Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol
Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | Arquidiocese católica latina de Oviedo diocese de Lugo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 265.415 (2019) (58,67 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá lingua galega | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.524 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de marzo de 1959 | ||||
Catedral | Catedral de Mondoñedo Concatedral de San Xiao de Ferrol | ||||
Páxina web | mondonedoferrol.org |
A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.
Territorio
[editar | editar a fonte]A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a catedral-basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a concatedral de San Xiao.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a chamada Reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.
En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.
Os límites da diocese foron modificados co decreto da Sagrada Congregación Consistorial de 1954, executado en marzo do ano seguinte. Por unha banda, Mondoñedo perdeu tódolos exclaves, isto é, todo o arciprestado de Melide, incorporado ao bispado de Lugo, e as parroquias de Buría (ou Camariñas), Miño e Xornes, incorporadas ao de Santiago; por outra, gañou cinco parroquias procedentes do bispado de Oviedo mais que pertencían á provincia de Lugo (Vilaoudriz, Conforto, Bogo, Vilaboa e Vilarmide) e seis parroquias con cinco anexas procedentes da diocese lucense (Baamonde con San Martiño de Pacios, Carral con Uriz, O Castro con Bóveda, Santalla de Pena con Donalbai, San Vicente de Pena, e Virís con San Fiz de Cerdeiras).[1][2]
O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.
ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
1950 | 320.750 | 321.400 | 99,8 | 387 | 345 | 42 | 828 | 66 | 174 | 401 | |
1970 | 348.000 | 312 | 274 | 38 | 53 | 540 | 420 | ||||
1980 | 325.900 | 327.000 | 99,7 | 319 | 294 | 25 | 1.021 | 33 | 476 | 421 | |
1990 | 340.000 | 342.000 | 99,4 | 244 | 217 | 27 | 1.393 | 35 | 406 | 424 | |
1999 | 355.000 | 360.000 | 98,6 | 227 | 209 | 18 | 1.563 | 23 | 302 | 424 | |
2000 | 357.000 | 362.000 | 98,6 | 222 | 205 | 17 | 1.608 | 22 | 287 | 424 | |
2001 | 358.000 | 364.000 | 98,4 | 223 | 209 | 14 | 1.605 | 21 | 296 | 420 | |
2002 | 360.000 | 366.000 | 98,4 | 225 | 214 | 11 | 1.600 | 19 | 225 | 424 | |
2003 | 298.073 | 301.095 | 99,0 | 200 | 183 | 17 | 1.490 | 35 | 258 | 426 | |
2004 | 286.097 | 288.998 | 99,0 | 204 | 181 | 23 | 1.402 | 29 | 303 | 426 |
Bispos da diocese
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:
Sé de Bretoña
[editar | editar a fonte]Sé de San Martiño de Mondoñedo
[editar | editar a fonte]- Sabarico I (866–877)
- Rosendo I (877–907)[3]
- Sabarico II (907–922)
- Recaredo (923)
- Rosendo de Celanova (923–942)
- Teodomiro (969?)
- Armentario (983–1011)
- Suario I (1015–1022)
- Nuno I (1025–1027)
- Adulfo (¿?)
- Aloito (1040?)
- Suario II (1058–1071)
- Gonzalo Froilaz (1071–1108)
- Pedro I (1108-1112)[4]
- Munio Afonso (1112–1136) [5]
Sé de Vilamaior
[editar | editar a fonte]Sé de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Sé de Mondoñedo
[editar | editar a fonte]- Martiño (1219–1248)
- Joán II de Sebastiáns (1248–1261)
- Nuno II Pérez (1261–1286)
- Álvaro Gómez (1286–1297)
- Rodrigo Vázquez (1298–1318)
- Gonzalo (1319–1326)
- Joán III (1327–1329)
- Álvaro Pérez de Biezma (1326–1343)
- Vasco (1343–1346)
- Afonso Sánchez (1347–1366)
- Francisco I (1367–1393)
- Lope de Mendoza (1393–1399)
- Álvaro de Isorna (1400–1415)
- Xil Soutelo (1415–1425)
- Xil Rodríguez de Muros (1429–1432)
- Pedro Henríquez (1426–1445)
- Pedro Arias Vaamonde (1446–1448)
- Alfonso de Segura (1449–1455)
- Alfonso Vázquez de Acuña (1455–1457)
- Fadrique de Guzmán (1452–1492?)
- Alonso Suárez de la Fuente del Sauce (1493–1496)
- Pedro de Munébrega (1498–1504)
- Diego de Muros (1505–1512) (tamén bispo de Oviedo)
- Diego Pérez Villamuriel (1512–1520)
- Jerónimo Suárez Maldonado (1525–1532) (tamén bispo de Badaxoz)
- Pedro Pacheco Ladrón de Guevara (1532–1537) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Antonio de Guevara Noroña, O.F.M. (1537–1545)
- Diego Soto Valera (1545–1549)
- Francisco de Santa María Benavides Velasco, O.S.H. (1550–1558), fillo dos Marqueses de Frómista (anteriormente bispo de Cartaxena de Indias, despois bispo de Segovia), morreu en 1560.
