E
Aa | Bb | Cc | Dd | Ee | |||
Ff | Gg | Hh | Ii | Ll | |||
Mm | Nn | Ññ | Oo | Pp | |||
Rr | Ss | Tt | Uu | ||||
Vv | Xx | Zz | |||||
O E é a quinta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).
Historia
[editar | editar a fonte]Pénsase que a letra hê das linguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nun xeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba /h/, e /e/ en palabras estranxeiras.
A letra fenicia hē, representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron o alfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente o e, dándolle o nome de epsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor no alfabeto etrusco e no alfabeto latino.
O seu uso na lingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia do Great Vowel Shift representa /iː/ (a partir de /eː/ como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.
Xeroglífico exipcio (veneración) |
Proto-semítico H |
Fenicio H |
Grego Epsilon |
Etrusco E |
Romano E | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Uso
[editar | editar a fonte]En galego úsase a letra e (/e/) como conxunción copulativa, proveniente do latín et. Amais, úsase a letra é (/ɛ/, con acento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.
É a letra máis frecuente na lingua galega, así como en castelán[1][2], checo[3], danés[3], neerlandés[3], inglés[4], francés[5], alemán,[6], húngaro[3] latín,[3], noruegués[3] e sueco.[3].
Representacións alternativas
[editar | editar a fonte]No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Eco. No código Morse é ·
. Na notación musical anglosaxoa representa a nota o acorde de mi.
-
Bandeiras de sinais
-
Alfabeto semáforo
-
Alfabeto Braille
Códigos
[editar | editar a fonte]En Unicode a letra e ten o código U+0065, e E é U+0045. O código ASCII para e é 101, e para E é 69. En sistema binario úsase 01000101 para e e 01100101 para E. O código EBCDIC para e é 133, e para E é 197.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de e |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ε: Epsilon
- Е: Ye (cirílico)
- Э: E (cirílico)
- e: Número e
- €: Euro
- ℮: Signo de estimación
- Números E: código que identifica os aditivos alimentarios autorizados na Unión Europea.
- Vitamina E
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fletcher Pratt, Secret and Urgent: the Story of Codes and Ciphers. Blue Ribbon Books, 1939, pp. 254-255.
- ↑ "Frequency of Occurrence of Letters in Spanish". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 11-05-2008. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Kelk, Brian. "Letter frequencies".
- ↑ Lewand, Robert. "Relative Frequencies of Letters in General English Plain text". Cryptographical Mathematics. Central College. Arquivado dende o orixinal o 08-07-2008. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ "Frequency of Occurrence of Letters in French". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 12-03-2008. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ "Frequency of Occurrence of Letters in German". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 25-06-2008.