Saltar ao contido

Dinastía Tang

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaDinastía Tang
唐朝 (zh-cn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalChang'an, Tang Empire (en) Traducir (618–904) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5.400.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorImperador Gaozu de Tang (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación618 Editar o valor en Wikidata
Disolución907 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porLater Liang dynasty (en) Traducir, Yang Wu (pt) Traducir e Dinastia Zhou (690–705) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor en Wikidata
Moedaancient Chinese coinage (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A Dinastía Tang (en chinés 唐朝; pinyin Táng Cháo; Chinés medio Dâng) foi unha dinastía imperial chinesa precedida pola Dinastía Sui e sucedida polo período das Cinco Dinastías e Dez Reinos, que gobernou na China entre o 18 de xuño de 618 e o 1 de xuño de 907. Foi fundada pola familia Li (李), que chegou ao poder durante a decadencia e colapso do Imperio Sui. A Dinastía foi interrompida brevemente entre o 8 de outubro de 690 e o 3 de marzo de 705 pola Segunda Dinastía Zhou, cando a emperatriz Wu Zetian se apoderou do trono, converténdose na única emperatriz reinante, gobernante por dereito propio.

Ao caer a dinastía Han, no ano 220 d. C., a China viviu un longo período de desunión, caos social, desorde política e illamento económico e cultural entre o sur e o norte. O país reunificouse no 589 coa dinastía Sui e entrou nunha etapa de prosperidade e estabilidade ata a aparición do despotismo e a burocracia durante o reinado do cruel, extravagante e licencioso gobernante Yang Di. O sinólogo Guillermo Dañino Ribatto sostén que "os chineses aceptaron sempre que o mandato do ceo podía retirarse e ser outorgado a un revolucionario"; agrega ademais que "neste caso o vencedor foi Li Shimin (597-649), quen, por piedade filial, puxo o seu pai no trono antes de asumir el mesmo a función de emperador e fundar a dinastía Tang".[1]

O territorio Tang, adquirido mediante as conquistas militares dos seus primeiros gobernantes e devastadoras guerras que provocaron a morte de millóns de persoas, foi maior que o da dinastía Han. Estimulada polo contacto coa India e Oriente Medio, o imperio viviu un auxe da creatividade en numerosos campos. O budismo, que xurdira na India na época de Confucio, continuou florecendo durante o período Tang e foi adoptado pola familia imperial, converténdose nunha parte esencial da cultura tradicional chinesa. O desenvolvemento da imprenta de bloques estendeu a difusión das obras escritas a públicos máis amplos.

O período Tang foi a idade dourada da arte e a literatura chinesa. Un sistema de goberno apoiado por unha gran clase de letrados confucianos seleccionados a través dos exames da administración foi perfeccionado durante o goberno Tang. Se ben este procedemento competitivo foi deseñado para captar os mellores talentos para o goberno, unha preocupación talvez maior para os gobernantes do período Tang, conscientes de que a dependencia imperial de poderosas familias aristocráticas e xefes militares podía provocar consecuencias desestabilizadoras, era a de crear un corpo de oficiais profesionais sen bases de poder autónomas territoriais ni funcionais.

Estes funcionarios eruditos gañaron un certo status nas súas comunidades locais, así como lazos familiares e valores compartidos que os conectaban á corte imperial.[2]

O máximo esplendor da dinastía tivo lugar durante o reinado de Li Shimin, célebre emperador no que se unían habilidade política e dotes de goberno beneficiosos para a poboación. Algo que caracteriza esta dinastía foi que a maioría dos emperadores pensaron na vida da poboación que tiñan condicións de vida realmente malas polas continuas guerras. Li Shimin foi cuestionado bastante polos historiadores pola forma na que subiu ao trono. Li Shimin asasinou o seu irmán máis vello, ao que proclamaran sucesor, e o seu irmán máis novo para obrigar o seu pai a nombralo sucesor. Isto foi moi cuestionado polos historiadores mais grazas a que reinou de forma brillante, na China recórdase como un emperador grandioso.

Esplendor do imperio Tang

[editar | editar a fonte]
O emperador Li Shimin.

Li Shimin reinou dende 626 ata a súa morte en 649. O seu reinado comezou cando quitou o trono ao seu pai pola forza despois de matar os seus irmáns. Ao comezo do seu reinado o imperio era débil e tiña que dar tributo aos xiongnu para non ser atacado por eles, mais os xiongnu non se conformaban e saqueaban cidades constantemente. Li Shimin decidiu facer reformas no exército e adaptalo para ter algunha posibilidade de derrotar os xiongnu. O exército ata ese momento estaba formado na súa maior parte por infantaría. Li Shimin sabía que os xiongnu eran hábiles arqueiros a cabalo e que a razón pola que non podían con eles era que a infantaría chinesa antes de chegar ata eles era atacada polas frechas dos xiongnu,[3] a infantaría era decimada antes de poder loitar corpo a corpo. Por iso decidiu comprar cabalos aos xiongnu, que tiñan cabalos moi rápidos e resistentes grazas a que dende que eran poldros os adestraban para a guerra. Tras comprar suficientes e de adestrar un exército de arqueiros durante uns tres anos organizou campañas contra os xiongnu que tras longas loitas nas que foron derrotados deixaron de supor unha ameaza para o imperio.

