Didier Pironi
(1982) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Didier Joseph Louis Pironi 26 de marzo de 1952 Villecresnes (Francia) |
Morte | 23 de agosto de 1987 (35 anos) Illa de Wight (Reino Unido) |
Causa da morte | Fortune de mer (en) incidente marítimo (pt) |
Lugar de sepultura | Q110358143 |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de carreiras |
Período de actividade | - 23 de agosto de 1987 |
Membro de | |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Didier Pironi Joseph Louis, nado en Villecresnes, Val do Marne, o 26 de marzo de 1952 e finado na Illa de Wight o 23 de agosto de 1987, foi un piloto de carreiras de Francia. Durante a súa carreira, competiu en 72 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, pilotando para Tyrrell (1978-1979), Ligier (1980) e Ferrari (1981-1982). Gañou as 24 Horas de Le Mans en 1978 pilotando un Renault Alpine A442B.
Carreira como piloto profesional (1972-1982)
[editar | editar a fonte]Pironi comezou a estudar como enxeñeiro e obtivo unha licenciatura en ciencias, pero a participación no negocio de construción da familia quedou no camiño logo da súa inscrición na escola de pilotos de Paul Ricard.
Foi premiado co patrocinio de Pilot Elf en 1972, un programa deseñado para promover os novos talentos do automobilismo francés, que anteriormente gañaran Patrick Tambay e Alain Prost na Fórmula Un. Pironi fixo o seu debut o 15 de xaneiro de 1978. Foi co equipo de Ken Tyrrell que malia ser Británico, tiña unha forte relación de traballo con Elf, que data de finais do 1960. No mesmo ano, Pironi formou parte da selección Renault na tarefa de gañar as 24 Horas de Le Mans. Compartindo o segundo coche do equipo con Jean-Pierre Jaussaud, no infrecuente teito de burbulla do A442B, gañou a carreira por catro voltas sobre o rival Porsche 936.
Dúas tempadas co equipo Tyrrell foron suficientemente prometedores para que Guy Ligier asinara con Pironi para o seu equipo francés do mesmo nome por unha tempada, 1980, unha tempada na que Pironi logrou a súa primeira vitoria, no Gran Premio de Bélxica en Zolder, así como varios podios. O rendemento de Pironi espertou o interese de Enzo Ferrari polos servizos do francés, que firmou para a tempada 1981. Ferrari recordou máis tarde, "Segundo chegou Pironi a Maranello, gañou a admiración e o afecto de todos, non só polas súas dotes como deportista, senón tamén pola súa forma de facer as cousas, era reservado, e ao mesmo tempo extravertido."[1]
En comparación co seu compañeiro Gilles Villeneuve, quen deu a benvida ao francés e tratouno como a un igual, Pironi era máis lento na cualificación, pero máis consistente nas carreiras na súa primeira tempada con Ferrari. Estableceu unha boa relación cos altos cargos do equipo, e Pironi posiblemente aproveitase esta boa relación na polémica carreira de San Marino, onde é amplamente crido que enganaron a Villeneuve para que gañara Pironi dando a impresión de que este ía manterse detrás do seu compañeiro canadense de equipo na última volta, só para adiantalo inesperadamente na forquita Tosa, malia que o equipo mandou aos dous pilotos reducir a velocidade. Villeneuve estaba furioso con Pironi e xurou que non volvería de dirixirlle a palabra. O canadense morreu na clasificación do seguinte Gran Premio de Bélxica en Zolder tratando de mellorar o tempo de volta de Pironi, e o estado de ánimo de Villeneuve considérase a miúdo unha causa que contribuíu ao seu accidente mortal.
Harvey Postlethwaite (o deseñador do 126C2) cre que o "drama" seguinte a Imola foi esaxerado pola prensa", Villeneuve estaba moi molesto porque sentía que debería serlle entregada a carreira nun prato .... Eles eran competitivos e calquera deles podería gañar ".[2]
Tamén mencionou un punto técnico de por que os dous Ferrari foron intercambiando lugares con tanta frecuencia durante a carreira de San Marino. "A presión do turbo do Ferrari 126C era moi, moi difícil de controlar. Non foi tan espectacular como parecía nese momento ".[3]
Cun coche rápido e fiable, Pironi parecía estar en camiño de ser Campión do Mundo de 1982, pero o estado mental do francés someteuse a un grande estrés debido a varios factores. A antipatía xeneralizada do mundo da F1 na súa contra a raíz da traxedia de Zolder. A rápida ruptura do seu matrimonio con Catalina Beynie as poucas semanas de casar. A morte de Riccardo Paletti no Gran Premio do Canadá de 1982, o mozo italiano estrelouse contra o Ferrari de Pironi na grella de saída. Estes tráxicos acontecementos deron lugar a que Pironi estivera de mal humor, o que foi mal interpretado no seu momento como un exceso de confianza e arrogancia.
