Doha
الدوحة (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Emirato | Qatar | ||||
Municipality of Qatar (en) | Ad-Dawhah (municipality) (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.186.023 (2020) (8.985,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 132.000.000 m² | ||||
Bañado por | Golfo Pérsico | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Creación | 1850 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | QA-DA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Tunes Marbella Nicosia Municipality (en) Brasilia Pequín Tirana Beit Sahour (en) Manama Cidade de México Amán (1995–) Tbilisi (2012–) Bixkek (2014–) | ||||
Sitio web | visitqatar.com… | ||||
Doha[1] (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. É a sede das instalacións da cadea de televisión Al Jazeera.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1850 co nome de Al-Bida'a. En 1916 cesou o protectorado británico e a cidade pasou a estar rexida polas autoridade de Qatar. En decembro de 2006, Doha acolleu os Xogos asiáticos e foi candidata para os Xogos Olímpicos de verán de 2016.
Poboación
[editar | editar a fonte]Estimábase que Doha contaba cuns 400.000 habitantes en 2005. É a cidade meirande de Qatar, e concentra un 80% da poboación residente total.
Economía
[editar | editar a fonte]Doha é o centro económico do país. Na cidade celébranse as conferencias ministeriais do Ciclo de Doha so a éxida da OMC. As industrias principais baséanse no gas, o petróleo e a pesca. O turismo é un sector económico en crecemento en Doha: no medio da baía está en construción un arquipélago artificial dedicado enteiramente ao turismo, bautizado como A Perla.
Transportes
[editar | editar a fonte]Doha posúe un aeroporto internacional, un porto, hoteis e variadas infraestruturas deportivas. No que respecta ás comunicacións terrestres a principal compañía de transporte é a sociedade Karwa, creada en 2005, que puxo en marcha liñas de autobuses e que xestiona os taxis.
Ensino
[editar | editar a fonte]Preto de Doha atópase «Education City», zona consagrada á investigación científica e á educación.
Irmandamentos
[editar | editar a fonte]- Amán, Xordania (dende 1995)
- Pequín, China (dende 2008)
- Bosaso, Somalia (dende 1994)
- Brasilia, Brasil
- Houston, Texas
- Manama, Bahrain
- Marbella, España
- Port Louis, Mauricio
- Stratford-upon-Avon, Inglaterra
- Tunes, Tunisia
- Alxer, Alxeria
- Tirana, Albania
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Doha |