- Pedro Maldonado, O.F.M. (1559–1566)
- Gonzalo Solórzano (1567–1570) (tamén bispo de Oviedo)
- Antonio Luján Luján, O.F.M. (1570–1570)
- Juan de Yermo y Hermosa (1574–1582) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Isidoro Caja de la Jara (1582–1593)
- Gonzalo Gutiérrez Montilla (1593–1598) (tamén bispo de Oviedo)
- Diego González Samaniego (1599–1611)
- Alfonso Mesía de Tovar (1612–1616) (tamén bispo de Astorga)
- Pedro Fernández Zorrilla (1616–1618) (tamén bispo de Badaxoz)
- Rafael Díaz de Cabrera, O.SS.T. (1618–1630)
- Francisco Villafañe (1631–1633) (tamén bispo de Osma)
- Antonio Valdés Herrera (1633–1636) (tamén bispo de Oviedo)
- Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga (1638–1644)
- Juan Juániz de Echalar (1645–1647) (tamén bispo de Calahorra e La Calzada)
- Francisco Torres Grijalba, O.S.A. (1648–1662)
- Dionisio Pérez de Escobosa (1663–1668)
- Luis Tello de Olivares (1669–1671)
- Sebastián de Arévalo (1672–1682)
- Gabriel Ramírez de Arellano (1682–1689)
- Miguel Quixada (1690–1698)
- Manuel Navarrete e Ladrón de Guevara (1699–1705)
- Juan Antonio Muñoz Salcedo, O.S.H. (1705–1728)
- Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor, O.S.B. (1728–1751)
- Juan Manuel Escobar Carrera (1752–1752)
- Carlos Antonio Riomol Quiroga (1752–1761)
- José Francisco Losada Quiroga (1761–1779)
- Francisco Cuadrillero Mota (1780–1797)
- Andrés Aguiar Caamaño (1797–1815)
- Bartolomé Cienfuegos (1816–1827)
- Francisco López Borricón (1827–1839)
- Tomás Iglesias Bárcones (1850–1851) (tamén Patriarca das Indias Occidentais)
- Telmo Maceira (1852–1855) (tamén bispo de Tui)
- Ponciano Arciniega (1857–1868)
- Francisco de Sales Crespo y Bautista (1875–1877)
- José Manuel Palacios y López (1877–1885)
- José María Justo Cos Macho (1886–1889) (tamén arcebispo de Santiago de Cuba)
- Manuel Fernández de Castro Menéndez Hevia (1889–1905)
- Juan José Solís Fernández (1905–1931)
- Benjamín de Arriba y Castro (1935–1944) (tamén bispo de Oviedo)
- Fernando Quiroga Palacios (1945–1949) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Mariano Vega Mestre (1950–1957)
Sé de Mondoñedo-Ferrol
[editar | editar a fonte]- Jacinto Argaya Goicoechea (12 de setembro de 1957, nomeado – 18 de novembro de 1968, nomeado bispo de San Sebastián)
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias (2 de xullo de 1970, nomeado – 20 de maio de 1985, renuncia)
- José Gea Escolano (15 de maio de 1987, nomeado – 6 de xuño de 2005, retirado)
- Manuel Sánchez Monge (6 de xuño de 2005, nomeado – 6 de maio de 2015, nomeado bispo de Santander)
- Luis Ángel de las Heras Berzal (dende o 7 de maio de 2016[6])
- Fernando García Cadiñanos (dende o 4 de setembro de 2021)
Publicacións
[editar | editar a fonte]A diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses. O último número editado é o 35, correspondente ao ano 2022.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia". Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (en castelán).
- ↑ Cal Pardo 2007, pp. 117-118.
- ↑ Montero Santalha, José-Martinho (1989). "A diocese de Mondonhedo no tombo medieval do mosteiro de Samos". Estudios Mindonienses (5): 883–891.
- ↑ Cal Pardo 2003, p. 87.
- ↑ En varias fontes nomeado Nuno Afonso, Nuño Adefonsiades e mesmo Nuño Alfonso.
- ↑ Luis Ángel de las Heras, nuevo obispo de Mondoñedo-Ferrol
- ↑ "Dieciséis trabajos de investigación compondrán el volumen 35 del anuario «Estudios Mindonienses»". 20 xullo 2022. Consultado o 7 abril 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cal Pardo, Enrique (2003). Episcopologio mindoniense. Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán). Santiago de Compostela: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC). ISBN 84-933023-1-7.
- —————— (2007). "Breve historia de la diócesis de Mondoñedo" (PDF). Rudesindus: Miscelánea de arte e cultura (en castelán) (Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo) (1): 105–123. ISSN 2255-5811.[Ligazón morta]
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da diocese (en castelán).