valor en Wikidata
IrmánsIrene Frei Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX914456 WikiTree: Frei_Montalva-1 Find a Grave: 9390190 Editar o valor en Wikidata

Eduardo Nicanor Frei Montalva, nado en 1911 e finado en 1982), foi un avogado, xornalista e político, foi presidente de Chile de 1964 ata 1970. Foi sucedido por Salvador Allende, do cal foi opositor. De pai suízo e membro destacado da familia Frei, seu fillo máis vello, Eduardo Frei Ruiz-Tagle, tamén foi presidente de Chile, entre 1994 e 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas filas do dereitista Partido Conservador e graduado na Pontificia Universidade Católica de Chile, foi un dos fundadores de Falanxe Nacional, unha escisión do conservadorismo que propoñía os postulados da Doutrina Social da Igrexa e o humanismo cristián. Tras participar no gabinete ministerial do presidente radical Juan Antonio Ríos, foi electo senador da República entre 1949 e 1959 polas provincias de Atacama e Coquimbo, sendo reelecto para o período entre 1957 e 1965 pola provincia de Santiago.

En 1957, Frei participa na reforma de Falanxe Nacional que dá vida ao Partido Demócrata Cristián de Chile, o cal o proclama como o seu candidato para as eleccións presidenciais de 1958. Aínda que é derrotado por Jorge Alessandri e Salvador Allende, obtén un auspicioso 20,75% que eleva as súas posibilidades para as eleccións presidenciais de 1964, onde novamente é presentado como candidato. En ditas eleccións é apoiado implicitamente por gran parte da dereita para impedir a vitoria de Allende, obtendo un histórico 56,08% dos votos.

Foi presidente de Chile entre 1964 e 1970. No seu goberno intentou realizar a denominada Revolución en liberdade como contraparte á polarización existente en plena guerra fría. Dentro das súas principais accións estivo o inicio do proceso de chilenización do cobre, a reforma agraria, a ampliación da educación obrigatoria a 8 anos e a introdución da educación preescolar, a reforma do sistema de saúde e o establecemento de políticas sobre vivenda a través da creación do Ministerio de Vivenda e Urbanismo.

Tras a fin do seu mandato, converteuse nun dos principais opositores do goberno da Unidade Popular liderada por Allende, asumindo a Presidencia do Senado tras as eleccións parlamentarias de 1973, onde obtivo un escano novamente por Santiago, cargo que desempeñou até a disolución do Congreso tras o golpe de estado do 11 de setembro de 1973. Durante o réxime militar, e tras un inicial apoio ao golpe, volveuse nunha das principais figuras da oposición contra a ditadura de Augusto Pinochet, sendo o único permitido a realizar unha manifestación contraria á aprobación da Constitución de 1980.

En 1982, Eduardo Frei Montalva faleceu tras unha cirurxía dixestiva por unha hernia de hiato. Aínda que nun inicio oficialmente a súa morte explicouse como resultado dun shock séptico tras a operación, derivado de complicacións na mesma, durante o regreso á democracia iniciouse unha investigación xudicial, tras a cal en decembro de 2009 cualificouse como homicidio, procesándose a seis persoas como presuntos autores e partícipes de dito delito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]