Ducado de Atenas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Atenas | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua francesa lingua catalá lingua grega | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1205: Reino de Tesalónica causado por Cuarta cruzada | ||||
Disolución | 1458 | ||||
Sucedido por | Imperio Otomán | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | vasalo ducado | ||||
• Duque | Otão de la Roche (pt) (1205–1225) Rogério Deslaur (pt) (1311–1312) Francesco II Acciaioli (1455–1458) | ||||
O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.
O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España,[1] polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.
Institución do Ducado
[editar | editar a fonte]Tras o declive da época da Antigüidade clásica, e xa na Idade Media, a cidade de Atenas sufriu un grave proceso de deterioración, agravado a partir do século XI pola súa posición xeográfica que a afastaba da influencia latina, pero non terminaba de ser un territorio de interese para o Imperio bizantino. Esta situación provocou vagas de saqueos, os máis graves deles a mediados do século XII polos normandos.
Nesta situación, Bonifacio I de Montferrato, duque de Montferrato ocupou a cidade sen grandes esforzos en 1204,[2] e cedeuna en 1205, xunto a Tebas, a Otón de la Roche, señor de Ray, un cabaleiro da baixa nobreza borgoñoa procedente do Franco Condado e que asistira á Cuarta Cruzada.
Otón foi denominado Gran Señor de Atenas e Tebas, polo que para algúns historiadores esta é a constitución do Ducado, xa que foi coñecido como tal desde esa data, mentres que para outros o feudo constituíuse formalmente en 1260, cando o seu fillo e sucesor Guido I obtivo o título de duque do rei Lois IX de Francia, polo que o Ducado foi recoñecido oficialmente.[3] [4]
Atenas foi orixinalmente un Estado vasalo do Reino de Tesalónica pero, tras a captura deste polo bizantino Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro, o Ducado pasou a ser vasalo do Principado de Acaia ou de Morea.[5]
Baixo o goberno da familia De la Roche a cidade e o Ducado gozaron dunha gran prosperidade, sendo a cidade renovada e converténdose nun centro cortesán de primeira orde, na que a Acrópole servía de Palacio ducal.
O estado construído ao redor de Atenas converteuse no máis poderoso e pacífico dos estados latinos creados en Grecia, as súas institucións calcáronse das francesas.
Dominio aragonés
[editar | editar a fonte]O ducado foi gobernado pola familia De la Roche desde 1205 até 1308. Á morte de Guy II en 1308 o parlamento ateniense elixiu o conde de Brienne Gualterio V de Brienne como sucesor, xa que este era fillo de Isabel de La Roche, herdeira de Tebas. A súa esposa, aínda que de forma moi breve, tamén gobernou sobre a cidade de Atenas.
En 1310 o duque Gaulterio V, titular do Ducado, recorreu ás tropas almogávares da Gran Compañía Catalá para facer fronte ao rei de Tesalia, ao que venceron. Cómpre salientar que os almogávares se instalaran en Tesalia como República militar independente entre 1309 e 1310. Ao non pagaren s atenienses aos almogávares as cantidades estipuladas, estes subleváronse e venceron a De Breinnne na batalla do río Cefiso o 13 de marzo de 1311, tras a que expulsaron os francos e tomaron o control do Ducado, proclamando novo señor de Atenas e Tebas ao rei Frederico II de Sicilia, ao que serviran anteriormente.
O Ducado quedou así ligado aos reis de Sicilia, que adoitaban deixar o goberno en mans dos seus fillos menores ou dun vigairo xeral (rexente). Os almogávares substituíron o francés polo catalán como lingua oficial, e as leis francesas e as derivadas das bizantinas do Principado de Acaia polas catalás e aragonesas. Os herdeiros de Gualterio continuaron reclamando o Ducado, pero tan só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.[6]
Entre 1318 e 1319 os almogávares conquistaron Siderocastron e o sur de Tesalia e crearon o Ducado de Neopatria unido ao de Atenas.
Parte de Tesalia foi tomada en 1337 polos serbios de Stefan Uroš IV Dušan Nemanjić.
En 1379, a Compañía navarra, ao servizo do emperador latino Xaime de Baux, conquistou Tebas e parte de Neopatria, mentres que os aragoneses mantiñan a parte restante da Ática e Neopatria.
Tras a morte de Frederico III de Sicilia o Simple en 1377, o Ducado pasou a María de Sicilia e, posteriormente, a Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, ao que os habitantes e nobres da cidade recoñeceron como soberano en 1379, ano no que os aragoneses do Ducado pediron que este se incorporara de forma perpetua á Coroa de Aragón.[7]
Dominio florentino e veneciano
[editar | editar a fonte]Rainiero ou Nerio Acciajuoli, que intentaba a conquista do Ducado desde 1385, tomou a cidade e Atenas en 1388, e o Ducado de Neopatria en 1390. A partir deste momento o Ducado pertenceu á familia florentina dos Acciajuoli até a conquista otomá, cun breve paréntese entre 1395 e 1402, no que a República de Venecia controlou o Ducado. Durante este período instaláronse na cidade numerosos mercadores florentinos. A partir de 1415 pasou a ser tributario do Imperio Otomán.[Cómpre referencia]
Conquista otomá
[editar | editar a fonte]En 1444 Atenas pasou a ser tributaria de Constantino XI Paleólogo, déspota de Morea e herdeiro do trono bizantino. En 1456, tras a toma de Constantinopla polos otománs, Franco ou Francisco, último duque cristián de Atenas rendeu a Acrópole aos turcos, liderados por Omar, fillo de Turakhán. En 1458 a cidade foi visitada polo sultán Mehmed II quen, ante a beleza dos edificios de Atenas e dos molles do Pireo exclamou: «O Islam ten pendente unha débeda co fillo de Turakhán».[Cómpre referencia]
Tras a conquista otomá os postos da administración de xustiza e da recadación de impostos recaeron sobre funcionarios locais aínda que tiveron que soportar a nova carga do tributo de nenos.[Cómpre referencia]
Brevemente os venecianos estableceron un control sobre a cidade en 1687 que apenas durou uns meses, regresando de novo a mans turcas; asediárona de novo entre 1687 e 1688, asedio durante o cal os turcos usaron o Partenón como polvoreira, a consecuencia do cal foi gravemente danado.[Cómpre referencia]
Duques de Atenas
[editar | editar a fonte]Familia De la Roche
[editar | editar a fonte]- Otón de la Roche (1205-1225)
- Guido I de la Roche (1225-1263)
- Xoán I de la Roche (1263-1280)
- Guillerme I de la Roche (1280-1287)
- Guido II de la Roche (1287-1308)
Familia de Brienne
[editar | editar a fonte]O parlamento de Atenas elixiu o conde de Brienne para suceder a Guy, pero este foi deposto polos aragoneses. Os herdeiros de Brienne continuaron a reclamar o ducado, pero só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.