Os membros do equipo Ferrari, observaron cambios no comportamento de Pironi durante todo ese verán. (Pironi comentou antes da Gran Premio do Reino Unido de 1982: "Sento que estou empezando a tocar o Campionato do Mundo.")[4]
Gran Premio de Alemaña de 1982
[editar | editar a fonte]Logo de gañar a pole position para o Gran Premio de Alemaña, Pironi tamén estaba ocupado probando unha nova composición de pneumáticos Goodyear de choiva (baixo a dirección de Mauro Forghieri) nunha práctica sen límite de tempo. Os pneumáticos de choiva Goodyears "new-spec" resultaron ser un grande éxito, con Pironi rebaixando ata 2´5 segundos sobre o seu novo compañeiro de equipo Patrick Tambay pilotando un Ferrari similar. (Pironi: 2 min 10´9 s, Tambay: 2 min 13´4 seg)
Os xornalistas deportivos do circuíto apresuráronse a dicir Pironi estaba pilotando "como un tolo". Na defensa de Pironi, Forghieri dixo que as diferenzas substanciais nos tempos de volta entre os dous conxuntos de Goodyears non eran ningunha sorpresa para o equipo.[5] As condicións meteorolóxicas en Hockenheim esa fin de semana eran moi incertas: alternaban rapidamente entre mollado e seco.
Baixo a choiva, un dos moitos problemas causados polos coches de F1 con "efecto solo" era que o aerosol provocado víase obrigado a saír por de debaixo dos pontóns laterais como unha fina rosada e practicamente creaba unha néboa. Isto facía que os coches de diante foran case invisible para os que corrían detrás.[6]
Cando Pironi intentou pasar ao Williams de Derek Daly, o Ferrari 126C2 estrelouse contra a invisible parte traseira do Renault de Alain Prost, o que provocou un violento accidente que garda certa similitude co sufrido por Villeneuve. Pironi sobreviviu, pero as lesións en ambas pernas significaron que nunca volvería ás carreiras na Fórmula 1. Inmediatamente despois do accidente, dixo que non sentiu dor. "Foi igual que os meus accidentes anteriores, cando eu non sufría lesións. Todo o que podía pensar era no coche, que o de reposto non funcionaba tan ben como este, e que ía ter que usalo (o reposto) para a carreira. Entón vin ás miñas pernas e pensei que talvez non correría esta carreira, despois de todo. No helicóptero, comezáronme a doer moi en serio. Pero postos a ter un accidente, foi unha sorte para min estar en Alemaña e non nun lugar máis primitivo ".[7]
Neste momento, era líder con 39 puntos no campionato, por diante de Watson (30) e Rosberg (27), pero Pironi finalmente foi relegado ao subcampionato cando Rosberg pasoulle a converteuse en Campión do Mundo con 44 puntos.
Na súa carreira na Fórmula Un Didier Pironi gañou 3 carreiras, logrou 13 podios, e anotou un total de 101 puntos. Tamén logrou 4 pole positions.
Morte
[editar | editar a fonte]En 1986, despois de ser capaz de camiñar coas dúas pernas sen axuda, parecía coma se Pironi faría a súa reaparición cando probou para o equipo francés AGS no Circuíto Paul Ricard e, posteriormente, o Ligier JS27 en Dijon-Prenois. Demostrou que aínda era o suficientemente rápido para ser competitivo, pero non o suficiente para volver á F1.
