Domingo de Ramos
Aparencia
O Domingo de Ramos é unha celebración cristiá que rememora a Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén. Considérase o primeiro día da Semana Santa, período en que os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.
A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas, ramas de loureiro, oliveira ou doutra árbore ou planta semellante.
Tradicións
[editar | editar a fonte]En Galicia era tradición, que xa viña da época sueva[1], colocar ramos de loureiro, benditos o domingo de Ramos, nos balcóns ou nas portas. Tamén se colocaban na testeira do leito onde xacía un enfermo, ou mesmo nas cortes do gando. E contra dos raios tamén se botaba o loureiro bendito ao lume[2].