Tras derrotar os xiongnu, no imperio viviuse unha época de esplendor e poder. O imperio tiña unha próspera economía e a poboación era rica e estaba contenta co goberno, polas reformas na repartición de terras que fixo Li Shimin. Por isto moitos historiadores e a maioría dos chineses lembran a Li Shimin como un dos mellores emperadores da historia da China e non lle dan tanta importancia á forma en que subiu ao trono. Que a poesía chinesa tivese o seu máximo esplendor nesta dinastía é porque as persoas ao teren diñeiro se dedicaron a viaxar a lugares belos e que lles servían de inspiración para escribiren poemas.

Decadencia do imperio Tang

[editar | editar a fonte]

Contra mediados do século VIII, o poder Tang decaera. A inestabilidade económica interna e a subseguinte rebelión de An Lushan sinalou o comezo do declive militar para o imperio Tang. An Lushan (de nai turca e pai sogdiano), comandante de tres rexións militares favorecido pola corte, rebelouse contra o imperio (755-763) e apoderouse de Luoyang e Chang´an, iniciando coa súa revolta a decadencia definitiva do poder central e da dinastía".[4]

A derrota militar en 751 polos árabes na batalla do Talas marcou o final da autoridade Tang en Asia Central.

Por fin, o mal goberno, as intrigas da corte, a explotación económica e as rebelións populares debilitaron o imperio, permitiron ao xefe militar Zhu Wen arrebatar o trono para fundar a súa propia dinastía no ano 907. Deste modo, comezou un novo período de fragmentación na historia da China: o período das Cinco Dinastías e os Dez reinos.

Soberanos da dinastía Tang

[editar | editar a fonte]
Nomes Nomes Dados Duración do reinado Nome da era e os seus anos
Convencional: "Tang" + nome
Nota: Wu Hou (武后 Wǔ Hòu) (Emperatriz Wu) foi o seu nome póstumo
Gaozu (高祖 Gāo Zǔ) Li Yuan (李淵 Lǐ Yuān) 618-626
  • Wude (武德 Wǔ dé) 618-626
Tai Zong (太宗 Tài Zōng) Li Shimin (李世民 Lǐ Shì Mín) 626-649
  • Zhenguan (貞觀 Zhēn guān) 627-649
Gao Zong (高宗 Gāo zōng) Li Zhi (李治 Lǐ Zhì) 650-683
  • Yonghui (永徽 Yǒng huī) 650-655
  • Xianqing (顯慶 Xiǎn qìng) 656-661
  • Longshuo (龍朔 Lóng shuò) 661-663
  • Linde (麟德 Lín dé) 664-665
  • Qianfeng (乾封 Qían fēng) 666-668
  • Zongzhang (總章 Zǒng zhāng) 668-670
  • Xianheng (咸亨 Xián hēng) 670-674
  • Shangyuan (上元 Shàng yuán) 674-676
  • Yifeng (儀鳳 Yí fèng) 676-679
  • Tiaolu (調露 Tiáo lù) 679-680
  • Yonglong (永隆 Yǒng lóng) 680-681
  • Kaiyao (開耀 Kāi yào) 681-682
  • Yongchun (永淳 Yǒng chún) 682-683
  • Hongdao (弘道 Hóng dào) 683
Zhong Zong (中宗 Zhōng zōng) Li Xian (李顯 Lǐ Xiǎn) ou

Li Zhe (李哲 Lǐ Zhé)

684 ou

(705-710)

  • Sisheng (嗣聖 Sì shèng) 684
Rui Zong (睿宗 Ruì zōng) Li Dan (李旦 Lǐ Dàn) 684 o

(710-712)

  • Wenming (文明 Wén míng) 684
Dinastía Zhou 690-705
Wu Hou (武后 Wǔ hòu) Wu Zetian (武則天 Wǔ Zé Tiān) 684-705
  • Guangzhai (光宅 Guāng zhái) 684
  • Chuigong (垂拱 Chuí gǒng) 685-688
  • Yongchang (永昌 Yǒng chāng) 689
  • Zaichu (載初 Zài chū) 690
Continuación Dinastía Tang
Zhong Zong (中宗 Zhōng zōng)

Segundo Reinado

Li Xian (李顯 Lǐ Xiǎn) ou

Li Zhe (李哲 Lǐ Zhé)

684 ou

(705-710)

  • Shenlong (神龍 Shén lóng) 705-707
  • Jinglong (景龍 Jǐng lóng) 707-710
Shao Di (少帝 Shào dì) Li Chong Mao (李重茂 Lǐ Chóng Mào) 710
  • Tanglong (唐隆 Táng lóng) 710
Rui Zong (睿宗 Ruì zōng)