O seu seguro pagara unha chea de cartos con base ao feito de que as pernas de Pironi quedaron feridas tan gravemente que el nunca podería volver á F1. De volver, sería obrigado legalmente a devolver todo o diñeiro.[8]
Pironi decidiu no seu lugar participar nas carreiras de lanchas en mar aberto. O 23 de agosto de 1987, Pironi morreu nun accidente no Needles Trophy Race preto da Illa de Wight, que tamén se cobrou a vida dos seus dous compañeiros de tripulación, o xornalista Bernard Giroux e o seu vello amigo Jean-Claude Guenard. O seu barco, "Colibri 4", saltou sobre unha grande onda provocada por un petroleiro, facendo que o bote envorcase.
Trala morte de Pironi, a súa noiva Catalina Goux deu a luz a xemelgos. Ela chamounos Didier e Gilles, en honor a Pironi e Gilles Villeneuve, que morreu no Gran Premio de Bélxica de 1982 cinco anos antes.[9]
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1978 | Elf Team Tyrrell | Tyrrell 008 | Cosworth V8 | ARX 14 |
BRA 6 |
RSA 6 |
USW Ret |
MON 5 |
BEL 6 |
ESP 12 |
SWE Ret |
FRA 10 |
GBR Ret |
ALE 5 |
AUT Ret |
NED Ret |
ITA Ret |
USA 10 |
CAN 7 |
15th | 7 |
1979 | Team Tyrrell | Tyrrell 009 | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA 4 |
RSA Ret |
USW DSC |
ESP 6 |
10º | 14 | |||||||||||
Candy Tyrrell Team | BEL 3 |
MON Ret |
FRA Ret |
GBR 10 |
ALE 9 |
AUT 7 |
NED Ret |
ITA 10 |
CAN 5 |
USA 3 |
|||||||||||
1980 | Equipe Ligier Gitanes | Ligier JS11/15 | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA 4 |
RSA 3 |
USW 6 |
BEL 1 |
MON Ret |
FRA 2 |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT Ret |
NED Ret |
ITA 6 |
CAN 3 |
USA 3 |
5º | 32 | ||
1981 | Scuderia Ferrari | Ferrari 126CK | Ferrari V6T | USW Ret |
BRA Ret |
ARX Ret |
SMR 5 |
BEL 8 |
MON 4 |
ESP 15 |
FRA 5 |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT 9 |
NED Ret |
ITA 5 |
CAN Ret |
CPL 9 |
13º | 9 | |
1982 | Scuderia Ferrari | Ferrari 126C2 | Ferrari V6T | RSA 18 |
BRA 6 |
USW Ret |
SMR 1 |
BEL NTS |
MON 2 |
DET 3 |
CAN 9 |
NED 1 |
GBR 2 |
FRA 3 |
ALE NTS |
AUT |
SUI |
ITA |
CPL |
2º | 39 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pirelli Album of Motor Racing Heroes(1992) p. 130
- ↑ Echoes of Imola(1996) p.78
- ↑ Echoes of Imola(1996) p.77
- ↑ Grand Prix Greats: A Personal Appreciation of 25 Famous Formula 1 Drivers (1987) p. 123
- ↑ Didier: Dreams and Nightmares(2004) p.172
- ↑ Ferrari Turbos: The Grand Prix Cars, 1981-88 p.37
- ↑ Grand Prix Greats, p.124
- ↑ Didier: Dreams and Nightmares(2004) p.185
- ↑ "Great Rivalries: Didier Pironi vs. Gilles Villeneuve". Automobile Magazine. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 July 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Didier Pironi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lettre a Didier - Catherine Goux
- Didier: Dreams and Nightmares - Lorie Coffey, Jan Moller
- Didier Pironi: La flèche brisée (The Broken Arrow) - Martine Camus
- Surtees, John (1992). Pirelli Album of Motor Racing Heroes. Wisconsin, USA: Motorbooks International Publishers & Wholesalers. ISBN 0-87938-671-1.
- Tremayne, David (1996). Echoes of Imola. Croydon, England, UK: MRP Limited. ISBN 1-899870-05-9.
- Lorie Coffey, Jan Moller (2004). Didier: Dreams and Nightmares. Balsall Common, West Midlands, England, UK: Mercian Manuals Ltd. ISBN 1-903088-16-X.
- Pritchard, Anthony (1989). Ferrari Turbos: The Grand Prix Cars, 1981-1988. UK: Aston Publications. ISBN 0-946627-50-9.
- Roebuck, Nigel (1987). Grand Prix Greats: A Personal Appreciation of 25 Famous Formula 1 Drivers. UK: Patrick Stephens. ISBN 0850597927.