Don Giovanni Records
Don Giovanni Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 2004 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.dongiovannirecords.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Don Giovanni Records é un selo discográfico independente especializado orixinalmente no punk rock da escena musical de New Brunswick, Nova Jersey, aínda que no presente traballa con artistas de distintos xéneros.
A discográfica é coñecida por desenvolver as carreiras de artistas como Screaming Females, Mitski, Waxahatchee, Laura Stevenson, e Moor Mother, así como por fomentar unha comunidade xeograficamente diversa de artistas, como Mal Blum, o músico nativo americano Keith Secola, o fundador de Holy Modal Rounders Peter Stampfel, Lavender Country, Swamp Dogg, Alice Bag, e o cómico Chris Gethard.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Don Giovanni Records foi fundado por Joe Steinhardt e Zach Gajewski no ano 2004 mentres vivían en Boston.[2] Steinhardt e Gajewski iniciaron o selo mentres tocaban en bandas e estudaban na Universidade de Boston onde se coñeceron. Tras graduarse trasladáronse a New Brunswick, de onde era Steinhardt, para poder dedicarse a tempo completo á empresa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joe Steinhardt". Westphal College of Media Arts & Design (en inglés). 2022-12-22. Consultado o 2023-02-27.
- ↑ "Perfect 10: The Don Giovanni Story: Nothing Jersey Shore About It". Myspace. 2016-03-07. Archived from the original on 07 de marzo de 2016. Consultado o 2023-02-26.
- ↑ "‘If I'm able continue to release records the way I want to, I am succeeding’". The Independent Music Insider (en inglés). Consultado o 2023-02-27.