- Gualterio V de Brienne (1308-1311)
- Xoana de Châtillon (1311-1354)
- Gualterio VI de Brienne (1311-1356)
- Isabel de Brienne (1356-1360)
- Sohier de Enghien (1356-1367)
- Gualterio IV de Enghien (1367-1381)
- Lois de Enghien (1381-1394)
Dominio aragonés
[editar | editar a fonte]- Roger Desllor ou Deslaur (1311-1312). Cabaleiro rosellonés do contorno de Gualterio de Brienne.
- Manfredo de Sicilia e de Anjou ou Manfredo de Aragón (1312-1317). Fillo do rei Frederico II de Sicilia.
- Berenguer Estanyol (1312-1317). Vigairo de Manfredo (rexente).
- Guillerme de Sicilia e de Anjou ou Guillerme II de Aragón (1317-1338). Fillo do rei Frederico II de Sicilia.
- Afonso Frederico de Sicilia ou de Aragón (1317-1338). Señor de Negroponto, fillo bastardo de Frederico II de Sicilia.
- Xoán de Sicilia ou Xoán II de Sicilia, marqués de Randazzo (1338-1348) fillo de Frederico II de Sicilia.
- Frederico I de Atenas (1348-1355), marqués de Randazzo, fillo de Xoán II de Sicilia.
- Frederico III de Sicilia o Simple (1355-1377), primo de Frederico I de Atenas.
- Lois Frederico de Aragón, conde de Salona e vigairo de Frederico III de Sicilia (1375-1380).
- María de Sicilia, filla de Frederico III de Sicilia (1377-1381).
- Pedro IV de Aragón (1381-1388)
- Mateo de Montcada.[7]
- Roger de Lauria.[7]
- Mateo de Peralta.
- Lois Frederico de Aragón.
- Dalmau VI de Rocabertí ou Dalmau IV, vizconde de Rocabertí.
- Bernat de Cordella.
Dominio italiano (florentino e veneciano)
[editar | editar a fonte]- Nerio I Acciaioli (1388-1394).
- Antonio I Acciaioli baixo rexencia de Francisca Acciaioli (1394-1395).
- Baixo poder da República de Venecia (1395-1402).
- Antonio I Acciaioli (1402-1435).
- Nerio II Acciaioli (1435-1439).
- Antonio II Acciaioli (1439-1441).
- Nerio II Acciaioli (1441-1451).
- Bartolomeo Contarini, esposo da viúva de Nerio II, Clara Zorzi (1451-1454).
- Francesco I Acciaioli (1451-1454).
- Francesco II Acciaioli, fillo de Antonio II (1454-1460).
- Conquista otomá (1456).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Títulos del rey de España en monarquiaespanola.es
- ↑ Housley 2007, p. 2.
- ↑ Longnon 1969, p. 238.
- ↑ Wolff & Hazard 1969, p. 235.
- ↑ Mestre 1998, p. 31.
- ↑ Salach & Termes 1992, p. 422.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rubió i Lluch 1912.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ducado de Atenas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AA.VV. (1984): Crónica de la Humanidad. Barcelona: Editorial Plaza & Janes. ISBN 978-84-0160-699-1.
- Girard Jean (1988): La Roche et l'Épopée Contoise de Grèce. Besançon: L'Atelier du grand Tétras ISBN 2-9116-4802-1.
- Housley, Norman (2007): Knighthoods of Christ: essays on the history of the Crusades and the Knights Templar, presented to Malcolm Barber. Aldershot, Hampshire, UK: Ashgate Publishing Ld. ISBN 978-0-7543-5527-5.
- Longnon, Jean (1969: "The Frankish States in Greece, 1204–1311", en A History of the Crusades. Madison, Wisconsin, USA: University of Wisconsin Press. ISBN 0-2990-6670-3.
- Mestre, Jesús (1998): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-2973-521-6.
- Miller, William (1908): The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566). Nova York, NY, USA: E. P. Dutton and Company.
- Rubió i Lluch, Antoni (1912): Els Governs de Matheu de Moncada y Roger de Lluria en la Grecia catalana. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans.
- Salrach, Josep M. e Josep Termes (1992): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62. ISBN 978-84-2973-521-5.
- Wolff, R. L. e H. W. Hazard, Editors (1969): A History of the Crusades. Vol. II. The Later Crusades, 1189-1311. Madison, Wisconsin, USA: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-2990-4844-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Los Almogávares y el Ducado Catalán de Atenas (1311-1385), no blog Reyes y Dinastías (en castelán).
- El Partenón fue español en Una lupa sobre la historia, blog de José María Deira (en castelán).