Segundo Reinado

Li Dan (李旦 Lǐ Dàn) 684 o

(710-712)

  • Jingyun (景雲 Jǐng yún) 710-711
  • Taiji (太極 Tài jí) 712
  • Yanhe (延和 Yán hé) 712
Xuan Zong (玄宗 Xuán zōng) Li Long Ji (李隆基 Lǐ Lóng Jī) 712-756
  • Xiantian (先天 Xiān tiān) 712-713
  • Kaiyuan (開元 Kāi yuán) 713-741
  • Tianbao (天寶 Tiān bǎo) 742-756
Su Zong (肅宗 Sù zōng) Li Heng (李亨 Lǐ Hēng) 756-762
  • Zhide (至德 Zhì dé) 756-758
  • Qianyuan (乾元 Qián yuán) 758-760
  • Shangyuan (上元 Shàng yuán) 760-761
Dai Zong (代宗 Dài zōng) Li Yu (李豫 Lǐ Yù) 762-779
  • Baoying (寶應 Bǎo yìng) 762-763
  • Guangde (廣德 Guǎng dé) 763-764
  • Yongtai (永泰 Yǒng tài) 765-766
  • Dali (大曆 Dà lì) 766-779
De Zong (德宗 Dé zōng) Li Kuo (李适 Lǐ Kuò) 780-805
  • Jianzhong (建中 Jiàn zhōng) 780-783
  • Xingyuan (興元 Xīng yuán) 784
  • Zhenyuan (貞元 Zhēn yuán) 785-805
Shun Zong (順宗 Shùn zōng) Li Song (李誦 Lǐ Sòng) 805
  • Yongzhen (永貞 Yǒng zhēn) 805
Xian Zong (憲宗 Xiàn zōng) Li Chun (李純 Lǐ Chún) 806-820
  • Yuanhe (元和 Yuán hé) 806-820
Mu Zong (穆宗 Mù zōng) Li Heng (李恆 Lǐ Héng) 821-824
  • Changqing (長慶 Cháng qìng) 821-824
Jing Zong (敬宗 Jìng zōng) Li Zhan (李湛 Lǐ Zhàn) 824-826
  • Baoli (寶曆 Bǎo lì) 824-826
Wen Zong (文宗 Wén zōng) Li Ang (李昂 Lǐ Áng) 826-840
  • Baoli (寶曆 Bǎo lì) 826
  • Dahe (大和 Dà hé) ou Taihe (Tài hé 太和) 827-835
  • Kaicheng (開成 Kāi chéng) 836-840
Wu Zong (武宗 Wǔ zōng) Li Yan (李炎 Lǐ Yán) 840-846
  • Huichang (會昌 Huì chāng) 841-846
Xuān Zong (宣宗 Xuān zōng) Li Chen (李忱 Lǐ Chén) 846-859
  • Dachong (大中 Dà chōng) 847-859
Yi Zong (懿宗 Yì zōng) Li Cui (李漼 Lǐ Cuǐ) 859-873
  • Dachong (大中 Dà chōng) 859
  • Xiantong (咸通 Xián tōng) 860-873
Xi Zong (僖宗 Xī zōng) Li Xuan (李儇 Lǐ Xuān) 873-888
  • Xiantong (咸通 Xián tōng) 873-874
  • Qianfu (乾符 Qián fú) 874-879
  • Guangming (廣明 Guǎng míng) 880-881
  • Zhonghe (中和 Zhōng hé) 881-885
  • Guangqi (光啟 Guāng qǐ) 885-888
  • Wende (文德 Wén dé) 888
Zhao Zong (昭宗 Zhāo zōng) Li Ye (李曄 Lǐ Yè) 888-904
  • Longji (龍紀 Lóng jì) 889
  • Dashun (大順 Dà shùn) 890-891
  • Jingfu (景福 Jǐng fú) 892-893
  • Qianning (乾寧 Qián níng) 894-898
  • Guanghua (光化 Guāng huà) 898-901
  • Tianfu (天復 Tiān fù) 901-904
  • Tianyou (天佑 Tiān yòu) 904
Ai di (哀帝 Aī dì) Li Zhu (李柷 Lǐ Zhù) 904-907
  • Tianyou (天佑 Tiān yòu) 904-907

Na literatura durante o reinado da Dinastía Tang destacan poetas coma Bai Juyi, Li Po, Tu Fu, He Zhizhang ou Xue Tao.

  1. Dañino, Guillermo. La Pagoda blanca. Poemas da dinastía Tang. Pontificia Universidad Católica del Perú. Fondo Editorial 1996. Pg. IX- X
  2. Dende os tempos da dinastía Tang ata os últimos días do imperio Qing en 1911, os oficiais eruditos adoitaron funcionar como intermediarios entre a poboación rural e o goberno.
  3. Nos libros chineses dise que os xiongnu podían lanzar as súas frechas a unha distancia de 300 pés, aproximadamente 91 metros
  4. Dañino, Guillermo. Op. cit. Pg. XIII-XIV

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]