Saltar ao contido

Douban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douban
豆瓣
Logo
Sede central de Douban en Beijing
TipoBase de datos, agregador de críticas, rede social
Data de fundación6 de marzo de 2005
Fundador(es)Yang Bo
SedePequín
PaísRepública Popular da China
Na rede
www.douban.com
LinkedIn: douban Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Douban.com (chinés simplificado: 豆瓣; pinyin: Dòubàn), inaugurada o 6 de marzo do 2005, é unha base de datos en liña e rede social chinesa que permite aos usuarios rexistrar información e crear contidos relacionados co cinema, os libros, a música, eventos recentes, e actividades realizadas nas cidades da China.[1][2] O seu nome procede dun hutong do distrito de Chaoyang, en Beijing, onde vivía o seu creador mentres traballaba na páxina.[3]

Nos seus comezos, Douban estaba aberta tanto a usuarios rexistrados como non rexistrados. Para aqueles, a páxina recomendaba libros, películas e música, ademais de funcionar como unha rede social ao estilo de WeChat ou Weibo. Para os non rexistrados, a páxina ofrece valoracións e recensións de obras.

A data de 2021, Douban conta con case 990 millóns de usuarios rexistrados, así como autores e críticos que empregan a web como páxina oficial.[4] A plataforma foi comparada con IMDb, Rotten Tomatoes ou Goodreads.[5][6][7]

Controversias

[editar | editar a fonte]

Douban é empregada para discutir multitude de problemas sociais, polo que é obxecto da censura do goberno chinés. Douban revisa todo o contido subido á páxina, evitando a publicación de temas polémicos.[8]

Protestas de Tian'anmen

[editar | editar a fonte]

No ano 2009, durante o 20 aniversario das protestas da praza Tian'anmen, Douban impuxo unha prohibición sobre certas palabras chave vinculadas co incidente.[9][10] Moitos usuarios trasladáronse a outras páxinas menos estritas coa censura, en sinal de protesta.[11]

Censura LGBT

[editar | editar a fonte]

No 2011, usuarios chineses do colectivo LGBT anunciaron un boicot a Douban pola censura de varios anuncios sobre un festival de cinema LGBT.[12]

  1. Chan, Hiu Man (2019-01-30). "Mary Poppins’s magic could transform the Chinese cinema scene". The Conversation (en inglés). Consultado o 2024-03-16. 
  2. "To some Chinese, The Interview is ‘the greatest film in history’ - TODAY". web.archive.org (en inglés). 2022-09-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 2024-03-16. 
  3. "豆瓣杨勃:为梦想而一直努力". m.cyzone.cn (en chinés). Consultado o 2024-03-16. 
  4. "Guide to Douban Marketing - Marketing China". marketingtochina.com (en inglés). 2021-07-20. Consultado o 2024-03-26. 
  5. "How Secret Superstar proves China is in love with Aamir Khan". www.dailyo.in (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  6. "Zhang Ziyi follows Jackie Chan, Tom Cruise in playing a character much younger than she is, but fans and critics are not impressed". Yahoo Finance (en inglés). 2021-01-16. Consultado o 2024-03-26. 
  7. Venzo, Paul; Moruzi, Kristine (2021-06-08). Sexuality in Literature for Children and Young Adults (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-000-39349-1. 
  8. "泥马战河蟹 草根斗权威" (en inglés). 2009-03-17. Consultado o 2024-03-26. 
  9. "Tech in Asia - Connecting Asia's startup ecosystem". www.techinasia.com (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  10. "China Marks Tiananmen Massacre with 'Internet Maintenance Day'". NBC News (en inglés). 2013-06-04. Consultado o 2024-03-26. 
  11. "泥马战河蟹 草根斗权威" (en inglés). 2009-03-17. Consultado o 2024-03-26. 
  12. Jiang, Jessie (2011-07-01). "Breaking News, Analysis, Politics, Blogs, News Photos, Video, Tech Reviews". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2023. Consultado o 2024-03-26.