Donkey Kong Land 2
Donkey Kong Land 2 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Rare |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Deseñador(es) | Lee Schuneman |
Compositor(es) | Grant Kirkhope |
Lanzamento | 1 de setembro de 1996[1] Xapón 23 de novembro de 1996 Europa 1997 |
Xénero | Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Game Boy |
Serie | Donkey Kong |
Na rede | |
https://www.nintendo.co.jp/n02/dmg/addj/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Donkey Kong Land 2 é un xogo da Game Boy estreado en 1996. É a secuela do xogo de 1995 Donkey Kong Land. O xogo tivo unha continuación en Donkey Kong Land III, lanzado en 1997. Este xogo foi producido por Rareware e publicado por Nintendo, e foi mellorado para Super Game Boy con diferentes tons de cor, así como un bordo de bananas nas pantallas de televisión. Donkey Kong Land 2 recibiu unha valoración de 79% en GameRankings.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Donkey Kong Land 2 foi en moitos sentidos un remake do éxito de SNES Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. Os protagonistas son Diddy Kong e Dixie Kong, que deben rescatar a Donkey Kong do Kaptain K. Rool e da súa tripulación Kremling.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Donkey Kong Land 2 ten o mesmo argumento que Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. O manual contén unha versión simplificada da versión da SNES. K. Rool secuestrou a Donkey Kong que está preso na "Crocodile Isle", e tanto Diddy coma Dixie deben salvalo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nintendo - Customer Service / Game List". Consultado o 2009-08-10.
- ↑ "Donkey Kong Land 2 review on GameRankings". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Donkey Kong Land 2en NinDBArquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine.