ESA Vigil
A misión Lagrange é unha misión da Axencia Espacial Europea para levar dous satélites de observación solar, un deles ó punto de Lagrange L1 e outro ó L5.
Descrición
[editar | editar a fonte]Para asegurar unha capacidade efectiva de seguir eventos solares potencialmente perigosos (como tormentas xeomagnéticas, cunha probabilidade de 1,9% en 10 anos[1]), a ESA iniciou un estudo sobre dous futuros satélites meteorolóxicos espaciais.[2] O 2 de febreiro de 2018, a ESA asinou contratos tecnolóxicos (Fase A) liderados por Airbus UK e OHB SE de Alemaña para deseñar as especificacións da nave espacial e o proceso de integración dos instrumentos.[3] O Laboratorio Rutherford Appleton do Reino Unido e Mullard Space Science Laboratrix son os encargados de avaliar os requisitos da carga útil científica.
A misión propón o posicionamento de dúas naves espaciais en órbita nos puntos Lagranxianos L1 e L5, onde as forzas gravitacionais interactúan para crear unha situación estable para aforrar propelentes e para facer observacións. A L1 está entre Sol e Terra, polo tanto, as medicións na L1 proporcionan información sobre o clima espacial que chega cara á Terra. En contraste, o punto L5 proporciona un xeito de controlar as expulsións de masa coronal (CME) desde o "lado" para estimar a súa velocidade e dirección.[4]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]O obxectivo xeral para situar o satélite nese punto é ter unha plataforma de aviso temperá da temperie espacial, en particular, para poder avisar de xeito eficaz cando unha tormenta solar pode impactar cara á Terra[5], permitindo así a protección das infraestruturas críticas.[6] O sol emite un fluxo continuo de partículas atómicas cargadas electricamente, mais tamén de xeito periódico lanza miles de millóns de toneladas de material a través de campos magnéticos en "expulsións de masa coronal" a grande escala, o que pode distorsionar o campo magnético terrestre e causar graves danos tanto a estruturas no espazo como na Terra. A ESA ten estimado que un único impacto grave podería causar, só en Europa, un dano estimado en 15 000 millóns de euros. De aí o pensar en situar unha nave observación nun lugar que permita ver a evolución da superficie solar xusto antes de que esa superficie cadre en dirección á Terra, o punto L5, é dicir, seguindo á Terra na súa órbita cun desfase angular de 60º
Paricularizando, os obxectivos son:
- a nave en L1 is observará o vento solar, nas magnitudes rapidez, densidade, temperatura, medio de partículas cargadas e dirección e intensidade do campo magnético interplanetario.
- asemade, a nave en L1 fará un seguimento do disco solar e a coroa solar, e medirá a enerxía das partículas solares asociadas ós estalidos solares e o comezo das emisións de masa da coroa.
- a nave en L5 completará as medicións cunha vista lateral da propagación das nubes de plasma emitidas polo sol cara á Terra.
- asemade, a nave en L5 poderá seguir a evolución do disco e coroa solares e levar a cabo medidas no medio interplanetario
A misión forma parte do servizo da rede de temperie espacial da ESA (Space Weather Service Network).
Carga
[editar | editar a fonte]As naves deberán transportar diferentes tipos de instrumentos de teledetección (ópticos, para a observación distante, e in situ, para a observación do propio contorno da nave), que aproveitan a experiencia das misións SOHO, STEREO e Solar Orbiter.[7]
Instrumentos ópticos
[editar | editar a fonte]- Coronógrafo - para o inicio e caracterización das emisións de masa coronal (CME).
- Captador de imaxe heliosférica: sistema de imaxe de luz visible de gran angular para a detección de eventos de expulsión de masa coronal dirixidos á Terra.
- Magnetógrafo: exploraría un espectro solar seleccionado para xerar mapas 3D do campo magnético.
- Captador de imaxe EUV - ter unha imaxe da complexa coroa solar (a atmosfera do Sol) apoia o control da complexidade magnética e da actividade na coroa e a localización das rexións activas.
- Monitor de fluxo de raios X - para a detección de estalidos solares e cuantificación da súa enerxía.
Instrumentos in situ
[editar | editar a fonte]- Magnetómetro - para a edición do campo magnético interplanetario.
- Analizador de plasma- para medir os compoñentes de velocidade angular do vento solar que se achega á Terra e as estimacións da intensidade da tormenta xeomagnética.
- Monitor de radiación: a supervisión das tormentas radioactivas (evento de partículas solares) é crucial, xa que poden interromper e danar as naves espaciais, aeronaves e sistemas terrestres.
- Espectrómetro de partículas de enerxía media: pode monitorear nubes de ións de media a baixa enerxía que se achegan á Terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boletín RSEF. Número 89. Marzo 2019, p.5
- ↑ "Future lagrange mission". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-22.
- ↑ Amos, Jonathan (2018-02-02). "Design call for 'solar sentinel' mission" (en inglés). Consultado o 2019-02-22.
- ↑ esa. "Monitoring space weather". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22.
- ↑ esa. "Where no mission has gone before". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22.
- ↑ "Restless star makes for stunning storm". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-22.
- ↑ Kraft, S.; Luntama, J. P.; Puschmann, K. G. (2017-09-25). "Remote sensing optical instrumentation for enhanced space weather monitoring from the L1 and L5 Lagrange points". International Conference on Space Optics — ICSO 2016 (SPIE). ISBN 9781510616134. doi:10.1117/12.2296100.